27/07/2015

Fondo solidario de libros. Ampliación de existencias (3º e 5º Primaria)


Ao obxecto de ampliar o nivel de cobertura do fondo solidario de libros de texto, regulado pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), e garantir que o alumnado admitido con renda per cápita incluída nos mesmos tramos que as axudas poida dispoñer de libros de texto a través do fondo, os centros deberán adquirir os libros de texto que complementen os xa existentes no fondo. 



Con carácter xeral, e tendo en conta os tramos de renda e os importes das axudas, fíxase o seguinte número máximo de libros a adquirir por cada alumno/a, segundo a o tramo de renda per cápita no que se encontre: 
  • Renda per cápita ata 5.400 €: 6 libros. 
  • Renda per cápita desde 5.400,01 € ata 9.000 €: 4 libros.
 Ver máis

17/07/2015

Bolsas para comedores escolares curso 2015 - 2016 do Concello da Coruña

Publicación da lista provisional de persoas beneficiarias das bolsas para comedores escolares. 

O prazo para presentar a documentación pendente, en calquera dos rexistros municipais, é do 17 de xullo ata o 4 de agosto, ambos incluídos.

Tamén se poderá consultar esta información nos rexistros municipais, taboleiro de edictos e centros cívicos.


 

15/07/2015

Fondo Solidario 3º e 5º E.P. Lista definitiva.

Xa están na web do colexio a lista definitiva de admitidos do "Fondo Solidario de libros de texto" de 3º e 5º E.P.

Lembrade que hoxe abrimos para calquera dúbida que teñades de 16:30 a 17:30 horas. 

Voltaremos na primeira semana de setembro.

Lembrade que se necesitades o servizo de comedor para o mes de setembro o último día para facer a solicitude será o venres 4 de setembro.

Poñeremos os días e os horario na web.

 

Feliz Verán!!!

10/07/2015

Semana do 13 ao 17 de xullo

O mércores 15 de xullo abriremos o local da ANPA de 16:30 a 17:30. 

Se queredes pedir libros do banco aínda o podedes facer ese día. Lembrade que os libros que temos sólo corresponden aos cursos de 3º e 5º Ed. Primaria, debido a que no resto de cursos de Primaria cambiaron con respecto a este curso.

Lembrade tamén, que ese día, 15 de xullo pola mañá, tamén sairán publicadas as listas definitivas do "Fondo Solidario" de libros de texto do centro.

A semana seguinte, unha vez vistas as solicitudes de petición de libros, poñerémonos en contacto coas familias solicitantes para indicarlles o estado da súa solicitude e organizar a entrega dos libros.

Seguiremos informando dende o blog,  a páxina do Facebook e polo Twitter.

Feliz verán!!!


07/07/2015

Fondo Solidario 3º e 5º E.P. Lista provisional de admitidos e excluidos

Xa están na web do colexio as listas de admitidos e excluidos do "Fondo Solidario de libros de texto" de 3º e 5º E.P.




Lembrade que hoxe abrimos o local da ANPA (16:30 a 17:30) e temos reunión sobre os libros ás 18:00 horas. 



Reclamación ás listas:

8 e 9 de xullo: Reclamación ás listas (por escrito). De 10 a 12 na Secretaría.

 

Listas definitivas:

15 de xullo: Publicación das listas definitivas. Na web e na porta do colexio de 10 a 12


Entrega de Libros de texto (3º e 5º E. Primaria)

Os lotes de libros entregaránse os días 7 e 8 de setembro (luns e martes) de 16:30 a 18:30 no salón de actos do colexio.

SO PODERAN ENTREGARSE Á PERSOA SOLICITANTE DO FONDO, QUE SE IDENTIFICARÁ CO SEU D.N.I. OU A OUTRA AUTORIZADA E DEBIDAMENTE ACREDITADA.

03/07/2015

Novas sobre os libros de texto para o curso 2015-16


Xa tedes os libros de texto para o curso 2015-16 de 3º e 5º publicados na web do colexio e tamén no noso blog no apartado de Libros de texto (Ver listados libros)

Deixamosvos a continuación un resumo de como está a situación dos libros para o curso 2015-16.

Nesta situación, cremos que debemos reunirnos e facer un fronte común ante as incongruencias da Administración, que ao final as pagamos nós e os nosos/as fillos/as. Por isto, pensamos que é mellor, facer unha reunión con todas as familias que o curso que ven teñan nenos/as que cursen 3º e/ou 5º de Primaria e ver que facemos. Todos Xuntos.

Reunión Libros 3º e 5º E.P.: O martes 7 de xullo ás 18:00 horas no colexio. A porta que estará aberta, será a que se atopa máis cerca do mercado pola parte de abaixo do colexio.

RESUMO SITUACIÓN
LIBROS DE TEXTO CURSO 2015-16

1. ALUMNOS de 3º e 5º E.P.

Os libros de texto para o curso que ven, serán os mesmos que se empregaron neste curso 2014-15. Isto ven así indicado na orde que publicou a consellería sobre a creación do “Fondo Solidario” (Orde do 21 de maio de 2015 (DOG de data: 01/06/2015))
Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

... 2. Os libros de texto utilizados no curso 2014/15 nos niveis incluídos nesta orde manteranse no curso 2015/16.
Aínda que foi solicitado por parte dos equipos directivos que iso cambiase, a consellería contestou que os libros debían manterse.

Entón a situación é a seguinte:

  • As familias que solicitaron o acceso ao “Fondo Solidario”, terán coñecemento se están admitidas ou non, o martes 7 de xullo, cun prazo de reclamación os días 8 e 9 de xullo. A relación definitiva sairá publicada o 15 de xullo. O que a orde non aclara é se nesa relación as familias saberán cales son os libros que lles corresponderán... Os libros poderán ser entregados ás familias ao comezo do curso, en setembro.
  • Pode suceder que os libros do “Fondo Solidario” non cheguen para todos os que solicitaron o acceso. Qué facemos nese caso? As familias terían que mercar os libros, aínda que polo que nos din, pode que non poidan pola falla de stock... Pode darse o caso de que nesa situación se atopen familias que se estiveran noutro curso terían a axuda por cheque para mercar os libros... Isto é unha discriminación...
  • As familias que non solicitaron o acceso ao “Fondo Solidario”, polo que nos contan non van poder mercar os libros pola falla de stock...
2. ALUMNOS de 1º, 2º, 4º e 6º E.P.

Para o curso que ven, os libros de texto dos cursos indicados cambian todos, por tal motivo o banco de libros que temos na ANPA, non pode deixar libros, xa que non temos. Pasámoslle a lista de libros a outras ANPAs, pero parece ser que son edicións novas polo que supoñemos que conseguiremos ningún. O único que nos queda neste caso, a modo de protesta, pedir o reintegro de gastos xa que a Educación obrigatoria, segundo a constitución debe ser Universal e Gratuíta. Temos un modelo de CEAPA, para poder presentala.

Pedimos as familias que no curso 2014-15 tiveron algún neno/a cursando 3º ou 5º E.P., doen os libros deses cursos ao banco de libros, xa que o curso que ven son os mesmos e parece ser que aínda que as familias queiran mercalos non van poder, xa que segundo din as editoriais non teñen stock.