30 de set. de 2018

Comenzan as actividades extraescolares

Mañan comenzamos as actividades extraescolares do curso 2018-19. Xa tendes dispoñible o horario definitivo de actividades.

Nesta primeira semana aínda estamos organizando as entradas e saídas das actividades e vos pedimos comprensión xa que son moitos nenos/nenas e poucos os que vimos axudar...

Estas primeiras semanas de outubro o horario de apertura do local, estaremos de Luns a Xoves de 16:30 a 18:00.

Horario ANPA do 1 o 11 de Outubro


Menú 1º trimestre Curso 2018-2019


Xa temos o menú do comedor para o 1º trimestre do curso, dispoñible na nosa PÁXINA MENÚ COMEDOR

21 de set. de 2018

Becas para comedores escolares curso 2018/19



Xa se publicaron as listas definitivas das  Becas para comedores escolares curso 2018/19, podedes consultalas no seguinte enlace

LembradeAs persoas solicitantes, cuxa resolución apareza nesta listaxe como concedida, deberán recoller no seu centro cívico de referencia o Anexo 2. Unha vez cuberto, asinado pola persoa solicitante e selado polo centro cívico, deberá ser entregado nunha oficina de Rexistro Municipal.
O persoal da oficina de Rexistro municipal escaneará o documento e devolverá á persoa solicitante o Anexo 2 orixinal, que deberá ser entregado no centro educativo. O prazo para recoller o Anexo 2 no centro cívico, rexistralo e posteriormente entregalo no comedor do centro educativo, é do 24 de setembro ao 5 outubro, ambos os incluídos.

V CARRERA ENKI GALICIA 2018



Xa estan abertas as inscriñcions para a V CARRERA ENKI GALICIA 2018, que terá lugar o sábado 20 de Outubro de 2018. Desde as 16:30h hasta as 19:30h en la Explanada de Riazor, A Coruña.

Aqui vos deixamos o enlace para relaizar a inscrición 

Como xa fixemos en edicions anteriores queremos ter una representacion do noso cole por ali... asi que animadevos a participar en familia que é por unha boa causa, e no momento de apuntarse indicade como equipo 
ANPA XANELA - CEIP MARIA PITA

Contamos con todos vos!!!!

20 de set. de 2018

Cambio Horario ANPA última semana de Setembro


A próxima semana o local da ANPA estará aberto de Luns 24 a Mércores 26 de 16:30 a 18:00. O xoves estará pechado.

Lembrade o Luns 24
  • Último día para a inscripción das actividades de SerOcio, e o último día para poder cerrar os grupos.
  • Arrancamos coa matricula de Listen and Speak, dos nenos que figuran nas listas publicadas.
  • Abertas as inscripcións en actividades para os alumnos de Ramón da Sagra.

Publicada a lista do programa Listen and Speak Primaria



Ya estan publicadas la Listas de Listen&Speak

19 de set. de 2018

ULTIMA HORA ACTIVIDADES


Inscrición actividades SerOcio

Estaba previsto que a data límite para ter formados os grupos fose o mércores 26 de Setembro pero por temas organizativos vémonos obrigados a adiantar esta data, polo que a data límite pasa a ser o luns 24 de Setembro.


Demanda Actividades para INFANTIL

Durante estes dous dias de inscrición tivemos varias familias interesadas en dúas actividades especificas que desapareceron da oferta: Predeporte e PetitChef, polo que imos estudar a forma de volver incluílas, para iso precisamos que todos os interesados os poñades en contactacto con nos vía mail ou whastapp (Móbil: 620426437 Email: comunicacion.anpaxanela@gmail.com) e nos indiquedes en que actividade e que dia e horas estariades interesados.

17 de set. de 2018

Inscripción Activiades


Xa está disponible na nosa páxina de actividades o cuadro provisional de actividades.

Lembrade mañan arrancamos as inscripcións de actividades, aquí podedes descargar alguns formularios por se xa os queredes traer xa cubertos:

14 de set. de 2018

Actividades Extraescolares


Xa está disponible na nosa páxina de actividades o cuadro provisional de actividades.

Lembrade:

  • Luns 17 de setembro as 16:00, teremos a reunión de actividades para aclarar todas as dudas que poidan surxir.
  • A partir do martes 18 de setembro as 16:30, empezamos coas inscripcions de actividades. 

11 de set. de 2018

Mañan comezamos o curso!!!

Mañan comezamos o curso!!!

Comeza o servizo de madrugadores, as clases e tamén o servizo de comedor
Que nervios!!!

Queremos darvos a benvida a tod@s!!!

Temos novidades:

  • No apartado de menú comedor o menú do mes de setembro Ver
  • A reunión para informar das actividades terá lugar este luns 17 de setembro ás 16:00 horas no Salón de actos do colexio 
  • Horario do local da ANPA para o mes de Setembro.
    • Desde o mércores 12-9-2017 ata Xoves 27-9-2017 de de 16:30 a 18:00


Desexamos que tod@s teñades un bo comezo!!!

Horario ANPA mes de Setembro


7 de set. de 2018

CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR



  A Campaña de Natación Escolar vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.

O número de prazas ofertadas é de 20.

A Campaña levarase a cabo na Piscina do Clube do Mar os martes de 16:30 a 17:15h

O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se  poidan  producir na matriculación do alumnado.

Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O centro garantirá a presenza dun adulto que será o responsable dos alumnos durante o tempo que permanezan na parada.

O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.

O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 19 de setembro.

Os dípticos, así como a folla de transferencia debidamente cumprimentada e o xutificante do ingreso bancario, deberá estar na Federación Provincial de ANPAs. como data límite o 21 de setembro

A data prevista de comenzo prevista da Campaña de Natación Escolar será o 1 de outubro

Nomearase por parte de cada centro un/ha coordinador/a da campaña de natación que será a persoa de referencia á efectos de recibir as notificacións e transmitilas ás familias.

Unha   ve feita    inscrición   do alumnos,   informarase   ao   coordinador/ da Campaña de Natación de cada centro, do número de escolares admitidos, así como dos horarios definitivos da actividade.

Podedes descargar toda a información aquí


Inscripción Cóxegas





Dado que Cóxegas comeza o primeiro día de clase, as familias terán que inscribirse directamente na ANPA. De tódolos xeitos, para facilitar a inscrición poderán se o desexan, inscribirse na Federación Provincial de APAs na rúa Orzán, 21 en horario de 10 a 14 h ou de 16 a 18 h. ( tfno. 981 20 20 02) de luns a venres durante a semán do 10 ao 14 de setembro. Neste último caso o usuario deberá abonar posteriormente na súa ANPA a cota da actividade.

5 de set. de 2018

PROGRAMA COXEGAS


Como estos ultimos anos, no cento está aprobado o PROGRAMA COXEGAS, e un programa municipal para facilitar a conciliacion durante o mes de Septembro e Xuño mentras non den comenzo as activiades e o remate das mismas

programa Cóxegas comeza o primeiro día de clase, 12de setembroas inscripcions podenser facer: 
  • No local da ANPA os dias que este aberto antes do comenzo do cole.
  • Na oficina da Federanación de ANPAS na Rúa Orzán, nº21  a partir do día 3 de setembro.