28 de nov. de 2018

Pilabot recicla con enerxia!!!


Dende mañan día 29 de novembro ata o 22 de xaneiro de 2019 o noso centro participa no concurso Pilabot: Recicla con enerxía (http://http://pilabot.gal/). O obxetivo é recoller a maior cantidade de pilas ou acumuladores portátiles. O material recollerase no noso centro en bidóns recolectores, ademais cada neno/a terá un recipiente individual. Por favor, esperamos contar coa bosa axuda e colaboracion.

Este sábado o alumnado do noso colexio está convidado ao partido do Hockey Club Liceo, onde se iniciará a campaña de recollida. Lebade moitas pilas!!

Beca comedor curso 2016-2017




Para todos os usuarios de comedor do curso 2016-2017, lembrade que tendes de prazo ata o Xoves 20 de decembro para vir a retirar o cheque ou facilitarnos o numero de conta para poder facer entrega do importe correspondente a subvencion de comedor.

Esta xestión podese facer no local da ANPA os Luns e Xoves de 16:30 a 18:00


Precisanse "axudantes" para SSMM Reis Magos de Oriente


Como xa ven sendo habitual nos últimos anos o día da festa de NADAL, este ano será o 21 de Decembro, pasan polo cole as SSMM Reis Magos de Oriente, este ano pedironnos "axudantes" para soster o peso das coroas dos ancians viaxeiros. 

Todos os voluntarios que estén dispoñibles para "levar semellante peso nas suas cabezas" pasade polo local da ANPA en horario habitual (Luns e Xoves de 16:30 a 18:00) para que tomemos nota.


Moitas gracias por adiantado, as suas maxestades e os nosos  nenos agradecenvos a colaboración

27 de nov. de 2018

Campacoles Nadal 2018


Xa está dispoñible toda a información dos Campacoles Nadal 2018, pódese ver toda a información aquí

20 de nov. de 2018

O colexio Primaria María Pita gaña os "Premios Irene: la paz empieza en casa"


Estamos de noraboa, o proxecto TRIPULANDO A IGUALDADE segue sumando premios,


La ministra de Educación y Formación Profesional, Isabel Celaá, ha sido la encargada de entregar hoy estos premios, que "reconocen y estimulan las experiencias desarrolladas en centros educativos de enseñanzas no universitarias que contribuyen a la lucha contra esta lacra", ha señalado su departamento en una nota. 
Ver noticia completa


19 de nov. de 2018

II FESTIVAL SOLIDARIO DE NAVIDAD “CLUB RÍTMICA MILENIUM”

O vindeiro domingo 16 de Decembro terá lugar o II FESTIVAL SOLIDARIO DE NADAL “CLUB RÍTMICA MILENIUM
Celebrásese en horario de tarde, unha vez mais no Polideportivo Municipal de “Os Rosales” (Rúa Alfonso Rodríguez Castelao, 16, A Coruña) Un ano mais estan convidados todos os participantes na actividade de Ritmo e Ximansia Ritmica a este evento que forma parte dun programa de actividades para fomentar practíca deportiva da ximnasia rítmica.

Precisamos que nos confirmedes a dispoñibilidade dos nenas e nenos destas actividades para poder asistir a este evento, podedelo confirmar no local da ANPA ou a través da nosa conta de correo comunicacion.anpaxanela@gmail.com

Campamento de Nadal 2018


Xa está aberto o Prazo de inscrición para os Socios da ANPA Xanela!!!  Inscripción en http://serocio.com/inscripcion-campamento-navidad-18-19-ceip-maria-pita/

Información en www.serocio.com e no local da ANPA de luns e xoves de 16:30 a 18:00 horas.

12 de nov. de 2018

Magosto

  • Hoxe Luns 12 de Novembro pola tarde comezaremos, a "picar" castañas para o magosto do venres. Son moitos kilos e necesitaremos cantas máis mans mellor...  Estaremos ata ás 18:00 máis ou menos. 
MOITAS GRACIAS

6 de nov. de 2018

ALERTA LARANXA 6 NOVEMBRO 2018

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín 94/71 GAL, emitido ás 21,26 horas de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por VENTOS de ata 100 km/h, para A Coruña (Noroeste, Oeste e Suroeste), Lugo (A Mariña) e Pontevedra (Rías Baixas e Miño), con previsión de inicio ás 12,00 horas do día 6 de novembro, e finalización as 00,00 horas do día 7 seguinte.
A información meteorolóxica podrá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.axega112.org/gl/alertas_activas)

As actividades que se realizan no exterior trasladaranse a instalacions interiores do centro, asi que se levarán a cabo con "normalidade"