15/03/2018

PUBLICACIÓN BECAS COMEDOR CURSO 2018/2019



Hoxe 15 de marzo de 2018, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019.
O prazo para solicitalas será do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).
As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Parece que as bases da convocatoria de bolsas de comedor que aparece na web municipal son as do ano pasado. Aquí podedes ver as bases que saen publicadas no BOP e que corresponden ao vindeiro curso.

13/03/2018

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 14 de marzo en Galicia


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores aos 100 km/h, que comezará nas primeiras horas do mércores día 14.03.2018 e prolongarase ata a tarde/noite de dito día. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
  •  A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas, con seguimento das condicións climáticas.
  • Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica podrá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)


As actividades que se ven afectadas no centro son:
  • Predeporte
  • Multideporte 
  • Futbol
Estas trasladaranse a instalacions interiores do centro, asi que se levarán a cabo con "normalidade"

07/03/2018

MOSTRA DE ACTIVIDADES FORUM METROPOLITANO – CONCURSO DEBUXO

Xa temos aquí TODOS debuxos participantes no concurso para a Mostra de Actividades do Forum Metropolitano.































Contos para construir Actividade Día da Muller en //Afundación


04/03/2018

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019



Xa esta dispoñible na web do colexio toda a information para a ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

Campacole de Semana Santa 2018








Informámosvos no CEIP Ramón de la Sagra, vaise ofertar Campacole de Semana Santa para escolares dese centro e do CEIP María Pita. Os días de campacole serán o 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril.

Este período de campamento é alleo ao convenio co Concello da Coruña, polo que as cotas teñen carácter xeral, para todos os escolares.

O Campacole desarrollarase no CEIP Ramón da Sagra sempre que cumpra as inscripcións mínimas.


As condicións de participación son as seguintes:

Campacole: de 10 a 14h: Cota de 25€ (mínimo 25 escolares)
Madrugadores: de 8.30 a 10h.: Cota de 5€ (mínimo 10 escolares)
Comedor: de 14 a 15.30h.: Cota de 20€ (mínimo 10 escolares)

Aquí podedes atopar o díptico de inscripción