27/01/2014

Olimpiadas 2014




Este xoves tivemos as Olimpiadas 2014, e houbo moita participación.

No seguinte enlace deixámosvos as fotos que se fixeron do evento, que posiblemente volvamos a organizar máis adiante

Ver fotos

08/01/2014

Voltamos das vacacións de Nadal



Ola a tod@s!
Feliz Ano!

Xa remantan as vacacións de Nadal... Esperamos que tod@s as desfrutasedes moito e tanto Papá Noel coma os Reis Magos vos deixaran uns agasallos a tod@s.

O xoves 9 de xaneiro voltamos á normalidade coa posta en marcha de todos os servizos: madrugadores, comedor e as actividades extraescolares que hai os xoves.

Para ir pouco a pouco afacéndonos de novo ás rutinas escolares, deixamósvos no seguinte enlace uns xogos coas tablas de multiplicar


Esperamos que tod@s teñades un bo regreso!

Lembrade que as seguintes vacacións son as de Entroido, do 3 ao 5 de marzo ;-)