30 de abr. de 2014

Ponte de maio 2014



Lembrade que o venres 2 de maio non temos clase

Desfrutade da ponte!!!

Voltamos o luns!!!

Excursión Fin de Curso 6º Primaria



Xa queda pouco para que podades desfrutar da excursión!!!

Esta ponte será "distinta". Xa contaredes!!!

Dende aquí, queremos desexarvos unha boa viaxe e non dubidamos que o pasaredes moi ben

Boa viaxe!!!


29 de abr. de 2014

24 de abr. de 2014

10 de abr. de 2014

Novos blogs


Benvid@s!

Xa temos novos blog temáticos!

Neles poñeremos información sobre o tema, eventos, galeria de fotos... de Atletismo, Fútbol, Teatro e Xadrez.


Imos aproveitar estas vacacións para poñelos en marcha


Os enlaces a eles están na parte dereita do noso blog:


7 de abr. de 2014

Premios do Concurso de debuxo

Hoxe fíxose a entrega dos premios do Concurso de debuxo, celebrado no mes de marzo para escoller o debuxo que nos representaría no concurso para a elección do cartel da Mostra de Actividades Culturais que se vai celebrar en maio no Forum.
Premio 1º ciclo Primaria
Azucena (2º B)
Premio 2º ciclo Primaria
María (3º B)

Deixámosvos aquí unha imaxe dos traballos gañadores e un acceso as fotos que fixemos hoxe na entrega dos premios, que consistiron nun diploma para todos os participantes e para os gañadores de cada categoría un lote de 
produtos de debuxo. 




Premio 3º ciclo Primaria
Aitana (5º A)
Accésit
Sara Lijun (5º A)

Ao final, como a Mostra é de actividades culturais, foi elixido o cartel gañador do premio de 2º ciclo de Primaria para representarnos no concurso do cartel da Mostra.

3 de abr. de 2014

Resultado da Asemblea de socios

Na asemblea de socios que tivemos a semana pasada acordouse continuar coa empresa de cátering que temos este ano.

Neste mes de abril teremos unha reunión coa empresa para falar da organización do comedor para o curso que ven. Avisaremos con tempo da data da mesma.