29 de xan. de 2018
PREMIO EDUCATIVO POLA IGUALDADE DE XÉNERO-CONCEPCIÓN ARENAL 2107
Xa o adiantaramos antes do nadal, pero aquí podedes ver o recoñecemente oficial do centro.
PREMIO EDUCATIVO POLA IGUALDADE DE XÉNERO-CONCEPCIÓN ARENAL 2107
9 de xan. de 2018
Fenómeno meteorológico adverso de NIVEL NARANJA, durante el día 10 de enero de 2018
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA, durante o día 10 de xaneiro de 2018, a partir das 9:00 ata as 19:00, por fortes rompes de vento, que afectarán as zonas de predición meteorolóxica Coruña Noroeste e Mariña Lucense.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
- A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR E EXTRAESCOLARES o día 10 de xaneiro de 2018 nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Coruña Noroeste e Mariña Lucense.
- Por parte da autoridade Educativa comunicarase este incidente ás direccións dos centros escolares, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverán os adversos.
- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112.
Aviso Xunta de Galicia
As actividades que se ven afectadas no centro son:
As actividades que se ven afectadas no centro son:
- Predeporte
- Multideporte
- Futbol
8 de xan. de 2018
Estamos de volta!!!
Estamos de volta!!!
Hoxe voltamos á rutina, con todos os servizos e actividades.
Xa tedes o menú de comedor para este trimestre no apartado de Menú Comedor. Ver
Lembrade que o noso horario de apertura do local é de 16:15 a 18 horas de luns a xoves.
Menú 2º trimestre Curos 2017-2018
Xa temos o menú do comedor para o 2º trimestre do curso.
Coma sempre, tendelo no apartado Menu Comedor do menú principal do blog.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)