Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Púbico de Galicia

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca a toda a comunidade educativa (pais, nais, alumnado e profesorado) a concentrarse contra a LOMCE e as reválidas nas seguintes ciudades:

CIDADE                            HORA
A Coruña                          19.30h.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia amosa o seu rexeitamento absoluto á imposición das reválidas e reitera que non deixará de realizar actuacións conxuntas dentro dun marco global de loita pola derrogación da LOMCE e o resto de contrarreformas educativas, así como para lograr a reversión total dos recortes sufridos nos últimos anos. Animamos a toda a comunidade educativa galega a formar parte desta xornada de loita para acadar unha educación de calidade e de equidade.

Facemos un chamamento aos centros e ao profesorado para que as actividades que desenvolvan non supoñan un prexuízo para o alumnado que non asista ese día ás aulas.