Esta semana...

Bo día a tod@s!


Lembrade que este venres non haberá clase, xa que é festivo na cidade.

O luns comezaron as actividades extraescolares do curso 2016-17. Aquí tedes un pequeno resumo do comezo das actividades:

LUNS: Actividades novas como Crea e Constrúe comezaron con moita forza. Este ano conseguiuse grupo para Predeporte, tamén. Por suposto as clásicas seguen aí, agás Ritmo, que no se conseguiu formar grupo. Habería unha posibilidade, se estás interesado ven preguntarnos ;)

MARTES: Onte xa comezou Natación, Atletismo, Patinaxe, Hóckey, Francés, Judo e Listen and Speak..., pero perdemos Obradoiro de inglés, que despois de moitos anos, non se conseguiu formar grupo...
Tamén comezaba o Obradoiro de curtametraxe para os nenos e nenas de 6º Primaria, pero non houbo participantes. É unha actividade gratuíta do concello para o primeiro trimestre do curso. Se queredes vir, este xoves ás 17:10 esperámoste!

MÉRCORES: Hoxe tócalle a Robótica e Voley, como actividades novas deste curso. Esperamos que todo vaia ben!


Nesta primeira semana aínda estamos organizando as entradas e saídas das actividades e vos pedimos comprensión xa que son moitos nenos/nenas e poucos os que vimos axudar...

Xa tedes o menú de comedor no apartado correspondente. Ver menú