29 de abr. de 2016
III Festival de Curtas Opera Prima 2016
O pasado martes, 12 de abril, celeboruse no Ágora o III Festival de Curtas Opera Prima 2016
O xurado outorgou os seguintes PREMIOS:
- MELLOR SON: O Desexo. Atrévete a xogar do CEIP Manuel Murguía
- MELLOR VESTIARIO: O Farsante do CEIP Wenceslao Fernández Flórez
- MELLORES OPERADORES DE CÁMARA E EFECTOS ESPECIAIS: Baño Suicidio do CEIP Raquel Camacho
- MELLOR REPARTO: Qué faría eu sen ti do CEIP José Cornide Saavedra
- MELLOR MAQUILLAXE E MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO: Bullying Vinganza do CEIP Anxo da Garda
MELLOR GUIÓN: Rescate no tempo do CEIP María Pita
- MELLOR DIRECCIÓN: Código secreto do CEIP Raquel Camacho
- MELLOR CURTAMETRAXE: Como escapar do colexio do CEIP Emilia Pardo Bazán.
O alumnado participante (86) recibiu un diploma da realización do obradoiro e un trofeo da Torre de Hércules para cada equipo, elaborado polo taller de cerámica “Kerámicos” da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM).
Noraboa a tod@s!!!
27 de abr. de 2016
Novas excursión fin de curso 6º Primaria

Lembrade que esta semana debedes facer o ingreso do que resta do pago da viaxe.
Xa non queda nada para que os nosos nenos e nenas desfruten dunha experiencia inolvidable!!!
25 de abr. de 2016
Xadrez. Xogade
O pasado sábado, o equipo Xanela participou na Xornada Intercomarcal de Xadrez do programa Xogade.
Acadamos un meritorio 3º posto
Noraboa a tod@s!!!
Acadamos un meritorio 3º posto
![]() |
Xanela (Alevín) |
![]() |
Xanela (Bexamín) |
22 de abr. de 2016
Publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2016-17
PRAZO DE RECLAMACIÓNS ÁS LISTAS PROVISIONAIS: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (ata o 28 de abril inclusive) ante o Consello Escolar do Centro
-Educación Primaria:
-Educación Infantil:
21 de abr. de 2016
XVI Rebumbio Matemático
O venres, día 22 de abril, o Fórum Metropolitano acollerá unha nova edición do Rebumbio Matemático e o día seguinte será o Palexco o que acolla a décima edición da Feira Matemática.
A fase zonal do XVI Rebumbio Matemático terá lugar na Coruña o 22
de abril no Fórum Metropolitano. Os 93 escolares estarán organizados en
31 grupos de tres alumnos cada un. Os centros participantes son A Grande Obra de Atocha, o colexio Montespiño, o colexio Internacional Eirís, o colexio Fillas de Xesús, Calasanz, Calasancias,
Salesianos, Dominicos, CEIP Víctor López Seoane, CEIP María Pita, CEIP
de Zalaeta, CEIP San Francisco Xabier, CEIP Sofía Casanova de Culleredo e CEIP Portofaro de Cambre, ademáis do CEIP Piñeiros, CEIP Almirante Juan de Lángara e CPR Sagrado Corazón de Ferrol, que tamén participarán na eliminatoria da Coruña.
Sorte aos nosos representantes!!!
Novidades no apartado de Fotos e vídeos 2015-16

Tamén temos dúas montaxes de Teatro do Grupo Cativos de Ed. Infantil
Pouco a pouco iremos subindo as fotos deste curso
Visitádeo!!!
20 de abr. de 2016
Campamento Verán 2016
Ata o 30 de abril os socios temos prazo especial para anotarnos no Campamento de Verán 2016
O Campamento levarase a cabo dende o 27 de xuño ata o 19 de agosto!!!
Ademáis hai descontos por ser socios, por irmáns, por semanas consecutivas, por repetir campamento este curso e por facer a inscrición antes do 20 de maio
A reunión informativa será o 31 de maio.
Inscrición: na paxina web de Serocio
O Campamento levarase a cabo dende o 27 de xuño ata o 19 de agosto!!!
Ademáis hai descontos por ser socios, por irmáns, por semanas consecutivas, por repetir campamento este curso e por facer a inscrición antes do 20 de maio
A reunión informativa será o 31 de maio.
Inscrición: na paxina web de Serocio
18 de abr. de 2016
Asemblea de socios

Ás 17:15 en 2ª convocatoria no salón de actos do colexio.
Orde do día:
1. Servizo de comedor e madrugadores curso 2016-17;
2. Reparto subvención de comedor curso 2014-15;
3. Rogos e suxestións
Ademáis faremos unha visita ás instalacións do comedor para que os socios poidan ver o resultado das obras levadas a cabo esta Semana Santa.
17 de abr. de 2016
Probas 3º e 6º Primaria
A Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña convoca unha reunión informativa na súa sede (Rúa Orzán, 21. - A Coruña) este xoves, 21 de abril, as 19:30 horas.
Asunto: Probas de 3º e 6º de primaria
Asunto: Probas de 3º e 6º de primaria
12 de abr. de 2016
8 de abr. de 2016
Campamentos Xunta de Galicia
Hoxe sae no DOG a orde pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016 e se procede á súa convocatoria.
Poden solicitar a súa participación nas
actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as
residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada
actividade.
En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2016, cómpre destacar o seguinte:
– Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
– Os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Ver DOG
7 de abr. de 2016
III Festival de curtas Ópera Prima 2016
O Festival é unha mostra das curtametraxes gravadas polo alumnado de 5º e
6º de E. primaria dos sete centros educativos da cidade que
participaron nos “Obradoiros de iniciación á curtametraxe en lingua galega”, coordinados e dirixidos por Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés.
No festival proxectaránse as oito curtas gravadas nos obradoiros. Será
presentado por Ramiro Neira, actor e monologuista. E contarase coa
actuación de gañadores e participantes do “VI Concurso de monólogos cómicos en lingua galega 2015”.
O alumnado participante (85) recibirá un diploma sobre a realización do obradoiro, expedido polo Concello da Coruña.
O III Festival de Curtas Ópera Prima 2016 terá lugar o martes 12 de abril de 2016 ás 20.00 h, no Ágora
Centros participantes e curtametraxe:
- CEIP Anxo da Garda: BULLYING VINGANZA
- CEIP Emilia Pardo Bazán : CÓMO ESCAPAR DO COLEXIO
- CEIP Manuel Murguía: O DESEXO. ATRÉVETE A XOGAR
- CEIP Raquel Camacho (2): BAÑO SUICIDIO e CÓDIGO SECRETO
- CEIP María Pita: RESCATE NO TEMPO
- CEIP José Cornide Saavedra: QUE FARÍA EU SEN TI
- CEIP Wenceslao Fernández Florez: O FARSANTE
6 de abr. de 2016
I Torneo de Basquet de colexios públicos da Coruña

Este sábado 9 de ABRIL, no pavillón de Ventorrillo, en xornada de tarde (dende ás 16 horas).
Consiste nun torneo organizado por diferentes Anpas de colexios públicos da cidade, e que busca que os nenos e nenas gocen dun día de Basquet con amigos.
Compítese por categorías, e necesitamos saber quen quere participar, polo que agradecemos que nolo comuniquedes antes do xoves 7 de Abril.
Consiste nun torneo organizado por diferentes Anpas de colexios públicos da cidade, e que busca que os nenos e nenas gocen dun día de Basquet con amigos.
Compítese por categorías, e necesitamos saber quen quere participar, polo que agradecemos que nolo comuniquedes antes do xoves 7 de Abril.
As categorías son as seguintes (necesítase un mínimo de 6 por categoría):
- BENXAMÍN: nacidos nos anos 2006-2007 masculino e feminino.
- ALEVÍN: nacidos nos anos 2004-2005 masculino e feminino.
- PREBENXAMIN: nacidos nos anos 2008-2009-2010 masc. e fem.
A proba e a inscrición é totalmente gratuíta. Ademais haberá merenda para todos os participantes de maneira gratuíta.
Non esquezades confirmarnos se queredes que os vosos hij@s queiran ir a este torneo, non é obrigatorio que estean inscritos na actividade de Basquet, aínda que estes teñen preferencia.
As únicas condicións son que sexan nacidos nos anos que poñemos arriba, que queiran pasalo ben e que os podamos inscribir na proba
En caso de calquera dúbida ou suxestión estamos á vosa disposición en www.serocio.com, no correo serociotl@gmail.com ou whatsapp ao 698130079
5 de abr. de 2016
Becas de comedor 2016-17
Hoxe martes 5 de abril de 2016, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016-17. Ver BOP
O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizarase nos Rexistros municipais.
A información e os impresos pódénse obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/ serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.
Aínda que gran parte dos requisitos e condicións manténse como en convocatorias anteriores, cómpre sinalar a principal, que é que tódolos centros públicos de infantil e primaria (CEIP), secundaria (IES) e de educación especial (CEE, sexa cal sexa a súa titularidade), teñen cobertura TOTAL do coste do seu comedor escolar. Inclúese polo tanto o IES Elviña (o único con comedor) e o CEE Ntra. Sra. de Lourdes-Aspronaga, centro de educación especial concertado.
O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizarase nos Rexistros municipais.
A información e os impresos pódénse obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/
Aínda que gran parte dos requisitos e condicións manténse como en convocatorias anteriores, cómpre sinalar a principal, que é que tódolos centros públicos de infantil e primaria (CEIP), secundaria (IES) e de educación especial (CEE, sexa cal sexa a súa titularidade), teñen cobertura TOTAL do coste do seu comedor escolar. Inclúese polo tanto o IES Elviña (o único con comedor) e o CEE Ntra. Sra. de Lourdes-Aspronaga, centro de educación especial concertado.
Teléfono do Programa municipal de traballo con familias
Tfno: 981 18 42 00, ext 33040
Tfno: 981 18 42 00, ext 33040
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)