29 de out. de 2014

Actividade de Movemento (Adultos)


Este mércores 5 de novembro comenzará a actividade "Movemento" para adultos. 

Tratase dunha actividade para moverse un pouco de forma divertida. Será os luns e os mércores.

Comenzaremos sobre ás 18:30 ata as 19:30 horas e realizarase no ximnasio do colexio. 

Lembra vir con roupa cómoda, toalla e por suposto, que non falte a auga.

Aqueles pais e nais que o necesiten terán un servizo de monitor para os nenos, mentras están na actividade.

Ánimádevos!!!

28 de out. de 2014

Días non lectivos

Lembrade que este venres 31 de outubro non haberá clase, por ser o Día do Ensino en toda Galicia.

Ademáis o colexio colleu como día non lectivo o luns 3 de novembro. e tampouco haberá clase.

Voltaremos ás clases o martes 4 de novembro.

Podedes consultar neste blog no apartado Calendario Escolar o resto de días non lectivos para este curso.

Deixamosvos aquí o enlace as festas de Samaín/Halloween que se organizan nos centros cívicos da cidade, Festas

Feliz Ponte de Samaín!




27 de out. de 2014

Reunión excursión Fin de curso 6º Primaria. 2014-15


Se estades interesados en participar na excursión de Fin de Curso para este ano, teremos unha reunión este martes 28 de outubro de 2014 ás 17:30 no salón de actos do colexio.

25 de out. de 2014

Noite no colexio. Prazas esgotadas



Xa non quedan prazas para a Noite no colexio, pero se queres vir pasar unha mañá amena e divertida aínda podes inscribirte. 

Acércate este luns, 27 de outubro, polo local da ANPA e informarémoste.

21 de out. de 2014

16 de out. de 2014

O domingo... nova carreira

Xa tedes no blog de atletismo as novas sobre a carreira do domingo... Pinchade no enlace para saber máis.

III Carrera Popular Los Rosales





15 de out. de 2014

Consellos Escolares

A Constitución Española, no artigo 23 di o seguinte: .

"Los ciudadanos tienen derecho a participar en los asuntos públicos." Constitución Española, Artículo 23.

Deféndeo participando nos Consellos Escolares e esixe que estes sexan realmente democráticos.

13 de out. de 2014

Taller de ilustración para nenos de 5 a 12 anos na Biblioteca do Castrillón

A Bibiblioteca Municipal de Castrillón pon en marcha un ciclo de actividades baseadas na creatividade durante os sábados dos meses de outubro e novembro destinado a todos os públicos.

O vindeiro Sábado 18 de outubro para nenos de 5 a 12 anos teremos o obradoiro: "Pintamonas, elefantas e jirafas". A artista, María Lires ensinaranos como combinar o uso de técnicas mixtas ao redor da creación de personaxes do mundo animal. A partir dos nosos libros favoritos de animais, dámoslles vida aos seus personaxes a través de ilustración, colage ou volume.

Podedes inscribiros acudindo a Biblioteca do Castrillón 

6 de out. de 2014

Semana de mobilizacións pola Escola Pública

Dado o escenario actual derivado dos recortes continuados no ensino público e a atropelada implantación da LOMCE, animámosvos a participar a semana que ven na SEMANA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO. 

Agradeceríamos a vosa participación nun breve acto común, duns 20 minutos de duración, que consistirá nun abrazo simbólico ao:

CEIP Rosalía de Castro, Río Avía, s/n - 15007 A Coruña - Martes 7 de outubro ás 18:00

Tedes máis información no comunicado que achegamos. Grazas por adiantado pola vosa participación.

 

3 de out. de 2014

Ábaco Kids (3º a 6º Primaria)

Se estades interesados, temos información de que os centros CEIP Salgado Torres e CEIP Sal Lence, admiten alumnado doutros centros. É para alumnado de 3º a 6º Primaria.


O Programa do concello Ábaco Kids é un Programa de Desenvolvemento Mental para nenos de 8 a 12 anos (3º a 6º Primaria) polo que, mediante unha aprendizaxe entretida e divertida, experimentan melloras significativas no seu rendemento escolar. Será posto en práctica nos centros educativos por Aloha Mental Arithmetic.
Ademais, o Programa aporta unha serie de beneficios para toda a vida:
  • Operacións aritméticas con velocidade e precisión
  • Capacidade de concentración e atención
  • Capacidade de escoita e habilidade para a observación
  • Creatividade e capacidade de visualización
  • Memoria fotográfica e orientación espacial
  • Autoconfianza
  • Habilidades analíticas
Persoas destinatarias
Alumnado 3º a 6º de Primaria.
Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculados nel, sempre que sexa xustificada á súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.

Período de realización
Do 13 de outubro de 2014 ao 29 de maio de 2015
Horario
  • 2 horas á semana. En días alternos ou no mesmo día.
  • Dentro da franxa horaria de 16.00 a 18.00 h
Custo
A cota será de 15€ ao mes por participante.
  • O primeiro pago realizarase a principios de outubro, unha vez que sexa admitido no programa
  • A inscrición no programa inclúe os materiais necesarios para o seu desenvolvemento: materiais didácticos, ábaco, etc
Centros onde se oferta
  • CEIP Sagrada Familia
  • CEIP Curros Enríquez
  • CEIP Salgado Torres
  • CEIP Sal Lence
  • CEIP Eusebio da Guarda

Admitid@s en Listen & Speak

Publicouse na web de Educación do concello as listas de admitidos na actividade de Listen & Speak

Temos dous grupos ás 16:00 (3º e 4º Primaria), sen vacantes.

Temos un grupo ás 17:00 (5º e 6º Primaria), con duas vacantes

As clases comezan o martes 7 de outubro.

Ver listas

2 de out. de 2014

Campaña de Natación Escolar (3º e 4º Primaria)

Informámosvos de que o martes 7 de outubro dará comezo a actividade de Natación Escolar.

Deixámosvos aquí información con recomendacións para a actividade

Ver información


Listen & Speak