26 de xuño de 2015

Horario semana do 29 de xuño ao 3 de xullo


Está semana abriremos o local os seguintes días:

  • Mércores 1 de xullo: 16:30 a 17:30
  • Xoves 2 de xullo: 16:30 a 17:30

Seguiremos informando dende o blog,  a páxina do Facebook e polo Twitter.

Feliz verán!!!

22 de xuño de 2015

Revista 2014-2015




Xa está na web do colexio o novo número da revista
"As nosas letras" correspondente a este curso que está a rematar.

Desfrutade dos traballos d@s nos@s nen@s!!!

Ir á revista

21 de xuño de 2015

Horario: semana do 22 ao 26 de xuño


Rematarón as clases, pero nos continuamos co traballo

Esta semana abriremos o local da ANPA os seguintes días:
  • Luns 22 de xuño: 16:30 a 17:30
  • Xoves 25 de xuño: 16:30 a 17:30



Poderedes facer as seguintes xestións:
  • Renovación e alta de socios
  • Renovoación e alta de servizos: madrugadores e comedor
Banco de libros:
  • Devolver os libros que tivechedes este curso en calidade de préstamo.
  • Facer novas doazóns de libros.
  • Solicitar libros do banco.
Banco de uniformes:
  • Facer novas doazóns de roupa, tanto de uniforme como de chandal.
  • Solicitar roupa do banco.

18 de xuño de 2015

Libros de texto. Solución, xa!

Xa foron presentados por rexistro dous documentos dirixidos á Valedora do Pobo e de novo á Consellería denunciando a situación na que estamos ao remate do Curso, producida polas Ordes que regulan as axudas para a adquisición de libros de texto e os fondos solidarios dos Centros.

Ante a inoperancia da Consellería e a falta de respostas que solucionen o caos e o abandono nos que nos vemos inmersos as familias e os equipos directivos, unímonos áFederación Provincial de ANPAS que promove a seguinte medida que terá éxito coa participación das familias:

CONCENTRACIÓN EN TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS O VENRES DÍA 19 Á HORA DE ENTRADA DO ALUMNADO

Moitas grazas e esperamos a participación de todos e todas nesta iniciativa.