16/02/2017

Festa de Entroido 2017



Xa temos as invitacións para a Festa de Entroido 2017, que este ano será o venres, 24 de febreiro de 16:30 a 19:30 horas. Podes recoller a túa invitación gratuita a partir do xoves 16 e ata o xoves 23 de febreiro, de luns a xoves de 16:15 a 18 horas, no local da ANPA.

Para poder recoller a invitación deberás estar ao día nos pagos.

Ven disfrutar cos teus fillos!!. Haberá discoteca, xogos, photocall, desfile de disfraces e o tradicional concurso de disfraces tanto para nen@s como para adultos. A porta de acceso ao recinto será a que está ao lado do portalón de entrada de coches, xunto ao colexio de xordos. (CEE Nosa Señora do Rosario)

Esperámoste!!!




O DÍA DA FESTA NON HABERÁ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 

NON SE VENDERÁN ENTRADAS NIN SE DARÁN INVITACIÓNS

13/02/2017

Admisión de Alumnado curso 2017/2018

Xornadas de portas abertas 


Para os pais e as nais que estean interesadas en coñecer o centro, o colexio fará dúas sesións de portas abertas para o novo alumnado:
  • Luns, 20 de febreiro ás 17:00 a 18:00 h.
  • Luns, 6 de marzo ás 17:00 a 18:00 h.




Familias de 6º Primaria

Lembrade que este mércores 15 de febreiro remata o prazo para presentar a solicitude de reserva de praza para o IES Otero Pedrayo. Pódese entregar ao titor/a ou na secretaría do centro.

07/02/2017

Hoxe é o #DíaInternetSeguro



Hoxe, coincidindo co Día da Internet Segura en España, nace Internet Segura for Kids (IS4K), o novo centro de Seguridade na internet para menores

Crease Internet Segura for Kids para que sexa o teu lugar de referencia para aprender a facer un bo uso da internet e transmitir esa aprendizaxe aos máis pequenos.


Esta é a súa presentación:

Hoxe é o día, ¡hola IS4K!, o teu novo Centro para a Seguridade en Internet dos menores

A tecnoloxía e Internet están a cambiar cada un dos ámbitos do noso día a día, e tamén o mundo que rodea aos máis pequenos. Xa sexa en casa, no colexio ou no seu tempo libre, as pantallas cada vez cobran máis protagonismo nas súas vidas. Este cambio supuxo avances extraordinarios no ensino, o entretemento ou a comunicación, pero tamén trouxo consigo algúns riscos dos que non sempre somos conscientes, e que ás veces non sabemos como afrontar.

Nós queremos formar parte dese cambio. Por iso, hoxe celebramos o Día da Internet Segura en España e presentámosvos Internet Segura for Kids (IS4K), o novo Centro de Seguridade na internet para menores en España, que xorde co propósito de promocionar o uso seguro e responsable da internet e as novas tecnoloxías por parte de nenos e adolescentes. Ademais, queremos axudar ás súas familias e educadores en todo o relacionado coa seguridade do devanditos menores na internet. 
Ver máis

02/02/2017

Suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (03/02/2016)

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 15 horas en adiante (aproximadamente) do venres 3 de febreiro de 2017, por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h que afectarán a toda Galicia.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .

Por todo o anterior, mañá, venres 3 de febreiro pola tarde, todas as actividades extraescolares serán impartidas nun espazo interior do centro