30 de set. de 2014

Comezo das actividades



Lembrade que o mércores 1 de outubro comezan as actividades extraescolares.

Se o voso fillo/a ten actividades ese día, podedes enviarlle unha nota para que no colexio e no servizo de comedor saiban a que actividades vai ir, sobre todo se é de Ed. Infantil

Este día comeza: Comic, Teatro, Manualidades, Piano, Fútbol, Ximnasia e Ritmo, ademais de Programa de Ocio Educativo (POE)

Bo comezo a tod@s!!!

26 de set. de 2014

VIII Coruña10. Carrera de menores

O domingo 5 de outubro, celebrarase a edición VIII de Coruña10.

A saída e chegada será no Paseo peatonal de O Parrote.

As inscricións (gratuítas) realizaranse a través do formulario da páxina web de la Federación Galega de Atletismo www.carreiras galegas.org, ata o 1 de outubro. Non  se admitirá ningún corredor/a sen estar inscrito nin sen o seu correspondente dorsal.

A recollida de dorsais poderá efectuarse: 
  • Venres 3 de outubro de 17.00 a 21.30 h.
  • Sábado 4 de outubro de 10.00 a 21.30 h.
Lugar: planta de deportes de El Corte Inglés (calle Ramón y Cajal).

Tamén poderase recoller o dorsal na zona de saida o domingo 5 de outubro ata 1h antes do comezo de cada proba. Por motivos organizativos, non se entregará ningún dorsal fora destes prazos.

Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías infantil, cadete e xuvenil, tanto en nenos como en nenas.

Nas categorías de pitufos, alevín y benxamín, todos os corredores recibirán unha medalla ao chegar á meta.


Carreras de menores nos seguintes horarios, categorías e distancias
categoría sexo horario ano de nacemento distancia
Xuvenil Masculino / feminino 12:00 Nados anos 1997/1998 2.600 m. aprox.
Cadete Masculino / Feminino 12:15 Nados anos 1999/2000 2.600 m. aprox.
Infantil Feminino 12:30 Nados anos 2001/2002 1.600 m. aprox.
Infantil Masculino 12:40 Nados anos 2001/2002 1.600 m. aprox.
Alevín Feminino 12:50 Nados anos 2003/2004 800 m. aprox.
Alevín Masculino 12:55 Nados anos 2003/2004 800 m. aprox.
Benxamín Feminino 13:00 Nados anos 2005/2006 800 m. aprox.
Benxamín Masculino 13:05 Nados anos 2005/2006 800 m. aprox.
Pitufos Masculino/Feminino 13:10 Nados ano 2007 e posteriores 150 m. aprox.

Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías infantil, cadete e xuvenil, tanto en nenos como en nenas.
Nas categorías de pitufos, alevín y benxamín, todos os corredores recibirán unha medalla ao chegar á meta.

Coruña 10

24 de set. de 2014

Presentación Nenoos

Onte os nosos nenos e nenas trouxeron un aviso para a presentación dunha posible actividade a realizar co colexio Ramón de la Sagra.

Será o xoves 25 de setembro ás 17:30 no Salón de actos do colexio.

Se estades interesad@s non vos esquezades.
http://www.nenoos.es/




18 de set. de 2014

Nota informativa do servizo de comedor


Calendario de reunións de pais e nais cos respectivos titores

Hoxe os nenos e nenas trouxeron a calendario de reunións de pais e nais cos seus respectivos titores nas aulas que lles corresponden. Estas reunións fanse sempre a principio do curso.

Deixámosvos aquí o calendario.

15 de set. de 2014

Resumo reunión actividades


 

Actividades extraescolares curso 2014-2015


Deixamos aquí os puntos a destacar da reunión do xoves sobre as actividades extraescolares:




  1. Actividades do concello: Ximnasia rítmica, Ritmo, Prepatinaxe, Patinaxe e Xadrez.
    • O prazo para formar grupo finaliza o 19 de setembro de 2014. É necesario ter 10 participantes en cada unha delas para formar grupo.
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo o formulario correspondente. O pago farase no momento de facer a inscrición.
    • Comezan o 1 de outubro de 2014 e finalizan o 29 maio de 2015, aínda que tentaremos como todos os anos que se prolonguen ata mediados de xuño.
  2. Natación escolar.
    • O prazo de inscrición finaliza o 19 de setembro de 2014.
    • Está dirixida a nenos e nenas de 3º e 4º Primaria. Levarase a cabo na piscina do Club do Mar os martes.
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo o formulario. O pago farase no momento de facer a inscrición. (53,47€).
    • Comezará o martes 7 de outubro de 2014 e finaliza o 26 maio de 2015.
  3. Programa de ocio educativo (POE)
    • O prazo para formar grupo finaliza o 19 de setembro de 2014. É necesario ter 10 participantes para formar grupo.
    • Está dirixido a nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria.
    • Lembrade que o horario diario é de 16 a 18 horas.
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo o formulario correspondente. O pago farase no momento de facer a inscrición.
    • Comeza o 1 de outubro de 2014 e finalizan o 29 maio de 2015, aínda que tentaremos como todos os anos que se prolonguen ata mediados de xuño.
  4. Listen & Speak
    • O prazo para formar grupo finaliza o 25 de setembro de 2014. É necesario ter 12 participantes para formar grupo.
    • Escolares dos centros educativos da cidade cursando 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
    • A inscrición farase na web de educación do concello (https://www.edu.coruna.es/coruna_educa_familias/listen_and_speak/), cubrindo o formulario correspondente. O pago farase por domiciliación bancaria (15€/mes) O pago farase trimestralmente. O primeiro pago realizarase a inicios de outubro, unha vez que sexa admitido no curso.
    • Comeza o 7 de outubro de 2014 e finalizan o 29 maio de 2015.
  5. Judo
    • Para anotarse e efectuar os pagos débese falar directamente co monitor da actividade.
    • O primeiro día te que federarse o neno/nena. O importe dese concepto O ANO PASADO foi de 22 € /ano.
    • A mensualidade, que ten descontos por irmáns, O ANO PASADO foi de 20 €/dous días a semana.
    • Comeza o 2 de outubro de 2014 e finalizan o 29 maio de 2015.
  6. Actividades da ANPA: Fútbol, Teatro, Manualidades, Obradoiro de inglés, Baile,  Ballet, Piano, Baloncesto, Atletismo, Tenis, Música e movemento, Yoga e Iniciación ao Cómic
    • O prazo para formar grupo finaliza o 29 de setembro de 2014.
    • Están dirixidas aos socios da ANPA (tamén do CEIP Ramón de la Sagra e CEE Nosa Señora do Rosario, que terán que pagar un seguro de 4€)
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo a ficha correspondente. O pago do mes de outubro farase no momento de facer a inscrición.
    • Comezarán o mércores 1 de outubro de 2014 e finalizan o 12 xuño de 2015.
    • Para darse de baixa débese vir polo local da ANPA e cubrir o formulario correspondente.
  7. Actividade da ANPA para adultos: Movemento
    • O prazo para formar grupo finaliza o 30 de outubro de 2014.
    • Está dirixida aos socios da ANPA (Os non socios deberán pagar un seguro de 4€).
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo a ficha correspondente. O pago do mes de novembro farase no momento de facer a inscrición.
    • Comezarán o mércores 5 de novembro de 2014 e finaliza o 11 xuño de 2015.
    • Para darse de baixa débese vir polo local da ANPA e cubrir o formulario correspondente.

11 de set. de 2014

Reunión actividades extraescolares


Lembrade que hoxe temos a reunión para presentar as actividades extraescolares que se desenvolverán neste curso 2014-15. Será ás 17:00 horas no Salón de Actos do colexio.

Podedes consultalas aquí

9 de set. de 2014

Comezo das clases!



Este mércores comenzan as clases e os servizos de madrugadores e comedor.

Bo comezo a tod@s!!!

Lembrade que o xoves teremos a reunión para a presentación de actividades.

Deixámosvos aquí o enlace ao menú de este mes de setembro.
No mes de outubro xa teremos o menú trimestral

Menú setembro

4 de set. de 2014

Listas provisionais do transporte escolar para o curso 2014-15



Xa tedes na web do colexio as listas provisionais do transporte escolar para este curso 2014-15.

Lembrade o prazo de reclamación a estas listas provisionais remata o día 8 de setembro e a lista definitiva publicarase o día 9.

As reclamacións faranse na secretaría do colexio en horario de 9 a 2.

O alumnado que non ten dereito a transporte e ten adxudicada praza, só disporá dela se non se matricula posteriormente un alumno/a con máis dereito.

Listas provisionais do transporte escolar. Curso 2014-15

1 de set. de 2014

Voltamos!!!



Xa estamos aquí de volta despois dun bo descanso!

Este será o noso horario de apertura do local antes do comezo das clases:
  • O martes 2 e mércores 3 de setembro de 11:30 a 13:00 horas
  • O xoves, 4 de setembro de 11:30 a 13:00 horas. Lembrade que este día, os pais e nais de 5º E.I. e 6º E.I., en horario de 12:00 a 13:00 horas, podedes traer o material á aula dentro dunha bolsa marcada co nome do neno.Se non se pode traer ese día, entregarase o 1º día de clase.
  • O venres, 5 de setembro de 11:30 a 13:00 horas. Lembrade que este día, os pais e nais de 4º E.I., terán unha reunión ás 12:00 horas.
  • O luns 8 de setembro de 16:30 a 17:30 horas

Lembrade que o mércores 10 de setembro comezan as clases e os servizos de madrugadores e comedor, e dende ese día estaremos no local co noso horario habitual de 16:15 a 18:00 horas (de luns a xoves)


O xoves 11 de setembro teremos unha reunión ás 17:00 horas para informarvos das actividades, que coma sempre darán comezo en outubro, para este curso entre outros temas.