21 de dec. de 2016
20 de dec. de 2016
Hoxe martes...

Hoxe é o último día para recoller as invitacións para a Festa de Nadal de mañá.
Lembrade que non se darán invitacións nin se venderán entradas o día da festa.
Animádevos a participar!!!
19 de dec. de 2016
Proxecto de voluntariado
Título do proxecto: Muxelka Volunteers Theory, coordinador Asociación
Cultural Muxelka, proyecto de Servicio Voluntario Europeo financiado por
el programa Erasmus+
Este curso temos con nós a unha persoa que fai que os nosos nenos e nenas practiquen o inglés e ademais de ver outras culturas e tradicións.
Tamén os nenos e nenas lle ensinan as nosas tradicións, como a do Magosto
Proxecto enriquecedor para tod@s!
Benvida Iiulia!
16 de dec. de 2016
Cambio menú última semana
Para a próxima semana o menú vai ser modificado. Os nenos e nenas poderán desfrutar para a última semana de colexio do seguinte menú:
- Luns 19 Decembro
- 1ºPrato: Arroz con verduriñas en lugar de Lentellas con chourizo
- 2ºPrato: Pescada en salsa con patacas en lugar de Pizza de xamón e queixo
- Sobremesa: Froita (sen cambios)
- Martes 20 Decembro (sin cambios)
- Mércores 21 Decembro
- 1ºPrato: Ensalada completa en lugar de Arroz con verduriñas
- 2ºPrato: Pizza de xamón e queixo en lugar de Pescada en salsa verde con patacas
- Sobremesa: Postre navideño en lugar de Froita

Dende Jardanay deséxannos Felices Festas!!
13 de dec. de 2016
A Hora do Código UDC 2016

A Hora do Código (https://hourofcode.com/es) é unha iniciativa de code.org, unha organización pública sen ánimo de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar.
A Hora do Código UDC 2016 ten o mesmo obxectivo didáctico que o evento global: ensinar aos nenos e nenas conceptos fundamentais de programación mediante ferramentas gráficas baseadas en bloques que poden realizar unha acción concreta como mover un personaxe nunha escena ou debuxar unha forma. Pero ademais, o noso evento ten un segundo obxectivo: pretende ser un punto de reunión para todos aqueles nenos e nenas da provincia da Coruña que estean interesados na programación ou simplemente queiran coñecer este mundo. Para logralo, A Hora do Código UDC 2016 celebrarase na Facultade de Informática, e ademais de pór a disposición dos participantes os nosos computadores e aulas, todos os que acudan en persoa ao evento recibirán un diploma personalizado.
Para participar na Hora do Código UDC 2016 só tedes que seguir 2 pasos moi simples:
1- Rexistrarse no evento, seguindo as instrucións da páxina web.
2- Vir o sábado, 17 de Decembro, ás 11:30 á Facultade de Informática da UDC.
Aquí tedes toda a información que podades necesitar: http://hourofcode.fic.udc.es/#site-header
12 de dec. de 2016
Deporte no centro.
Se queredes darvos de baixa nalgunha actividade do programa de Deporte no Centro (Ximnasia rítmica, Prepatinaxe, Patinaxe e Xadrez) tedes que facelo antes do 16 de decembro
POE. 2º trimestre
Ata o 16 de decembro podedes anotarvos na actividade de POE e os que xa estades inscritos renovar para o 2º trimestre
22 de nov. de 2016
Obras CEIP Ramón de la Sagra
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
O martes 29 de novembro de 2016 ás 17 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda, convocamos unha Asamblea Extraordinaria para tratar o tema das obras no CEIP Ramón de la Sagra no Salón de Actos do colexio.
Poñemos a continuación nota remitida pola Comisión Extraordinaria de Padres CEIP Ramón de la Sagra - Obras:
Desde que el pasado 28 de Octubre se nos comunicó lo inminente del inicio de las obras de rehabilitación integral del CEIP RAMÓN DE LA SAGRA que incluye la cubierta con fibrocemento, tanto los padres como la dirección del mismo, hemos manifestado que estas obras son ciertamente necesarias pero nuestra disconformidad con el hecho de que las obras concurran con la actividad lectiva de los niños es total, pues ponen en riesgo su seguridad y salubridad.
El pasado martes, se mantuvo una reunión con representantes de los padres, de la empresa, la Consellería y la dirección del centro, sin llegar a un acuerdo en que las obras de retirada y recambio de la cubierta con fibrocemento, se haga en vacaciones. La climatología sí justificaría un retraso en los plazos de ejecución según explicaban los responsables pero garantizar la salud de los niños sin asumir ningún riesgo, no. Esta respuesta no ha convencido a los padres que piensan acudir al colegio, como primera medida, desde el día 21 al 30 con sus hijos, llevando una mascarilla en señal de protesta y han convocado una manifestación pacífica el próximo miércoles 23 a las 19h desde el CEIP Ramón de la Sagra a la Consellería de Educación con la intención de que tras reevaluar los riesgos y los beneficios, la administración pertinente, recapacite.
Lo único que se pide, es algo que apela como primera medida al sentido común, pues ejecutar una obra de esta envergadura sin Poner en riesgo la salubridad y seguridad de la comunidad escolar resulta incompatible tal y como lo ha planteado la Consellería de Educación. Por encontrarse en las proximidades de nuestro centro, entendemos que la comunidad educativa del CEIP María Pita debe estar al tanto, motivo por el cual lo ponemos en su conocimiento con la presente nota.
Atentamente,
Comisión extraordinaria de padres CEIP Ramón de la Sagra- OBRAS
13 de nov. de 2016
Esta semana...
- Xa temos candidaturas de nais e pais para que non se perda a representación de nais e pais no Consello Escolar. Grazas aos que vos presentades!!
- Esta semana podes informarte sobre o Consello Escolar, que é, a quén podes votar e como tes que facelo. Lembrade vir votar o luns próximo, día 21 de novembro de 17 a 20 horas. Participa!!

- Segundo nos comunican, as actividades que os martes se impartían no CEIP Ramón de la Sagra, a partir do martes, 15 de novembro, e ata que rematen as obras no seu colexio, levaranse a cabo no noso colexio.
- O venres temos o tradicional Magosto e toca preparar na casa c@s nos@s fill@s os castañeiros. Botádelle imaxinación e traballade todos xuntos en familia para que sexa o mellor castañeiro. Haberá premios e exposición dos mesmos. Sorte!!
9 de nov. de 2016
Participa no Consello Escolar!
Anímate e presenta a túa candidatura!!
Máis información
Consello Escolar. Creando Comunidade Educativa!!
Ver vídeo
Pasarela VECINIT@S
O sábado, día 19 de novembro ás 18 horas na Biblioteca Pública González Garcés a A.V. Elviña DOS Fases realizaran a PASARELA VECINIT@S a beneficio do BANCO DE ALIMENTOS RIAS ALTAS.
Todos os que queirades achegarvos con só achegar unha bolsa de alimentos non perecedoiros sereis ben recibidos e podreis gozar deste evento que vai xa pola súa terceira edición e cada vez con máis exito de público.
Veciños e veciñas do barrio e doutros puntos da cidade farán realidade este Pasarela Vecinit@s con comercios de roupa asi como peluquerias e salóns de estética farán que os seus peiteados e maquillaxes muetren os seus traballos neste acto solidario.
Eleccións ao Consello Escolar

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS
O próximo luns, 21 de novembro de 17 a 20 horas, realizaranse as votacións para a elección dos representantes de nais, pais e titores. Haberá que elixir dous representantes dos que se presenten. Terán dereito ao voto o pai e a nai ou o titor legal dos alumnos matriculados no colexio.
Para que isto poida ser así, precisamos candidaturas de pais e nais que se presenten para que a representación no Consello Escolar de pais e nais non quede deserta. Debemos presentar máis de dous candidaturas para que queden persoas para as posibles baixas.
Se queredes presentar a vosa candidatura, no local da ANPA temos follas de inscrición a vosa disposición.
Lembrade que o noso horario é de luns a xoves de 16:15 a 18 horas.
O último día para presentar candidaturas é o venres 11 de novembro.
Animádevos a participar!!
Contamos con todos vos!!
Pola educación dos nos@s fill@s!!
_______________________________________________________________________________________________________________________
CONSEJO ESCOLAR
ELECCIONES DE LOS REPRESENTANTES DE MADRES, PADRES Y TUTORES LEGALES
El próximo lunes, 21 de noviembre de 17 a 20 horas, se realizarán las votaciones para la elección de los representantes de madres, padres y tutores. Habrá que elegir dos representantes de los que se presenten. Tendrán derecho a voto el padre y la madre o el tutor legal de los alumnos matriculados en el colegio.
Para que esto pueda ser así, precisamos candidaturas de padres y madres que se presenten para que la representación en el Consejo Escolar de padres y madres no quede desierta. Debemos presentar más de dos candidaturas, para que queden personas suplentes para las posibles bajas que pudiese haber hasta las próximas votaciones.
Si queréis presentar vuestra candidatura, en el local de la ANPA, tenemos hojas de inscripción a vuestra disposición.
Recordad que nuestro horario es de lunes a jueves de 16:15 a 18 horas.
El último día para presentar candidaturas es el viernes 11 de noviembre.
Animaros a participar!!
Contamos con todos vosotros!!
Por la educación de nuestros hijos!!
1 de nov. de 2016
Esta semana...
Despois dunha longa ponte, voltamos con forza...
- Comeza a inscrición para o Campamento de Nadal, que se celebrará dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro. A inscrición farase vía web, na páxina de SerOcio. O horario do campamento será de 09:00 a 14:00, habendo servizo de madrugadores desde as 07:45 e servizo de comedor ata as 16:00 en caso de necesitarse. Prazas limitadas a un máximo de 70 nenos, repartidas en rigorosa orde de inscrición. Calquera dúbida ou consulta en serociotl@gmail.com ou por whatsapp no 698168538. Inscrición e cartel
- Este sábado, 5 de novembro, no Centro Cívico de Monelos haberá un encontro de Dillo ti, conversas co alcalde e o goberno municipal. Aproveitemos para facerlles chegar as nosas inquedanzas e suxestións. Animádevos a participar!!
24 de out. de 2016
Esta semana...
O mércores, 26 de outubro, as familias estamos convocadas a acompañar ao alumnado, (os nosos fillos e fillas), ao baleirado de aulas dos centros educativos galegos e do conxunto do Estado, contra as Reválidas, pola derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes na escola pública. Ver máis
Xustificación de ausencia para o alumnado de primaria e 1º e 2º da ESO. Descargar
11 de out. de 2016
Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Púbico de Galicia
CIDADE HORA
A Coruña 19.30h.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia amosa o seu rexeitamento absoluto á imposición das reválidas e reitera que non deixará de realizar actuacións conxuntas dentro dun marco global de loita pola derrogación da LOMCE e o resto de contrarreformas educativas, así como para lograr a reversión total dos recortes sufridos nos últimos anos. Animamos a toda a comunidade educativa galega a formar parte desta xornada de loita para acadar unha educación de calidade e de equidade.
Facemos un chamamento aos centros e ao profesorado para que as actividades que desenvolvan non supoñan un prexuízo para o alumnado que non asista ese día ás aulas.
10 de out. de 2016
Noite no colexio 2016
Outro ano máis organizamos unha noite no colexio.
Será a noite do 30 de outubro, con posterior campamento o día 31, que non haberá clase por ser o Día do Ensino.
Podes inscribirte dende hoxe, día 10 de outubro se eres socio
Lembra que as prazas son límitadas
Será a noite do 30 de outubro, con posterior campamento o día 31, que non haberá clase por ser o Día do Ensino.
Podes inscribirte dende hoxe, día 10 de outubro se eres socio
Lembra que as prazas son límitadas
7 de out. de 2016
Xornada divulgativa para pais e profesores sobre bo trato nas redes sociais
A Asociación Participa e a Fundación María José Jove organizan 'Bo Trato nas Redes Sociais', unha xornada formativa dirixida a pais, nais, profesores e á sociedade xeral.
Trátase dunha iniciativa de Actúa, Programa Xuvenil de Conciencia Social Positivaque, na súa VI edición e baixo o título de enREDados 2016-17, centrarase en sensibilizar, formar e xerar un comportamento responsable dos mozos nas redes sociais.
Data: 15 de outubro de 2016
Hora: de 10.00h a 14.00h
Lugar: Fundación María José Jove. R/ Galileo Galilei nº6
Xornada gratuíta.
Prazas limitadas.
Información e inscricións: www.fundacionmariajosejove.org. Tf. 981 160 265
5 de out. de 2016
Esta semana...
Bo día a tod@s!
Lembrade que este venres non haberá clase, xa que é festivo na cidade.
O luns comezaron as actividades extraescolares do curso 2016-17. Aquí tedes un pequeno resumo do comezo das actividades:
LUNS: Actividades novas como Crea e Constrúe comezaron con moita forza. Este ano conseguiuse grupo para Predeporte, tamén. Por suposto as clásicas seguen aí, agás Ritmo, que no se conseguiu formar grupo. Habería unha posibilidade, se estás interesado ven preguntarnos ;)
MARTES: Onte xa comezou Natación, Atletismo, Patinaxe, Hóckey, Francés, Judo e Listen and Speak..., pero perdemos Obradoiro de inglés, que despois de moitos anos, non se conseguiu formar grupo...
Tamén comezaba o Obradoiro de curtametraxe para os nenos e nenas de 6º Primaria, pero non houbo participantes. É unha actividade gratuíta do concello para o primeiro trimestre do curso. Se queredes vir, este xoves ás 17:10 esperámoste!
MÉRCORES: Hoxe tócalle a Robótica e Voley, como actividades novas deste curso. Esperamos que todo vaia ben!
Nesta primeira semana aínda estamos organizando as entradas e saídas das actividades e vos pedimos comprensión xa que son moitos nenos/nenas e poucos os que vimos axudar...
Xa tedes o menú de comedor no apartado correspondente. Ver menú
Lembrade que este venres non haberá clase, xa que é festivo na cidade.
O luns comezaron as actividades extraescolares do curso 2016-17. Aquí tedes un pequeno resumo do comezo das actividades:
LUNS: Actividades novas como Crea e Constrúe comezaron con moita forza. Este ano conseguiuse grupo para Predeporte, tamén. Por suposto as clásicas seguen aí, agás Ritmo, que no se conseguiu formar grupo. Habería unha posibilidade, se estás interesado ven preguntarnos ;)
MARTES: Onte xa comezou Natación, Atletismo, Patinaxe, Hóckey, Francés, Judo e Listen and Speak..., pero perdemos Obradoiro de inglés, que despois de moitos anos, non se conseguiu formar grupo...
Tamén comezaba o Obradoiro de curtametraxe para os nenos e nenas de 6º Primaria, pero non houbo participantes. É unha actividade gratuíta do concello para o primeiro trimestre do curso. Se queredes vir, este xoves ás 17:10 esperámoste!
Nesta primeira semana aínda estamos organizando as entradas e saídas das actividades e vos pedimos comprensión xa que son moitos nenos/nenas e poucos os que vimos axudar...
Xa tedes o menú de comedor no apartado correspondente. Ver menú
28 de set. de 2016
Estado das actividades
Ao final non se puido formar grupo de Ritmo, os luns e mércores ás 17 horas.
Con respecto a POE, só temos grupo o venres, pero só para Ed. Infantil e 1º e 2º Ed. Primaria.
Mañá finaliza o prazo para as outras actividades, e hai algunhas que aínda non teñen grupo:
- Esgrima
- Jumping Clay
- Manualidades
- Obradoiro de inglés
- Ballet
- Chinés
Das actividades das 18 horas, aínda non hai grupo, pero esperaremos a este mes de outubro para decidir.
Veña, vinde a inscribiros, aínda estades a tempo!!!
Estamos de 16.15 ata ás 18 horasO venres non abrimos.
Lembrade que o luns é o primeiro día de actividades
22 de set. de 2016
Estado das actividades do Concello
- A día de hoxe o grupo de Rítmo (Ed. Infantil) dos luns e mércores ás 17 horas, non ten o número de nenos/as necesario para formar grupo...Lembrade que esta actividade é do Concello a través da Federación de ANPAs e ten un prezo moi axustado, 33€/ano. Ademais este ano para o alumnado becado de comedor é gratuíta.
- O mesmo pasa con POE (Ed. Infantil e de 1º a 4º Ed. Primaria) de 16 a 17 horas. Ningún dos días chegamos ao número necesario de participantes...Está actividade tamén é do Concello a través da Federación de ANPAs e tamén ten un bo prezo, os 5 días, 30€/trim.; 4 días, 25€/trim.; 3 días, 20€/trim.; 2 días, 15€/trim.; 1 día, 10€/trim.. E tamén é gratuíta para o alumno con beca de comedor.
Animádevos!!!
Hoxe aínda vos podedes anotar. Estamos de 16:15 a 18 horas.
Mañán non abrimos.
19 de set. de 2016
Esta semana...
- Hoxe finaliza o prazo para a inscrición nas actividades do Concello a través da Federación de ANPAs
- A partir de hoxe os nenos e nenas do CEIP Ramón de la Sagra, pode anotarse nas actividades que se realizan no noso colexio, e tamén os nosos nenos e nenas poden anotarse nas actividades que se desenvolven no CEIP Ramón de la Sagra. A única condición é ser socios da ANPA do seu colexio e pagar o seguro correspondente. Haberá servizo de recollida para facer o traslado dun colexio ao outro
- Hoxe tamén hai reunións cos titores para os seguintes cursos:
- 1º Primaria, ás 16 horas
- 3º Primaria, ás 17 horas
- 5º Primaria, ás 18 horas
16 de set. de 2016
Actividades gratuitas para o alumnado becado de comedor
Hoxe infórmanmos,
dende a Federación de ANPAs, de que se amplía a gratuidade para o alumnado
becado de comedor ás actividades de Deporte no Centro. Lembrade que xa eran gratuítas
POE e Cóxegas.
15 de set. de 2016
Actividades xa pechadas, pero con lista de espera
Onte comezaron as inscricións e xa temos algunhas actividades que xa non teñen prazas libres e outras ainda non se formou grupo. Hoxe seguiremos facendo inscricións e o venres tamén.
A situación é a seguinte:
A situación é a seguinte:
- Actividades do concello a través da Federación de ANPAs:
- Deporte no Centro. Xa temos formado grupo de Xadrez, Ximnasia rítmica (E.P.) e tamén de Prepatinaxe (E.I. e 1º, 2º E.P.), que ademais xa se atopa en lista de espera. Lembrade que estas actividades de Deporte, páganse no momento de facer a inscrición
- POE. Temos poucas solicitudes... Aínda non sabemos se se formará grupo algún día Esta actividade non se abonará ata ver se conseguimos grupo
- Natación. Aínda quedan prazas. Lembrade que é para 3º e 4º E.P.
- Outras actividades:
- Actividades pechadas na súa inscrición, e con lista de espera activa:
- Róbótica (4º a 6º E.P.), mércores ás 16 horas
- Informática (3º a 6º E.P.), martes e xoves ás 16 horas
- Crea & Construye, luns e mércores ás 16 horas
- Cociña Creativa, luns ás 16 horas
- De todas as demais aínda tedes prazas
13 de set. de 2016
Reunión actividades
Lembrade que hoxe ás 17:00 horas temos a reunión das actividades do curso 2016-17. Será no salón de actos do colexio e contarase con servizo de canguros.
Tedes información sobre as nosas actividades e as do CEIP Ramón de la Sagra no apartado de actividades do blog. Ver
Tedes información sobre as nosas actividades e as do CEIP Ramón de la Sagra no apartado de actividades do blog. Ver
11 de set. de 2016
Comezamos!!!
Mañá comezamos!!!
Comeza o servizo de madrugadores, as clases e tamén o servizo de comedor
Que nervios!!!
Queremos darvos a benvida a tod@s!!!
Temos novidades:
Desexamos que tod@s teñades un bo comezo!!!
Comeza o servizo de madrugadores, as clases e tamén o servizo de comedor
Que nervios!!!
Queremos darvos a benvida a tod@s!!!
Temos novidades:
- No apartado de menú comedor o menú do mes de setembro Ver
- No apartado de Actividades xa tedes o horario PROVISIONAL de actividades para este curso 2016-17 Ver
- A reunión para informar das actividades terá lugar este martes 13 de setembro ás 17 horas no Salón de actos do colexio
- A partir do mércores comezaremos a recoller as inscricións nas distintas actividades. Consultade os prazos no apartado de actividades do blog.
Desexamos que tod@s teñades un bo comezo!!!
7 de set. de 2016
Listados do alumnado
LISTADOS DO ALUMNADO PARA O CURSO 2106/2017
Na web do colexio:
Por motivos de novas escolarizacións e baixas non se publicarán as listas. Serán expostas o 1º día de clase no patio de entrada dos alumnos.Disculpen as molestias. Grazas.
Ver web

Por motivos de novas escolarizacións e baixas non se publicarán as listas. Serán expostas o 1º día de clase no patio de entrada dos alumnos.Disculpen as molestias. Grazas.
Ver web
Libros 3º Primaria
IMPORTANTE:
Hay novos libros de 3º de E. Primaria por estar descatalogados os que estaban no listado de libros de xuño.
Os novos libros son:
- Sociais 3º. Ed: Vicens Vives. ISBN: 978-84-682-3789-3
- 3º EP Ciencias da Natureza integrado CELME – 14. ISBN: 9788498544275
- Inglés: Big Surprise 3º class book ISBN: 9780194516389
5 de set. de 2016
Novidades da semana
Esta semana:
- TRANSPORTE ESCOLAR O prazo de reclamación a estas listas provisionais será ata o día 7 de setembro inclusive na Secretaría do Centro en horario de 10 a 12.O día 8 de setembro publicaránse as listas definitivas. Ver listas provisionais
- RECOLLIDA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS DO ALUMNADO QUE CURSOU 6º DE PRIMARIA NO CURSO 2015-16 Poderán recollelos na conserxaría do colexio a partir do luns, día 5 de setembro os pais/nais/titores/as legais do alumnado; e no caso de non poder facelo, autorizarán a outra persoa por escrito.
- ENTREGA DE CHEQUES DE MATERIAL ESCOLAR DE 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Os días 6 e 7 de setembro, de 10 a 12
- RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO Os libros de texto recolleránse o día 8 de setembro de 12 a 13 horas nas seguintes aulas do 2º andar. (Se algunha familia non puidese recollelos nese horario. O primeiro día de clase, entregaránse ao alumno/a xunto co xustificante da entrega, que deberán devolver asinada ao titor/a para poder fotocopiala e devolverlles posteriormente o orixinal) :
- Libros de 3º de Primaria: aula 21
- Libros de 4º de Primaria: aula 30
- Libros de 5º de Primaria: aula 25.
- Libros de 6º de Primaria: aula 22
- DATAS PARA REUNIÓNS DOS TITORES/AS CON PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
- Día 5 de setembro: - 4ºE.I.- (3 anos) – 12:00 h
- Día 8 de setembro: - 5º E.I.- 4 anos –- (12:30h.); 6º E.I.- 5 anos – (12:30h.)
30 de ago. de 2016
Voltamos!!!

O xoves día 1 de setembro, voltamos!!!
Este será o noso horario nos días previos ao comezo do curso:
- Xoves, 1 de setembro, de 10 a 12 horas
- Venres, 2 de setembro, de 10 a 12 horas
- Luns, 5 de setembro, de 10 a 12 horas
- Martes, 6 de setembro, de 10 a 12 horas e de 17 a 19 horas
- Mércores, 7 de setembro, de 10 a 12 hora e de 17 a 19 horas
BANCO DE LIBROS: Ainda temos libros de 3º e 5º de Primaria no Banco de Libros. Se alguén os necesita pode solicitalos nos horarios indicados.
BANCO DE UNIFORMES: O día 6 e 7 de setembro, en horario de tarde, teremos o banco de uniformes activo para que veñades ver se algo os pode servir. Temos mandilóns, zapatillas para música, saias, pantalóns, xerseis e polos. Tamén queda algún chandal.
O último día para solicitar o servizo de comedor para o mes de setembro é o mércores 7 de setembro.
O local da ANPA permanecerá pechado o xoves 8 e venres 9 de setembro.As clases comezan o luns día 12 de setembro e ese día tamén teremos servizo de madrugadores e de comedor. Nós tamén comezaremos co noso horario habitual, de 16:15 a 18:00 horas.
A reunión de actividades será o martes 13 de setembro, ás 17:00 horas no salón de actos do colexio.
2 de ago. de 2016
Reválidas na ESO e Bacharelato
Como sabedes, o pasado venres o goberno en
funcións aprobou a implantación das reválidas na ESO e Bacharelato. Enviamos
comunicado da Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público relacionado co
tema, e decirvos que é o resultado das entrevistas e conversas que mantivemos con
todos os sectores da Comunidade Educativa.
Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial
ANPAS
Ver comunicado
28 de xul. de 2016
Festa Campamento Verán 2016
A empresa SerOcio, que como sabedes é a empresa que se encarga dos campamentos e de moitas das nosas actividades, quere convidarvos á FESTA que terá lugar nas instalacións do colexio o venres 29 de Xullo en horario de 16:00 a 19:30.
A entrada é GRATUITA para todos os nenos que asistiron unha ou máis semanas aos nosos campamentos e terá dereito a levar DOUS AMIGOS GRATIS Á FESTA
Todos OS USUARIOS dalgunha das ACTIVIDADES DA EMPRESA (Tenis, Baloncesto, Fútbol, Música e Movemento, Cociña Creativa, Manualidades, Multideporte, Informática e Atletismo) poderán entrar de forma GRATUÍTA á festa.
Tamén se poderán mercar entradas a 5€ o mesmo día, ata completar o aforo.
Haberá tirolina, inchables, rocodromo, festa da escuma e unha chea de sorpresas!
Anímate a vir pasar unha tarde divertida!
Ver máis
A entrada é GRATUITA para todos os nenos que asistiron unha ou máis semanas aos nosos campamentos e terá dereito a levar DOUS AMIGOS GRATIS Á FESTA
Todos OS USUARIOS dalgunha das ACTIVIDADES DA EMPRESA (Tenis, Baloncesto, Fútbol, Música e Movemento, Cociña Creativa, Manualidades, Multideporte, Informática e Atletismo) poderán entrar de forma GRATUÍTA á festa.
Tamén se poderán mercar entradas a 5€ o mesmo día, ata completar o aforo.
Haberá tirolina, inchables, rocodromo, festa da escuma e unha chea de sorpresas!
Anímate a vir pasar unha tarde divertida!
Ver máis
11 de xul. de 2016
Información Libros de texto
Esta información atópase na web do colexio. Ver web
3º CURSO: IMPORTANTE PARA TODAS AS FAMILIAS:
- Non merquen o libro de Coñecemento do Medio (Faro). Vaise substituír por un libro de C.Naturais e outro de c. Sociais (Facilitaremos o ISBN a principios de curso)
- Libros de matemáticas: Se non atopan os libros nas librerías, a ANPA dispón de libros en préstamo.
- O libro de inglés que teñen que mercar, non é o que figura nos listados porque está descatalogado. Teñen que mercar o BIG SURPRISE 3º CLASS BOOK, ISBN: 9780194516389
5º CURSO: IMPORTANTE PARA TODAS AS FAMILIAS:
- O colexio ten libros de C. Naturais e de C. Sociais deste curso para todo o alumnado, non teñen que mercalos (nin os que teñen concedido o fondo nin os que non).
Adxuntamos a listaxe definitiva dos libros adxudicados polo colexio:
5 de xul. de 2016
Fondo Solidario de Libros
Información que figura na web do colexio:
Publicouse a lista do alumnado NON ADMITIDO no fondo solidario. Ver
Todas as demáis solicitudes están admitidas.
O día 8 de xullo publicarase o listado do alumnado, no que constarán os libros adxudicados a cada un.
PRAZO DE RECLAMACIÓN PARA OS NON ADMITIDOS Os días 5 e 6 de xullo de 10 a 12.
Ver web do colexio
20 de xuño de 2016
Resumo da Asemblea extraordinaria de socios
Hoxe tivemos asemblea extraordinaria de socios para tomar a decisión de que facer coa xestión das actividades para o vindeiro curso escolar.
- Primeiro explicouse a colaboración que se está a negociar coa ANPA RASA do CEIP Ramón de la Sagra, en relación coas actividades. Indicouse que a idea é que os nenos de ambos colexios poidan ir ás actividades dos dous, pero tendo un prazo preferente de inscrición os socios de cada ANPA. Eles presentarannos a súa oferta de actividades e nos presentarémoslles a nosa. Toda esta información vola trasladaremos na reunión informativa sobre actividades que se celebrará, previsiblemente, a primeira semana lectiva do curso 2016-17
- Posteriormente, propúxose que a xestión das actividades da ANPA Xanela, fora levada pola empresa SerOcio, empresa que neste momento imparte moitas das nosas actividades. Entre outras cousas comprométese ao cobro de todas actividades, salvo as promovidas pola Federación de ANPAs conveniadas co Concello, introducindo a opción de domiciliación bancaria, continuar organizando os nosos campamentos, implantar unha aplicación informática para poder xestionar as altas/baixas/modificacións dos usuarios das actividades… Debateuse a proposta, e someteuse a votación, dando como resultado a aceptación da proposta presentada pola empresa SerOcio, por unanimidade dos socios presentes. Este acordo entrará en vigor no curso 2016-17
- Lembrarvos tamén de que seguimos tendo a intención de continuar co Banco Solidario de Libros como estes últimos cursos para os cursos de 3º a 6º de Primaria, polo que vos pedimos que fagades a doazón dos libros dos vosos fillos e fillas ao mesmo, para conseguir que todas as familias poidan acceder aos libros de texto de forma gratuíta, sen ten que mercalos. O lema do Banco é: “Quen doa, recibe” A partir do mércores 22 de xuño comezaremos a recoller libros, pero se queredes traelos antes, tamén podedes. Ese día, último día de clase, o noso local estará aberto ás 14:00 horas por se queredes deixar os libros e tamén estará aberto ás 16:00 horas ata as 18:00 horas para doar e tamén solicitar libros do Banco
- Tamén vos pedimos que pidades a axuda de libros da Xunta, xa que cremos que é unha forma de facer ver a administración que os libros deberían ser gratuítos na ensinanza obrigatoria. Pódese solicitar para todos os cursos de Primaria. O prazo para solicitala remata este xoves 23 de xuño. A solicitude podedes atopala no noso blog, no apartado de Axuda de libros, e non vos esquezades de achegar a documentación requirida. Podedes entregala na secretaría do colexio
- Recordarvos que aínda quedan moitas prendas “perdidas” no baúl de obxectos perdidos do colexio tedes ata o mércores 29 de xuño para mirar se tedes algo voso alí. O xoves 30 de xuño, o que non sexa recollido, será doado a unha ONG
- O noso horario neste mes de xuño será o seguinte:
- Martes, 21 de xuño, de 16:00 a 18:00 horas. Podedes renovar o socio e o servizo de comedor e madrugadores.
- Mércores, 22 de xuño. De 09:05 a 09:30 estaremos por se alguén quere entregar libros para o Banco Solidario. Voltaremos a estar de 13:55 a 14:15 para o mesmo. Despois abriremos o local de 16 a 18 horas para deixar libros, solicitalos ou renovar socio, servizo de comedor e madrugadores.
- Do luns 27 ao mércores 29 de xuño, estaremos en horario de 10:15 a 13:00 horas. Voltaremos a abrir en setembro, pero non sabemos aínda os días e os horarios. Se necesitades o servizo de comedor e madrugadores para o mes de setembro, teredes que solicitalo antes do 8 de setembro. Poremos a información no noso blog
Un saúdo e feliz verán!
Directiva ANPA Xanela
14 de xuño de 2016
Esta semana...
- Luns, 13 de xuño. Póñense a venta as entradas que quedan para a festa de fin de curso. Poderanse mercar ata o xoves. O VENRES NON SE VENDERAN ENTRADAS
- Martes, 14 de xuño.
- Comezo do prazo para renovar os socios para o curso 2016-17 e tamén o servizo de comedor e madrugadores. Non poderán renovar aqueles socios que non se atopen ao día nos pagos
- Exhibición de Judo, no ximnasio
- Mércores, 15 de xuño. Exhibicións de fin de curso ás 16:30 no salón de actos
- Exhibicións de:
- Baile
- Guitarra
- Piano
- Ballet
- Ximnasia e ritmo
- Xoves, 16 de xuño. REMATE DE ACTIVIDADES.
- ULTIMO DÍA para coller entrada para a festa do venres 17
- Olimpiadas 2016
- Fin de curso de patinaxe
- Venres, 17 de xuño. Non se venderán entradas este día. NON HABERÁ ACTIVIDADES
- Festa de Fin de Curso ANPA XANELA, dende ás 16:15 ás 20:00 horas.
29 de maio de 2016
Reunión Campamento Verán 2016

Falarase de:
- Cousas básicas para o campamento,
- Excursións que teremos cada semana,
- Excursións "Especiais",
- Sistema de comunicación SerOcio - Pais/Nais
- Resolveremos todas as dúbidas
- E algunha cousiña máis!
Torneos Fútbol e Baloncesto ANPAs maio 2016
Esta fin de semana participamos nos torneos de Fútbol e Baloncesto ANPAs maio 2016
En breve colgaremos as fotos que nos vaian chegando
Sempre co deporte!!!
En breve colgaremos as fotos que nos vaian chegando
Sempre co deporte!!!
28 de maio de 2016
XIV Torneo de Xadrez María Barbeito
O noso equipo foi o gañador do XIV Torneo de Xadrez María Barbeito celebrado o venres 27 de maio no CEIP do mesmo nome.
Noraboa aos gañadores!!!
Noraboa aos gañadores!!!
25 de maio de 2016
Solicitude transporte escolar para o curso 2016-17
O prazo de solicitude para que o alumnado do
Centro poida facer uso do transporte durante o curso 2016-17 estará
aberto entre o 23 e o 27 de maio, ambos inclusive.
PRÓRROGA DO PRAZO ATA O MÉRCORES, 1 DE XUÑO
PRÓRROGA DO PRAZO ATA O MÉRCORES, 1 DE XUÑO
Non poderán admitirse
novas solicitudes fóra deste prazo.
A non solicitude en tempo e forma
implicará que o alumno/a non poderá utilizar o servizo no curso
seguinte, aínda que se trate dun usuario lexítimo.
As autorizacións
excepcionais só teñen validez durante un curso.
Ademáis do impreso que
leva cada alumno que actualmente utiliza o transporte, os impresos de
solicitude poderán recollerse na conserxería , na secretaría do Centro e
na páxina web.
As listaxes de alumnado admitido no servizo de
transporte publicaranse antes do comezo das clases en setembro.
10 de maio de 2016
9 de maio de 2016
FESTA DA FAMILIA
Dende o martes 10 de maio estarán á venda as entradas no local da ANPA ata o xoves 19 de maio
Prazas limitadas!
5 de maio de 2016
Scratch Day
Para nenos e nenas de 10 a 14 anos.
O “Scratch Day”, que terá lugar na Facultade de Informática da Coruña. Campus Elviña, ten como obxectivos xerais:
Lugar: Facultade de Informática da Coruña. Campus Elviña
Axenda:
- Eliminar mitos en relación á programación informática.
- Introducir aos asistentes de forma lúdica e divertida no mundo da programación.
- Coñecer a contorna de programación Scratch.
- Aprender a desenvolver videoxogos coa ferramenta Scratch.
- Concienciar da potencia da programación como medio de expresión das ideas propias e como medio de emprendemiento.
- Descubrir as posibilidades que poden ofrecer as TIC, especialmente en idades temperás e contribuír, así, a reducir a fenda dixital.
Lugar: Facultade de Informática da Coruña. Campus Elviña
Axenda:
- 9.30 a 10.00 - Benvida
- 10.00 a 10.30 - Presentación e demostracións
- 10.30 a 13.30 - Taller de programación con Scratch (2 talleres en paralelo.Nivel inic. e nivel avanz.)
- 13.30 a 14.00 - Presentación de proxectos
Hai algún requisito para asistir al evento?
Os rapaces deberán ter entre 10 e 14 anos e virán acompañados dun adulto. Durante o evento sacaranse fotos. Será imprescindible que cada rapaz acuda cunha autorización para o uso da imaxe de menores. A autorización pódese descargar dende o seguinte enlace
Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch?
Non. Haberá 2 tipos de talleres, de iniciación e para nivel avanzado en función da experiencia previa con Scratch
É preciso traer algo?
Sí, debes traer o teu portátil (non serven tablets ou smartphones).
Véñense de habilitar un cupo de inscricións para persoas que poidan acudir sen portátil, onde haberá ordenadores dispoñibles.
Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta?
Por correo (eventos@cpetig.org) ou no teléfono 630.778.003
Os rapaces deberán ter entre 10 e 14 anos e virán acompañados dun adulto. Durante o evento sacaranse fotos. Será imprescindible que cada rapaz acuda cunha autorización para o uso da imaxe de menores. A autorización pódese descargar dende o seguinte enlace
Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch?
Non. Haberá 2 tipos de talleres, de iniciación e para nivel avanzado en función da experiencia previa con Scratch
É preciso traer algo?
Sí, debes traer o teu portátil (non serven tablets ou smartphones).
Véñense de habilitar un cupo de inscricións para persoas que poidan acudir sen portátil, onde haberá ordenadores dispoñibles.
Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta?
Por correo (eventos@cpetig.org) ou no teléfono 630.778.003
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)