23 de feb. de 2016

Obxectos perdidos

Lembrade que este xoves, será o último día para recoller os obxectos extraviados no baúl de obxectos perdidos, xa que o venres levarase todo a unha institución benéfica. Hai moitas chaquetas, sudadeiras e abrigos...

16 de feb. de 2016

Copa de Rei de Baloncesto

 
COPA FAN ZONE MOVISTAR +
 
Os días 17, 18, 19, 20 e 21 de febreiro, EXPOCoruña acolle a zona lúdica. 
Máis de 10.000 m2 que aúnan baloncesto e diversión, con entrada totalmente gratuíta e actividades para todos os públicos, desde os máis pequenos ata os veteranos seguidores do baloncesto. 
 
Descarga as entradas que son gratuitas.Ver máis





 MINICOPA ENDESA 2016

O Coliseum da Coruña acollerá o domingo 21 de febreiro, ás 12:15 do mediodía, aos mellores infantís do país para competir pola final da Minicopa Endesa.

Por primeira vez, o torneo decidirase no mesmo recinto que se disputa a Copa do Rey, nunha mostra máis do crecemento dun campionato que cada vez atrae a máis afeccionados.

A entrada é gratuíta. Ven a gozar do baloncesto!

Descarga as entradas que son gratuitas.Ver máis

15 de feb. de 2016

Admisión de Alumnado para o curso 2016/17. Sesións de portas abertas


Para os pais e as nais de novos alumnos que estean interesados en coñecer o centro, o colexio fará dúas sesións de portas abertas:
  • Luns, 29 de febreiro de 16:45 a 17:45 h.
  • Luns, 7 de marzo de 16:45 a 17:45 h.

Máis información sobre o proceso de Admisión. Ver

Concurso de Debuxo'16

Outro ano máis convocamos o Concurso de Debuxo, para elixir o debuxo que representará ao colexio no concurso para a elección do cartel da XX Mostra de Actividades Culturais a celebrar do 11 a 14 de maio no Fórum Metropolitano.

O prazo para entregar os traballos remata o luns 29 de febreiro.
  • Poden participar todos os nenos e nenas do colexio de Ed. Infantil e Ed. Primaria.
  • O tamaño será DIN A-4
  • O tema do debuxo serán as actividades culturais que son propias da Mostra: Teatro, Ballet, Baile moderno e tradicional, Ximnasia rítmica, Aerobic, Zumba e por suposto as actividades musicais como Guitarra e Piano, tamén Cómic, Manualidades e Cociña... 
  • Os debuxos deben ser anónimos e non poderán ter materiais pegados. O gañador participará no concurso para a elección do cartel anunciador da Mostra, e de resultar gañador, se ten materiais pegados, non o poderían imprimir na imprenta...

Se hai algunha dúbida, podedes preguntarnos na ANPA.

Todos os traballos serán expostos na Mostra no Forum.

Animádevos e participade!!!

10 de feb. de 2016

Aberta a inscrición para o Campamento de Semana Santa

Despois do éxito do Campamento de Entroido no que se esgotaron as prazas, xa temos en marcha a inscrición para o Campamento de Semana Santa

Queda pouco máis dun mes para a Semana Santa, e que mellor maneira de que os vosos fillos pasen os 4 días non festivos (21, 22, 23 e 28 de Marzo) rodeados de amigos, cunha chea de xogos, obradoiros, unha excursión, e unha gran sorpresa...

Días: 21, 22, 23 e 28 de Marzo
Lugar: Instalacións do CEIP María Pita e CEIP Ramón de la Sagra
Horario: de 9:00 a 14:00 hroas, con opción de madrugadores e comedor coma sempre...
Prezo: 28€ Campamento Completo, 8€ día solto (10€ madrugadores, 20€ comedor, os catro días).
Descontos: 10%  Socios ANPA , 5% repetir campamento connosco e 10% segundo irmán

Coma sempre a inscrición farase na web de Serocio

Máis información

5 de feb. de 2016

Venres, 5 de Febreiro. Non haberá actividades e cambio no menú

Lembrade que hoxe non haberá actividades, xa que temos a Festa de Entroido. Será de 16.30 a 19:30 horas
A entrada farase pola porta que está ao lado do portón de coches e no patio interior do colexio (na U) estará o control de acceso. Aos nenos se lles poñerá unha pulseira e terán acceso aos espazos das festas e tamén á merenda. 

O desfile non comezará ata despois das 17:30 horas. A merenda está prevista sobre as 18 horas.

Non se permitirá a entrada con sprays nin petardos ao recinto.


Recibimos o aviso do cambio de menú para hoxe:

·         1º Plato: Ensalada Completa
·         2º Plato: Macarróns á boloñesa


E de Postre Orellas!!!




Lembrade que voltamos ás clases e ás actividades o xoves 11 de febreiro.


Feliz Entroido!!!



4 de feb. de 2016

Mañán no comedor, "postre de Entroido"

Dende Jardanay, a empresa de comedor, informannos de que mañá venres, o postre será especial. Deixamos aquí a nota informativa que enviaron:
Con motivo de la festividad del Carnaval en el día de mañana en lugar de yogur ofreceremos a los niños y niñas unas ricas orejas caseras.
Desde cocina intentaremos que todos los niños y niñas puedan disfrutar de las orejas. No obstante, dada la restricción de ciertos ingredientes en determinadas dietas, no podemos garantizar realizar las orejas para todos los tipos de dietas.
Saludos y Felices Carnavales!!!


Servicio de comedor
Jardanay S.L

 Feliz Entroido!!!