29 de mar. de 2016

Estamos de estrea!

Esta Semana Santa, aproveitamos para facer unha obra que estaba pendente no comedor e hoxe os nosos nenos e nenas están desfrutando dela. 

O que se fixo foi pintar o espazo e o máis importante, conseguiuse reducir o ruido, mediante a colocación dun teito e uns paneis fonoabsorbentes. Ademáis ao baixar as luminarias tamén o espazo ten máis luz e o teito novo da sensación de orde e limpeza.

Esta foi unha das cousas propostas polos socios o curso pasado e que xa é unha realidade.

Esperamos que as medidas tomadas mellores a estancia no comedor dos nosos nenos e nenas, que era do que se trataba.






21 de mar. de 2016

Atletismo en pista. Xornada do sábado 19 de marzo

Xa temos os resultados da xornada de Atletismo en pista celebrada este sábado nas pistas da Universidade en Elviña.



Lembrade que a seguinte xornada será o 16 de abril en Ferrol.

Grazas a tod@s por participar!!!

Ver resultados 

20 de mar. de 2016

VI Carreira Popular Torre de Hércules

Ata o martes 29 de marzo está aberto o prazo para inscribirse na carreira da Torre, que terá lugar o sábado, 2 de abril ás 17:00 horas. 

Poden participar: Adultos, Menores (1999 ata 2008) e Prebexamín (2009 e 2010) 

Aínda que esteas inscrito no circuito, tes que facer a inscrición en cada carreira.

Recollida de dorsais: Frontón da Cidade Deportiva da Torre 
  • Venres 1 de Abril de 17.00 a 20.30 horas
  • Sábado 2 de Abril, dende as 11.00 horas ata unha hora do comezo das carreiras
Deixamos aquí o enlace para facer a inscrición: 

Felices Vacacións!!!

18 de mar. de 2016

Xogade. Atletismo en pista

Mañán, sábado 19 de marzo, terán lugar as probas de Atletismo en Pista para as categorías de Alevín e Benxamín.

As probas comenzan ás 10:00 horas nas pistas de Atletismo da Universidade da Coruña en Elviña.

Deixamos o horario porque houbo cambios



Entrega de Premios do Concurso de Debuxo'16

Hoxe entregáronse os premios aos participantes no Concurso de debuxo'16. O acto tivo lugar na biblioteca do colexio ás 12 horas.

Este ano houbo máis participación polo que estamos moi contentos.
Tamén participaron nenos e nenas de E. I.

Noraboa a todos os participantes!!!


8 de mar. de 2016

Cambio de menú para hoxe



 
Para o día de hoxe,  o menú viuse modificado, polo que os nenos e nenas poderán gozar do seguinte menú:

·         1º Prato: Sopa de fideos con verdura
·         2º Prato: Filete de polo con arroz e  salsa de tomate
·         Sobremesa: Melocotón en caldo de azucre

Esperamos que sexa do agrado dos nenos e nenas.

Lamentamos non haberlles podido informar antes.
Atentamente,
Servicio de comedor
Jardanay S.L

7 de mar. de 2016

Esta semana...


No apartado de Axenda semanal, tedes os eventos destacados da semana. Ver

Entre outros destancan:




  • Apertura do prazo para aboar o 2º prazo do pago da excursión de fin de curso de 6º Primaria. Importe: 120 €.  O prazo remata o 20 de marzo.




  • Xogade. Xadrez. 1ª Xornada local. Será o venres 11 de marzo de 18:30 a 21:30, no Salón de Actos de Elviña I.

1 de mar. de 2016

Actividades na Semana Santa nos centros cívicos para menores

"Rincón del juego en Semana Santa"

Dirixido a: menores entre 4 e 12 anos

Cando: os días 21/03/2016, 22/03/2016, 23/03/2016

Inscricións: do 01 de marzo ao 09 de marzo, ambos os incluídos

Horario: 10.00-13-00 horas

Prezo: 7,74€


Onde: a actividade realizarase nos seguintes centros cívicos:
Centro cívico Artesanos
Centro cívico Castrillón
Centro cívico Ciudad Vieja
Centro cívico Eirís
Centro cívico Elviña
Centro cívico Labañou
Centro cívico Mesoiro
Centro cívico Monelos
Centro cívico Monte Alto
Centro cívico Novoboandanza
Centro cívico Os Mallos
Centro cívico Palavea
Centro cívico Rosales
Centro cívico Sagrada Familia
Centro cívico San Diego
Centro cívico Santa Margarita
Centro cívico Pescadores



Requisitos:
  • Ter a idade requirida para a actividade no momento da preinscrición( entre 4 e 12 anos)
  • Realizar a pre-inscrición no prazo establecido no Centro Cívico no que queira asistir
  • Formalizar a inscrición e o pago da actividade no prazo establecido no caso dos/as admitidos/as na actividade .
Contacto: no centro cívico correspondente.

Ofertásese unha praza en cada grupo para menores con necesidades educativas especiais ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo, que contase con monitorado de apoio que non acometerá funcións médicas ou hixiénico sanitarias

Do luns a mércores de Semana Santa, terá lugar nos centros cívicos anteriormente mencionados, unha actividade lúdica dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, en horario de 11.00 a 13.00 horas

Os interesados deberán realizar a preinscrición no centro cívico no que queiran asistir, do 1 ao 9 de marzo, en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas

Sorteo: 9 de marzo, ás 20.15 horas

Publicación das listas de admitidos e de espera: 14 de marzo

Inscripcion e pago: 15,16 e 17 de marzo , en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas