26 de nov. de 2015

Campamentos Nadal Ágora e Forum Metropolitano

 Incrición:
  • Inscricións: Do 30 De Novembro o 11 De Decembro, ambos incluídos
    • Nas conserxarías do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano, de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00h.
  • Prezo: 35 € por participante e quenda. Ampliación de horario: 5 €
  • Requisitos:Nacid@s entre o 1-1-2003 e 31-12-2011. Faranse grupos por idades.

Duración:
Os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro e 4 e 5 de xaneiro, con actividades de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
Realizarase unha pequena pausa de 11:45 a 12:00 para tomar un xantar, que traerá cada participante.
As familias que o desexen poderán solicitar a ampliación de horario de 9:00 a 10:00 h, no momento da inscrición.

25 de nov. de 2015

Campamentos Nadal Centros Cívicos

Os trípticos xa están nos centros cívicos.

25-N "Día Internacional contra a violencia de xénero"



O 25 de novembro de 2015, ás 20/20:30 horas, o movemento feminista galego convoca concentracións e manifestacións nas principais cidades de Galicia* con motivo do “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” para esixir que a loita contra a violencia machista sexa unha Cuestión de Estado.

A Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos, (CONFAPA-GALICIA), como colectivo que representa ás familias da escola pública galega e defende a igualdade e o respecto aos dereitos e liberdades fundamentais de toda a cidadanía así como os valores de solidariedade e tolerancia, adhírese a esta mobilización cívica e xunto ás súas organizadoras invita a toda a sociedade civil a que se sume á mesma xa que a erradicación da violencia machista e a violencia cara ás mulleres é unha cuestión que involucra a toda a sociedade. 23 de novembro de 2015

*Manifestacións:

  • COMPOSTELA, 20:30 h: desde a Praza 8 de Marzo 
  • VIGO, 20:00 h: desde a Farola de Urzáiz


*Concentracións:

  • A CORUÑA, 20:00 h: Obelisco
  • NARÓN, 20:00 h: Praza da Gándara
  • OURENSE, 20:30 h: Praza do Ferro.
  • PONTEVEDRA, 20:00 h: Praza da Peregrina.

23 de nov. de 2015

IV Circuito Coruña Corre - Equipo XANELA CORUÑA

IV Carreira Popular dos Rosales

Búscase o guepardo de Os Rosales, sabes onde atopalo? A IV Carreira Popular do barrio celebrarase o domingo 29 de novembro e suporá o inicio dunha tempada onde convivirán os aspectos lúdico e competitivo

Arrinca o prazo de inscrición remata este mércores 25 de novembro,  
Poderán inscribirse os nenos e nenas nados en:
  • Prebenxamín (2009-2010)
  • Menores (1999-2008)
E tamén os adultos: Adultos (1998 e anteriores)

Deixamos o enlace para facer a inscrición. Inscrición

Se queredes, podedes formar parte do noso equipo, para elo no campo club da inscrición poñede XANELA CORUÑA

19 de nov. de 2015

EXPOFIL LXXV


EXPOSICIÓN FILATÉLICA LXXV ANIVERSARIO DE RADIO NACIONAL DE ESPAÑA EN A CORUÑA

SITUACIÓN: Sala de Exposicións do Pazo Municipal da Coruña

DATAS: 19 – 29 de novembro

HORARIO: 12.00 h. – 14.00 h. e 18.00 h. - 21.00 h.

OBRADOIROS INFANTIS: Sábados de 18.00 h. – 20.00 h. (grupos de 20 nenos/as máximo 12 anos)

VISITAS GUIADAS: Domingos 12.00 h.

Máis información

 

18 de nov. de 2015

Preparación do Magosto



Lembrade que hoxe pola tarde comezaremos, a "picar" castañas para o magosto do venres. Son moitos quilos e necesitaremos cantas máis mans mellor...

Estaremos ata ás 18:00 máis ou menos

Teremos charlas e risas seguras!!!
Se hoxe non rematamos, seguiremos mañán!!!

Animádevos a participar!!!


13 de nov. de 2015

Resumo da reunión da excursión de 6º Primaria

Habilitouse unha nova páxina no blog onde iremos poñendo a información relativa a excursión.
A tedes no menú superior do blog.


Ahí tedes un resumo da reunión deste xoves. Ver

A próxima reunión será o xoves 26 de novembro ás 18 horas no salón de actos do colexio.

Animádevos a participar!!!

11 de nov. de 2015

Reunión excursión 6º Primaria

Se estades interesados en participar na excursión de Fin de Curso de 6º Primaria para este ano, teremos unha reunión este xoves 12 de novembro de 2015 ás 18:00 no salón de actos do colexio.

8 de nov. de 2015

Semana da Ciencia 2015


A Semana da Ciencia nos Museos Científicos da Coruña contará con entrada gratuíta aos seus tres centros (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) dende o luns 9 de novembro ata o domingo 16. Nestes sete días celebraránse as actividades especiales seguintes:
  • 13 de novembro. Storytelling: reinos de coral e imperios de xeo. O fotógrafo de National Geographic David Doubilet fará un percorrido visual polas historias publicadas nas revistas. Unha actividade de mobilización cidadá do proxecto europeo Sea for Society, liderado en España polo Aquarium Finisterrae, enmarcadas no Festival Mar de Mares. As 19.30 horas, na Domus.
  • 14 de novembro, na Domus. Obradorio de fotografía submarina: execución, producción e edición dunha reportaxe Baixo o mar. Impartido por David Doubilet e Jennifer Hayes. Actividade de mobilización cidadá do proxecto europeo Sea for Society, liderado en España polo Aquarium Finisterrae, enmarcadas no festival Mar de Mares. Prazas xa cubertas.
  • 14 de novembro. Actos de entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2015:
    • 11.00 horas. Domus. Presentación do libro “El encantador de saltamontes y otros ensayos sobre la historia natural de los parásitos”, Prisma ao mellor texto inédito en 2014.
    • 11.45 h. Proxección do vídeo : “Científicos del IRB Barcelona bailan por la investigación en cáncer, Alzheimer y diabetes”, Prisma de Bronce 2015.
    • 13:00 h. Entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación no Salón de Plenos do Excmo. Concello da Coruña.
  • 15 de novembro. Espectáculos da Ciencia na Domus. Do fotón ao led. Neste Ano da Luz e as tecnoloxías baseadas nela, este espectáculo de ciencia amosa experiencias abraiantes. Ver a través de materiais opacos, acender lámpadas sen fíos, utilizar láseres de gran potencia ou descubrir os segredos da maxia da invisibilidade son só algunhas delas.
Fonte: 

MC2 | NOTICIAS

MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES