Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2013

24 outubro - Folga

O xoves 24 de outubro, debido á convocatoria folga xeral no ensino, o funcionamento normal do colexio pode verse alterado. Haberá servizo de madrugadores e comedor, e tamén actividades extraescolares. Indicamos que o servizo de madrugadores e comedor funcionará coa maior normalidade posible, pero haberá un intercambio entre o menú do xoves e o do venres, de xeito o menú deses días quedará como segue: Xoves: Crema de verduras Hamburguesa casera con ensalada Fruta Vernes: Judías con chorizo Carne guisada con pasta Yogur

Folga Xeral no Ensino

XUSTIFICACIÓN AUSENCIA ALUMNOS/AS NA FOLGA DO VINDEIRO DÍA 24 DE OUTUBRO. Con relación á inasistencia a clase por parte do alumnado, o vindeiro día 24 de outubro, é de aplicación a Disposición final primeira da LOE, en cuxo punto 5 modifica o artigo 8 da LODE e o deixa coa seguinte redacción, que está plenamente vixente: "Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando teñan sido resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas ...

24 de outubro: Folga Xeral Educativa

Ver Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público

Programa Educasaúde

Este mes de outubro comenzou no noso centro educativo o Programa Educasaúde .   É un programa de prevención que pretende abordar o concepto de saúde dunha forma integral traballando pautas para fomentar unha conduta saudable, dirixido á infancia, adolescencia e mocidade desde tres aspectos fundamentais o físico, o psicolóxico e o relacional. O programa inclúe tamén ás familias como parte fundamental na transmisión destas condutas.   O dito programa contempla sesións para as nosas fillas e fillos , en horario de mañan, e tamén para as familias , hora e media pola tarde . Información sobre o programa e as datas das sesións para as familas .

Listen and Speak

O martes 15 de outubro dará comezo a actividade de Listen and Speak Xa está publicada na web de Educación a listaxe de admitidos. Aínda quedan tres prazas libres. A empresa encargada de impartir a formación facilitará información sobre o funcionamento do curso durante a primeira clase. Para máis información sobre o curso chamar ao teléfono 981 139 248 – ACTIVA IDIOMAS Listaxe de admitidos na actividade de Listen and Speak

Subvención comedor Curso 2011-2012

O mércores 16 de outubro , remata o prazo para recoller o cheque da subvención do comedor correspondente ao curso 2011-2012.  Non te esquezas! 

Consulta Cidadá pola Educación

ROGAMOS  A MAIOR DIFUSIÓN ENTRE TODAS AS COMUNIDADES EDUCATIVAS   Despois da recollida de sinaturas, folgas e mobilizacións en contra da Lei Wert, que marcaron o pasado curso e o esforzo das Comunicades Educativas, temos que dar comezo a éste co mesmo empeño: "PARAR A LOMCE" e a intención de destruir un modelo educativo de calidade e equidade. ESTÁ EN XOGO A EDUCACIÓN DO NOSO PAÍS. ESTÁ EN XOGO O FUTURO DAS NOSAS FILLAS E FILLOS. Entre as accións propostas está facer unha Consulta Cidadá pola Educación , na que vos agradecemos participar. A túa opinión conta! Participa!   Podes facelo nas mesas de consulta da túa zona ou ben en www.consultaciudadanaporlaeducacion.org   Haberá unha mesa no CEIP María Pita o mércores 9 e o xoves 10 de outubro de 16:15 a 18:15 , xunto á porta de entrada ás actividades dentro do recinto do colexio.

Natación

Hoxe da comezo a actividade de Natación . Lembrade que o autobus recollerá aos nenos na Ronda Camilo José Cela, onde paran os autobuses do colexio, sobre as 15:45, e voltará sobre as 17:45 máis ou menos. A actividade lévase a cabo na piscina do Club do Mar Información familias

Actividades do venres

Comezamos hoxe, venres, as seguintes actividades: Baloncesto Música e movemento Tenis Xadrez E hoxe tamén hai Ballet e POE , que xa tiñan comezado o martes. Lembrar que o martes 8 de outubro comeza Natación . Faltaría por comenzar a actividade de Listen & Speak , que ten previsto comezar o martes 15 de outubro . Estade atentos ao noso blog ou a paxina do concello para máis información. 

Día non lectivo

Lembrade que este ano o luns 7 de outubro é festivo na Coruña, polo tanto non haberá clase.

Actividades que comezan hoxe

Hoxe dan comezo as seguintes actividades, no seu horario habitual: Teatro Piano Manualidades Fútbol Ximnasia rítmica Ritmo POE

Comedor

Están a pasar os recibos de comedor e madrugadores do mes de setembro. Xa está o menú correspondente ao periodo de outubro a decembro. Menu

Actividades

Hoxe martes, dan comezo, no seu horario habitual, as seguintes actividades: Atletismo Baile Ballet Judo Obradoiro de inglés Patinaxe Piano POE Prepatinaxe Ata o martes 8 non comeza Natación Ata o martes 15 non comeza Listen & Speak