22/12/2013

Felices Festas para tod@s!

Xa estamos desfrutando das vacacións de Nadal e para que non vos esquezades da festa que tivemos o venres pasado ahí tedes unhas fotos.

Fotos Festa Nadal

Lembrade que as clases comenzan o xoves 9 de xaneiro de 2014

Feliz Ano 2014!

09/12/2013

EducaSaúde

Nesta semana, rematan as charlas para as familias de Educación Infantil.

Será o venres  13 de decembro as 16:00 horas.

Para máis información: EducaSaúde

08/12/2013

Programa de Ocio Educativo, POE

Xa está aberto o prazo para o pago do seguinte trimestre para continuar na actividade de POE. Ata o xoves 19 de decembro no local da ANPA de luns a xoves de 16:15 a 18:00 da tarde.

Tamén pódense facer novas inscricións.



07/12/2013

Campamento de Nadal

Prazo de inscrición: do luns 9 de decembro ata o xoves 19 de decembro.
Información no local da ANPA de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas.

Ver o cartel

05/12/2013

6 de decembro. Día da Constitución

Lembrade que este venres día 6 de decembro non haberá clase ao ser festivo nacional, Día da Constitución.
Desfrutade do día!!!

Xornada de convivencia de fútbol sala

O pasado domingo 1 de decembro, os nen@s maiores de fútbol, tiveron unha xornada deportiva na que eles desfrutaron e as nais e pais tamén.Saiu a noticia no DXT o día 4, pero sen foto...
Coma sempre un comportamento exemplar, que é o importante.
Gracias a Pachi e David



02/12/2013

Libros gratuitos

A través da Federación provincial de ANPAs recibimos esta información de CEAPA dun enlace a unha web para axudar a fomentar a lectura entre os nenos con temas interesantes e axeitados para eles.


Deixamos o enlace no apartado de enlaces que existe no blog.

Esperamos que vos sexa de utilidade.