29 outubro, 2018

Asemblea Ordinaria de socios mércores 7 de novembro de 2018




Convócase aos socios da ANPA Xanela á Asemblea Ordinaria de socios, que terá lugar o mércore 7 de novembro de 2018 no salón de actos do CEIP María Pita ás 16:00 horas en primeira convocatoria e 16:30 horas en segunda, ca seguinte orde do día:

- Información reparto cheques beca comedor
- Consulta ampliación contrato empresa catering
- Problematica de espacio comedor, xestion lista de espara e medidas a adoptar.
- Preguntas e suxestións

Un saúdo

23 outubro, 2018

Noite no colexio 2018

Outro ano máis organizamos unha noite no colexio, será a noite do 9 de novembro

Podes inscribirte dende hoxe Martes 23 de Outubro no seguinte enlace, ou  no local da ANPA en horario habitual

Lembra que as prazas son límitadas.






05 outubro, 2018

Asamblea Extraordinaria de socios - COMEDOR


Convócase aos socios da ANPA Xanela á Asemblea Extraordinaria de socios, que terá lugar o
martes 9 de outubro de 2018 no salón de actos do CEIP María Pita ás 16:00 horas en primeira
convocatoria e 16:15 horas en segunda, ca seguinte orde do día:
  • Información dos servizos de Madrugadores e Comedor, por parte de Jardanay
  • Información cheques subvención comedor
  • Preguntas e suxestións

03 outubro, 2018

Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego"



Abrese un novo prazo de  inscrición dos centros e do alumnado para os obradoiros do 1º e 2º trimestres.

Os "Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego" é dunha actividade en horario extraescolar dirixida a escolares de 5º e 6º de E. Primaria e de carácter gratuito, para aprender a redactar un guión e gravar unha curtametraxe empregando como lingua vehícular o galego e co obxectivo é potenciar as competencias orais e escritas en lingua galega asi como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais.

En dúas sesións semanais dunha hora de duración, os períodos de realización son:
•          Primeiro trimestre (catro centros): do 10 de outubro de 2018 ao 14 de xaneiro de 2019
•          Segundo trimestre (catro centros): do 21 de xaneiro ao 12 de abril de 2019

E os horarios:
·         luns e mércores, de 16.00 a 16.50 h (xa cuberto no 1º trimestre)
·         luns e mércores, de 17.10 a 18.00 h
·         martes e xoves, de 16.00 a 16.50 h
·         martes e xoves, de 17.10 a 18.00 h (xa cuberto no 2º trimestre)

REQUISITOS:
Só poderán participar 4 grupos por trimestre, un por cada modalidade de horario. A adxudicación dos grupos farase por orde de chegada das solicitudes, sempre que se cumpra o requisito do mínimo do nº de alumnos/as.
Os grupos formaranse cun mínimo de 7 escolares e un máximo de 15. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de que non queden prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha lista de espera.

Precisamos que todos os nenos de 5º e 6º que esten interesados neste taller gratuito se poñan en contacto con nos indicandonos o horario e o trimestre nos que lle gustaría asistir, a data toda tope para formar os grupos sera o 8 de Octubre.