Esta semana...

  • Xa temos candidaturas de nais e pais para que non se perda a representación de nais e pais no Consello Escolar. Grazas aos que vos presentades!! 
  • Esta semana podes informarte sobre o Consello Escolar, que é, a quén podes votar e como tes que facelo. Lembrade vir votar o luns próximo, día 21 de novembro de 17 a 20 horas. Participa!!
  • Segundo nos comunican, as actividades que os martes se impartían no CEIP Ramón de la Sagra, a partir do martes, 15 de novembro, e ata que rematen as obras no seu colexio, levaranse a cabo no noso colexio.
  • O venres temos o tradicional Magosto e toca preparar na casa c@s nos@s fill@s os castañeiros. Botádelle imaxinación e traballade todos xuntos en familia para que sexa o mellor castañeiro. Haberá premios e exposición dos mesmos. Sorte!!