24 de out. de 2016

Esta semana...


O mércores, 26 de outubro, as familias estamos convocadas a acompañar ao alumnado, (os nosos fillos e fillas), ao baleirado de aulas dos centros educativos galegos e do conxunto do Estado, contra as Reválidas, pola derrogación da LOMCE e a reversión dos recortes na escola pública. Ver máis
Xustificación de ausencia para o alumnado de primaria e 1º e 2º da ESO. Descargar

11 de out. de 2016

Reunión informativa sobre as reválidas

Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Púbico de Galicia

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca a toda a comunidade educativa (pais, nais, alumnado e profesorado) a concentrarse contra a LOMCE e as reválidas nas seguintes ciudades:

CIDADE                            HORA
A Coruña                          19.30h.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia amosa o seu rexeitamento absoluto á imposición das reválidas e reitera que non deixará de realizar actuacións conxuntas dentro dun marco global de loita pola derrogación da LOMCE e o resto de contrarreformas educativas, así como para lograr a reversión total dos recortes sufridos nos últimos anos. Animamos a toda a comunidade educativa galega a formar parte desta xornada de loita para acadar unha educación de calidade e de equidade.

Facemos un chamamento aos centros e ao profesorado para que as actividades que desenvolvan non supoñan un prexuízo para o alumnado que non asista ese día ás aulas.


NON ÁS REVÁLIDAS


10 PORQUÉS 

OU RAZÓNS 

PARA QUE 

NAIS E PAIS

FAGAMOS

FOLGA 

CONTRA AS REVÁLIDAS 

BALEIRANDO 

AS AULAS 

26 DE OUTUBRO.


10 de out. de 2016

Noite no colexio 2016

Outro ano máis organizamos unha noite no colexio.
Será a noite do 30 de outubro, con posterior campamento o día 31, que non haberá clase por ser o Día do Ensino.

Podes inscribirte dende hoxe, día 10 de outubro se eres socio
Lembra que as prazas son límitadas


7 de out. de 2016

Xornada divulgativa para pais e profesores sobre bo trato nas redes sociais


Asociación Participa e a Fundación María José Jove organizan 'Bo Trato nas Redes Sociais', unha xornada formativa dirixida a pais, nais, profesores e á sociedade xeral.

Trátase dunha iniciativa de Actúa, Programa Xuvenil de Conciencia Social Positivaque, na súa VI edición e baixo o título de enREDados 2016-17, centrarase en sensibilizar, formar e xerar un comportamento responsable dos mozos nas redes sociais.


Data: 15 de outubro de 2016
Hora: de 10.00h a 14.00h
Lugar: Fundación María José Jove. R/ Galileo Galilei nº6
Xornada gratuíta.
Prazas limitadas.
Información e inscricións: www.fundacionmariajosejove.org. Tf. 981 160 265

5 de out. de 2016

Esta semana...

Bo día a tod@s!


Lembrade que este venres non haberá clase, xa que é festivo na cidade.

O luns comezaron as actividades extraescolares do curso 2016-17. Aquí tedes un pequeno resumo do comezo das actividades:

LUNS: Actividades novas como Crea e Constrúe comezaron con moita forza. Este ano conseguiuse grupo para Predeporte, tamén. Por suposto as clásicas seguen aí, agás Ritmo, que no se conseguiu formar grupo. Habería unha posibilidade, se estás interesado ven preguntarnos ;)

MARTES: Onte xa comezou Natación, Atletismo, Patinaxe, Hóckey, Francés, Judo e Listen and Speak..., pero perdemos Obradoiro de inglés, que despois de moitos anos, non se conseguiu formar grupo...
Tamén comezaba o Obradoiro de curtametraxe para os nenos e nenas de 6º Primaria, pero non houbo participantes. É unha actividade gratuíta do concello para o primeiro trimestre do curso. Se queredes vir, este xoves ás 17:10 esperámoste!

MÉRCORES: Hoxe tócalle a Robótica e Voley, como actividades novas deste curso. Esperamos que todo vaia ben!


Nesta primeira semana aínda estamos organizando as entradas e saídas das actividades e vos pedimos comprensión xa que son moitos nenos/nenas e poucos os que vimos axudar...

Xa tedes o menú de comedor no apartado correspondente. Ver menú