28 de nov. de 2017
22 de nov. de 2017
CANCELADO Magosto
Tal como xa comunicou o centro a traves da circular enviada hoxe Mercores 22 de Novembro a todos os nenos, CANCELASE o Magosto previsto para o Vernes 24 de Novembro, por mor dos tres dias de loito decretados polo centro debido o pasamento dun membro do profesorado.
Agradecemos a vosa comprension
Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, desde as 9 horas en diante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/ h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo. Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 9.00 h das instalacións do centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das condicións climáticas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/poderanas adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112
Aviso Xunta de Galicia
As actividades que se ven afectadas no centro son:
- Predeporte
- Multideporte
- Futbol
20 de nov. de 2017
Chegou o Magosto
- O mercores pola tarde comezaremos, a "picar" castañas para o magosto do venres. Son moitos quilos e necesitaremos cantas máis mans mellor... Estaremos ata ás 18:00 máis ou menos. Se non rematamos, seguiremos o xoves!!!
- O venres temos o tradicional Magosto e toca preparar na casa c@s nos@s fill@s os castañeiros. Botádelle imaxinación e traballade todos xuntos en familia para que sexa o mellor castañeiro.
13 de nov. de 2017
Programa Educa Saude
Durante este mes de NOVEMBRO estase levando a cabo no colexio o Programa Educa Saúde, podedes consultar todas as charlas que se van impartir aquí
6 de nov. de 2017
Reunión Comedor e Madrugadores
O próximo mercores 8 de novembro de 2017 ás 17:00 horas, no comedor do colexio, celebrarase a primeira reunión periódica de comedor e madrugadores, como se acordou de facer, para valorar e ver como van os servizos. Acudirá tamén o persoal que están normalmente cos nosos fillos no comedor (coordinadora, monitores e resto de persoal).
Atentamente,
A Directiva da ANPA Xanela
2 de nov. de 2017
Campamento de Nadal 2017
Xa está aberto o Prazo de inscrición para os Socios da ANPA Xanela!!!
A partir do luns 5 de novembro abrese para os NON socios e NON alumnos do colexio Maria Pita.
Información en www.serocio.com e no local da ANPA de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas.
CAMBIO MENÚ JUEVES 2 Y VIERNES 3 NOVIEMBRE
Para esta semana, en concreto os días 2 de Novembro e 3 de Novembro, o menú viuse modificado. O cambio só afecta ao segundo prato intercambiándose entre si, polo que os nenos e nenas poderán gozar do seguinte menú:
- Xoves 2 de Novembro:
- 2º Prato: Pito asado (a guarnición non sofre cambios).
- Venres 3 de Novembro:
- 2º Prato: Hamburguesa de porco (a guarnición non sofre cambios)

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)