30/05/2014

Axuda Adquisión Libros de texto

Hoxe publícase no DOG a orde pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.
 
IMPORTANTE:
  • A axuda será unicamente para a adquisición de libros de texto.
  • Establece como obriga para as persoas beneficiarias a incorporación dos libros a un fondo solidario que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos (bancos de libros). 
  • Prazo de presentación para o alumnado de educación primaria: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.
Ver máis

27/05/2014

Plan Proxecta - Froita no recreo

Hoxe comezou a nosa participación no Plan Proxecta, que consiste no reparto de froita no recreo, como se nos informou a través dunha circular a semana pasada.


Transporte escolar

Lembrade que este venres 30 de maio, remata o prazo para a solicitude do transporte escolar para o curso 2014-15 para os nenos e nenas que xa están matriculados no colexio este curso.

Máis información

25/05/2014

Encontro de Patinaxe. Martes 27 de maio




Lembrade que este martes as 16:00 horas os nenos e nenas de Patinaxe irán en autobús ao Encontro de Patinaxe que se celebrará no Palacio dos Deportes de Riazor. Teñen que estar un pouco antes para que o autobús poida sair a súa hora.

Deixámosvos aquí o programa do Encontro.

Desfrutade!!!



19/05/2014

Teatro. Semana do 19 ao 23 de maio

Nesta semana temos as seguintes actividades da Mostra de Teatro Escolar.

Blog de Teatro

Xogos Escolares. Xadrez. Venres 23 de maio derradeira proba

Clasificación dos Xogos Escolares

Publicamos a clasificación da combinada dos Xogos Escolares.
Faltan dúas probas a que se celebrou o día 10 de maio no Día da Ciencia na rúa, e a do día derradeira que será este venres 23 de maio, no Ágora.

17/05/2014

Día das Letras Galegas 2014


Feliz Día das Letras Galegas a tod@s!!!


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).


Currículum
Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. 


Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.

Outros datos de interese
O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).

Datos recollidos da web www.diadasletrasgalegas.com

15/05/2014

Hoxe, Día Internacional da Familia


Mensaje del Secretario General de Naciones Unidas en el Día Internacional de la Familia

15 de mayo de 2014

Hoy celebramos el Día Internacional de las Familias, ocasión ideal para reconocer las valiosas contribuciones que hacen las familias a la misión de las Naciones Unidas.

 Al proporcionar sustento económico y emocional a sus miembros, las familias aportan ciudadanos productivos y solidarios, comprometidos con el bien común. Las familias unidas y funcionales, sea cual sea su composición, pueden ayudar a reducir la pobreza, mejorar el bienestar de las madres, fomentar la igualdad de género y promover los derechos humanos.

Es fundamental que las familias reciban apoyo para que puedan aprovechar todo su potencial. Ello implica que se han de tener en cuenta sus necesidades al formular las políticas de desarrollo, se han de considerar sus circunstancias al hacer frente a los conflictos y se ha de promover la igualdad de trato a todas las familias, con independencia de su estructura. Ahora que nos encontramos a las puertas de un futuro más sostenible y nos afanamos por lograr los Objetivos de Desarrollo del Milenio, dar forma a una nueva agenda para el desarrollo y luchar contra el cambio climático, movilicemos a las familias del mundo.

En este Día Internacional de las Familias, hagamos lo posible por reforzar a estos pequeños pero cruciales elementos de toda sociedad para poder avanzar como una única familia humana hacia un mayor progreso.

Felicidades familias!!!


Mostra de Actividades Culturais no Forum - Ximnasia e Ritmo

Onte participaron as nosas nenas de Ximnasia Rítmica e Rítmo e unha mamá mandounos un vídeo e unha foto da súa actuación.

Que ben o ficheron!!!

Descargar vídeo




Atletismo


No blog de Atletismo, xa tedes os clasificados para o provincial, que terá lugar o sábado 24 de maio na Pobra do Caramiñal.

Acceso ao blog

Noraboa a tod@s!!!

Día Internacional dos Museos

Facémosvos chegar a programación de actividades que se celebrarán nos museos e salas de exposicións da cidade o vindeiro domingo 18 de maio, Día Internacional dos Museos



Nesa data os museos estarán cheos de actividades de celebración da súa “festa” anual:
  • Xornada de portas abertas nos Museos Científicos e na Torre de Hércules
  • Contacontos
  • Obradoiros
  •  Espectáculos
  •  Concertos… 

No arquivo axunto tedes toda a información, dispoñible tamén na web www.coruna.es/cultura

Ver Programa

12/05/2014

Patinaxe


Xa temos a data definitiva do Macroencontro de Patinaxe no Palacio dos Deportes de Riazor, será o martes 27 de maio de 16:00 a 19:00.
 
Lembrade que os nenos e nenas irán do colexio ás 16:00 no autobús ata o Palacio e volverán ao colexio sobre as 19:00. Teredes que firmar unha autorización coma a que vedes na imaxe para que poidan ir.

11/05/2014

XVIII Mostra de Actividades Culturais no Forum




Lembrade que esta semana, do martes 13 ata o venres 16 de maio, celebramos a XVIII Mostra de Actividades Culturais no Forum.


Comenzamos o martes 13 de maio coas actividades de Teatro, Ballet e Piano. Tamén da comezo ese día, e ata o final da Mostra, a exposición dos traballos de Manualidades e tamén os debuxos participantes no Concurso de debuxo de marzo.