Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2015

Avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º de Primaria

Hoxe sae publicado no DOG a resolución da Consellería de Cultura, Eduacación e Ordenación Universitaria pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria. As datas para a realización das probas, serán os días 27 e 28 de maio de 2015. Ver DOG Tamén os deixamos o enlace que hai na paxina da Consellería con información sobre dita avaliación. Máis información No enlace http://www.mecd.gob.es/inee/Evaluacion_tercero_Primaria.html poden consultarse modelos de probas para terceiro de educación primaria elaboradas coa colaboración do MECD e as Comunidades Autónomas.  

Eventos próximos a celebrar no colexio

ANPA Xanela infoma: I Galifesta Deportiva-Familiar. Data: Domingo 17 de maio de 2015, de 11:00 a 20:00 horas. Inchables, circuíto de karts, xogos en familia, busca de tesouros, sorteos, torneos deportivos, e moitas sorpresas máis. Entradas á venta no local da ANPA ata o 14 de maio ou fin de prazas. Consulta os prezos na web, no local da ANPA ou nos carteis informativos que hai no colexio. Ver cartel II Noite no colexio. ( O luns 18 de maio non haberá clase no noso colexio) Data: 17 de maio de 2015, dende as 20:30 horas ás 14:00 horas do luns 18 de maio de 2015. Inclúe cea e almorzo. Posibilidade de comedor ata as 16:00 horas. Xogos, veladas, obradoiros e unha morea de sorpresas. Inscricións no local da ANPA ata o 14 de maio ou fin de prazas. Consulta os prezos na web, no local da ANPA ou nos carteis informativos que hai no colexio. Ver cartel III Campamento de verán. Tense previsto facer o Campamento de verán dende o 22 de xuño. Aínda non temos toda a info...

Acordos tomados na asemblea de abril

ANPA Xanela infoma : A Coruña, luns 27 de abril de 2015. Na asemblea que tivo lugar o 16 de abril de 2015 no salón de actos do colexio, tomáronse as seguintes decisións en relación co servizo de Comedor e Madrugadores: Elección empresa curso 2015-16. Decídese prorrogar un ano máis o contrato coa empresa Jardanay . Subvención curso 2013-14. Decídese facer unha votación para decidir o destino da subvención de comedor. Por todo iso, dáse de prazo ata o vindeiro luns 11 de maio inclusive , para entregar no local da ANPA a decisión sobre o destino da parte da subvención correspondente aos socios con nenos que asistiron ao comedor e cumpran os requisitos para recibila. Haberá un único voto por nº de socio. Están excluídos os usuarios beneficiarios da beca de comedor do concello e os esporádicos. A lectura pública dos votos farase o 12 de maio de 2015 ás 17:15 horas no salón de actos do colexio. Solicitude de praza para o curso 2015-16. Infórmase das normas para o acceso aos ...

Clasificación final de Xadrez

O venres desfrutamos dunha xornada memorable de xadrez. Deixámosvos o enlace aos resultados acadados. Noraboa a tod@s!!! Torneo de abril Clasificación individual do circuito Ademáis os alumn@s de Xadrez do CEIP Maria Barbeito, do CEIP Wenceslao Fdez Florez e do noso colexio agasallaron ao profesor de xadrez, Celso, cunha homenaxe que plasmaron nunha pancarta para agradecerlle as súas ensinanzas. Grazas, Celso!!!

Xornada de clausura dos Xogos escolares. Xadrez

Hoxe finalizan os Xogos Escolares da modalidade de Xadrez. Celebrarase un Torneo de partidas rápidas na Praza de María Pita. Máis información

Novas admisión alumnado curso 2015-16

Publicada a lista provisional de admitidos e excluidos para o curso 2015-16 PRAZO DE RECLAMACIÓNS ÁS LISTAS PROVISIONAIS: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (ata o 30 de abril inclusive) Ver listas

Coruña Matemática: "XV Rebumbio Matemático"

A fase zonal do XV Rebumbio Matemático terá lugar o venres 24 de abril no Fórum Metropolitano.   Os 93 escolares estarán repartidos en 31 grupos de tres alumnos. Os centros participantes son o Andaina, a Grande Obra de Atocha, o colexio Montespiño, o colexio Internacional Eirís, Fillas de Xesús, Calasanz, Calasancias, Salesianos, CEIP Anxo da Garda, CEIP Montel Touzet, CEIP Rosalía de Castro, CEIP Víctor López Seoane, CEIP María Pita , CEIP Prácticas e Dominicos, ademáis do CPI San Marcos, de Abegondo, que participarán na eliminatoria da Coruña. Os mellores grupos de cada zona (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) participarán na   final galega, o 22 de maio no Fórum Metropolitano.   Nesta final tomarán parte 45 alumnos de 6º de Primaria de toda Galicia. O Rebumbio Matemático ten como obxectivo a divulgación das ensinanzas matemáticas de forma creativa e divertida. Sorte aos nosos participantes!!!

Festival CinEOI Coruña Curtas

Desde o equipo de dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña e no nome tamén dos nosos colaboradores, EOI de Santiago de Compostela, Escola de Artes e Superior de deseño Mestre Mateo, IES Manuel Murguía de Arteixo, e Concello da Coruña , queremos convidarvos a asistir ao Festival CinEOI Coruña Curtas, que terá lugar os vindeiros 21, 22 e 23 de abril. Na xornada do martes, día 21, proxectaremos a curta realizada polo grupo do Obradoiro de Iniciación á curtametraxe da EOI da Coruña e TODAS as curtas presentadas ao concurso en sesións de mañá (10.30 horas) e repetiremos sesión o xoves, día 23 a partir das 18.30. O mércores 22 de abril celebraremos a gala de entrega de premios do concurso na aula magna da Escola Oficial de Idiomas da Coruña ás 20.00. Contaremos coa asistencia do noso presidente de honra, o actor, director e humorista, Xosé Antonio Touriñán. Tamén haberá unha actuación musical a cargo da cantante Najla Shami e, por suposto, a proxección d...

Asemblea de socios

O próximo xoves 16 de abril de 2015 , convócase Asemblea Extraordinaria de socios da ANPA Xanela do CEIP María Pita, que se celebrará no Salón de Actos do colexio , ás 17:00h en primeira convocatoria e 17:30h en segunda convocatoria. Orde do día: Informe de actividades. Servizo de Comedor e   Madrugadores: Elección da empresa de catering que prestará os servizos de madrugadores e comedor para o curso escolar 2015-16 Subvención de comedor curso 2013-14 Solicitude praza de comedor e/ou madrugadores Rolda de intervencións. Suxestións. Aceptarase un voto por cada número de socio . Está a vosa disposición no local da ANPA un impreso para a delegación do voto no caso de que non poidades asistir á reunión. Proposta de Jardanay  

Reunión comedor/madrugadores

O mércores 15 de abril teremos unha nova reunión periódica no comedor do colexio para comentar e ver como vai o servizo tanto de comedor como de madrugadores. Estarán a coordinadora de comedor e madrugadores e o responsable da empresa no noso colexio. Se queres vir, estaremos ás 16:00 horas.

Novas excursión 6º Primaria

Lembrade que o martes 14 de abril, temos reunión sobre a excursión de 6º Primaria no comedor do colexio ás 17:00 horas. Virán os monitores para que os coñezades.

I Mini Maratón Atlántica. Sábado 18 de abril

As probas realizaranse de 11.00 a 13.30 horas no novo Paseo do Parrote e o colexio que máis escolares inscriba recibirá 500 euros en material deportivo . Ademais, todas as persoas participantes obterán a súa medalla de finisher . As carreiras, cuxa inscrición é gratuíta , forman parte da programación de actividades do  Maratón Atlántica Coruña42. As probas disputaranse na mañá do sábado 18 , entre as 11.00 e as 13.30 horas aproximadamente, no novo Paseo do Parrote. Estarán divididas en nove categorías segundo as idades das persoas participantes. Xuvenil: nadas/os no ano 1998/1999 Cadete: nadas/os no ano 2000/ 2001 Infantil: nadas/os no ano 2002/ 2003 Alevín: nadas/os no ano 2004/ 2005 Benxamín: nadas/os no ano 2006/ 2007 Pitufos: nadas/os no ano 2008 e posteriores As inscricións do Mini Maratón Atlántica son gratuítas e efectuaranse, única e exclusivamente, a través da web www.championchipnorte.com .  Horario de realización e recollida de d...

Menú do 3º trimestre

Xa temos o menú do comedor para o 3º trimestre do curso. Coma sempre, o tedes no apartado Menu Comedor do menú principal do blog.