30/09/2017

Menú 1º trimestre Curos 2017-2018

Xa temos o menú do comedor para o 1º trimestre do curso.


Coma sempre, tendelo no apartado Menu Comedor do menú principal do blog.

26/09/2017

Comenzo das inscripcion de actividades para os nenos do Ramon da Sagra



A partir de hoxe MARTES 26 de Septembro comezan a inscripcións das actividades para os alumnos do Ramón da Sagra.

O horario para facer as inscripción será:
  • De Martes 26 a Mercores 27 de Septembro de 16:15 a 18:00

18/09/2017

Comenzo das inscripcion de actividades para os NON SOCIOS



A partir de hoxe LUNS 18 de Septembro comezan a inscripcións das actividades para os alumnos do María Pita NON SOCIOS da ANPA XANELA e para os nenos da ESO Ex Alumnos do Maria Pita

O horario para facer as inscripción será:
  • De Luns 18 a Xoves 21 de Septembro de 16:15 a 18:00
Moito animo e paciencia.....!!!

13/09/2017

Comeza a inscripción de activiades




Lembrade, hoxe comeza a inscripcións das actividades para os SOCIOS da ANPA XANELA.

Deixamos un resumo dos bloque de actividades que vamos ter, coa información das datas límite para anotarse para comenzar o 2 de Outubro e un enlace para descargar o formulario de inscripción en caso de que xa o queriades levar cuberto esta tarde..
O horario para facer as inscripción esta esta semana será: 
  • Mercores 13 de Septembro de 16:15 a 18:00
  • Xoves 14 de Septembro de 16:15 a 18:00
Moito animo e paciencia.....!!!

11/09/2017

LISTAS DEFINITIVAS DE TRANSPORTE ESCOLAR 2017/2018



Xa están na web do colexio as listaxes de alumnado admitido no servizo de transporte curso 2017-18
Ver listas

COMENZAMOS O CURSO

Hoxe comezamos o curso!!!

Comeza o servizo de madrugadores, as clases e tamén o servizo de comedor
Que nervios!!!

Queremos darvos a benvida a tod@s!!!


Temos novidades:
  • No apartado de menú comedor o menú do mes de setembro Ver
  • No apartado de Actividades xa tedes o horario PROVISIONAL de actividades para este curso 2017-18 Ver
  • A reunión para informar das actividades terá lugar este martes 12 de setembro ás 17 horas no Salón de actos do colexio 
  • A partir do mercores comezaremos a recoller as inscricións nas distintas actividades. Consultade os prazos no apartado de actividades do blog. 
  • Horario do local da ANPA para o mes de Septembro
    • De Martes 12-9-2017 ata Xoves 14-9-2017 de de 16:15 a 18:00
    • De Luns 18-9-2017 ata  Xoves 21-09-2017 de 16:15 a 18:00
    • De Martes 26-9-2017 ata  Mercores 27-09-2017 de 16:15 a 18:00.   

Desexamos que tod@s teñades un bo comezo!!!

08/09/2017

AVISO IMPORTATE BOLSAS DE COMEDOR!!!!!





Hoxe trasladáronnos esta información para que vola fagamos chegar:

Por indicación expresa da Concelleira, esta mañá publicaremos a LISTA DEFINITIVA PARCIAL das Bolsas de Comedor.

As persoas que aparezan nesta listaxe, deberán pasar polos centros cívicos a recoller o ANEXO 2. Este ANEXO, chegará ao longo da mañá a todos os centros cívicos.  O prazo para recollelo no centro cívico e levalo ao comedor será de 10 días hábiles ( do 11 ao 22 de setembro incluídos).
Estas persoas poderán empezar a comer o luns día 11.

As familias que non estean nesta listaxe, están pendentes de valoración e non saberán se teñen a bolsa concedida ou denegada ata  dentro de 2 semanas ( aprox o 20 de setembro) que esperamos ter a LISTA DEFINITIVA TOTAL, e ata esta data non teremos ningunha información (nin en 010, nin en centros cívicos, nin en ningún sitio) sobre ningunha bolsa.


Un saúdo

07/09/2017

Asamblea Ordinaria de socios - ACTIVIDADES


Convócase aos socios da ANPA Xanela á Asamblea Ordinaria de socios, que terá lugar o martes 12
de septembro de 2017 no salón de actos do CEIP María Pita ás 17:00 horas en primeira convocatoria
e 17:15 horas en segunda, ca seguinte orde do día:

  • Presentacion de servizos da ANPA para o curso 2017-2018
  • Presentacion de Actividades
  • Preguntas e suxestións

05/09/2017




Xa está aberto o prazo para facer a inscrición para a actividade de Listen and Speak.
Trátase dun programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa.
Está orientado á certificación internacional do Trinity College London, dacordo cos niveis do Marco Europeo das linguas.

Trimestralmente se fará unha revisión do número de asistentes para comprobar que se mantén a ratio mínima, de non ser así, e previo aviso, poderase suspender a actividade para o seguinte trimestre.
Ratio mínima de 12 e máxima de 15 persoas.


Período de realización
Do 4 de outubro de 2017 ao 31 de maio de 2018

Horario Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios no noso colexio:
  • 3º e 4º Primaria. Martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas
  • 5º e 6º Primaria. Martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas
Inscrición
A inscrición farase na web educativa do concello. Deixamos aquí o enlace. Ficha de inscrición on-line

O prazo de inscrición remato o 30 de setembro.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

As listaxes de admitidos publicaranse na web educativa (www.edu.coruna.esa inicios de outubro.

Criterios para a admisión:
1. Escolares do propio centro seleccionados por riguroso orde de inscrición.

2. Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor)

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, o solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda


01/09/2017

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO CURSO 2017/2018


Xa esta dispoñible na paxina do colexio a Nota para a entrega dos libros adxudicados no fondo solidario

NOVIDADE!! PROGRAMA COXEGAS




Este curso temos unha novidade, no centro está aprobado o PROGRAMA COXEGAS, e un programa municipal para facilitar a conciliacion durante o mes de Septembro mentras non den comenzo as activiades.

Aquí vos deixamos toda a información PROGRAMA COXEGAS


programa Cóxegas comeza o primeiro día de clase, 11 de setembroas inscripcions podenser facer: 
  • No local da ANPA os dias que este aberto antes do comenzo do cole.
  • Na oficina da Federanación de ANPAS na Rúa Orzán, nº21  entre os días 4 e 8 de setembro en horario de 10 a 13h e de 16 a 19h e posteriormente abonarán a cota na ANPA.

Voltamos

O luns día 4 de setembro, voltamos!!!

Este será o noso horario nos días previos ao comezo do curso:
- Luns, 4 de setembro, de 17 a 19 horas
- Martes, 5 de setembro, de 10 a 12 horas
- Mércores, 6 de setembro, de 17 a 19 horas




BANCO DE LIBROS: Ainda temos alguns libros  no Banco de Libros. Se alguén os necesita pode solicitalos nos horarios indicados.

BANCO DE UNIFORMES: O día 4 e 6 de setembro, en horario de tarde, teremos o banco de uniformes activo para que veñades ver se algo os pode servir. Temos mandilóns, zapatillas para música, saias, pantalóns, xerseis e polos. Tamén queda algún chandal.

COMEDOR: Se vos concederon a beca do concello para o servizo de comedordebedes facer a solicitude de comedor e presentala no local, senón o fixéchedes antes.


último día para solicitar o servizo de comedor para o mes de setembro é o mércores 6 de setembro.

O local da ANPA permanecerá pechado o xoves 7 e venres 8 de setembro.