30/08/2013

Comeza a volta ao cole

Xa estamos de volta!

Lembrade que antes do comezo das clases, estaremos no local da ANPA os seguintes días:
  • O xoves 5 e venres 6 de setembro de 11:00 a 13:00.
  • O luns 9 e martes 10 de setembro de 16:30 a 18:30.
Neses días podedes facer, entre outras cousas:

  • Renovar a cota de socio ou daros de alta. Para renovar necesitaremos o carne do ano anterior e foto actualizada, se fose necesario. No caso das altas necesitaremos que cubrades un formulario cos datos e unha foto do neno. En ambos casos a cota aboarase no momento. Lembrade que mantense a mesma cota que en anos pasados por familia de 25€, e 2 € por neno en concepto de seguro.
  • Solicitude dos servizos de madrugadores e comedor. Teredes que cubrir o formulario correspondente, no que ademais dos datos do neno e de contacto, deberedes consignar os datos da domiciliación bancaria. Ultimo día o luns dia 9 de setembro, se queredes comezar o servizo no mes de setembro.
  • Deixar os libros de texto que querades donar ao banco de libros.
  • Deixar prendas do uniforme, chandals e mandilóns no banco de uniformes.
  • Pedir calquera información que necesitedes.

Lembrade que as clases comezan o mércores 11 de setembro, e ese día xa haberá servizo de madrugadores e comedor.

Lembrade que o alumnado de novo ingreso de 4º E.I. ten un periodo de adaptación. Pinchade no seguinte enlace para ver máis información. Así mesmo recordarvos que tedes a reunión o día 6 de setembro ás 12 horas.


As actividades darán comezo o martes 1 de outubro.



 

19/08/2013

Actividades socioculturais Setembro-Decembro Centro Cívico Municipal de Monelos


Os días 2, 3 e 4 de setembro en horario de 10 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 ábrese o prazo de preinscripción das actividades de setembro-decembro do Centro Cívico Municipal de Monelos.

Nos outros centros cívicos da cidade tamén sairon as actividades para o mesmo periodo.




Actividades socioculturais setembro-decembro CCM de Monelos





Máis información nos centros cívicos, no 010 e webs municipales www.corunasolidaria.org e www.coruna.es

07/08/2013

Perseidas 2013



A  chuvia de estrelas Perseidas é un dos fenómenos astronómicos máis esperados do ano. O planeta Terra cruzase co rastro de asteroides do cometa Swift-Tuttle. Estes meteoritos chocan contra a atmosfera terrestre e provocan as chamadas “Lágrimas de San Lorenzo”.

En 2013, este fenómeno comezará o 17 de xullo e chegará ao seu fin o 24 de agosto. Cando se produce unha lúa chea, o ceo nocturno iluminase. Este brillo dificulta a visualización dos astros. Por elo, o calendario lunar é sempre un aspecto a ter en conta para observar as Perseidas.


Na noite do 12 de agosto a maior actividade meteórica será entre as 20.15 e as 22.45h. A chuvia de estrelas Perseidas 2013 alcanzará o seu punto máximo. Poderás contar ata 100 estrelas fugaces por hora. A lúa estará iluminada só nun 25%, o que favorecerá a visualización do fenómeno.