Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2013

Macroencontro de patinaxe 2013 - Palacio dos Deportes de Riazor

O martes 28 de maio teremos o Macroencontro de patinaxe 2013 no Palacio dos Deportes de Riazor. Lembrade traer a vestimenta que vos toca en cada grupo. Qué ben nolo imos pasar! O autobús recolleranos no colexio ás 16:00 horas e voltaremos sobre as 19:00 horas. Arredor das 16:30 dará comezo o Macroencontro. E despois de ver a as actuacións de todos os participantes do día, farase a tradicional entrega de medallas.  No seguinte plano poden verse os accesos para os espectadores e para os patinadores. As zonas marcadas estarán destinadas aos autobuses.

Borrador Calendario Escolar Curso 2013-2014

Para os que necesiteis saber maís o menos cando comeza o curso escolar 2013-2014, xa aparece pola rede un borrador do Calendario Escolar do curso que ven. Para  Ed. Primaria e 2º ciclo de Ed. Infantil as clases darán comezo o mércores 11 de setembro de 2013 e finalizarán o venres 20 de xuño de 2014, ambos os dous inclusives . O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos, e non se poderá prolongar con posterioridade ao 20 de setembro de 2013 .   Para a ESO, Bacharelato e Formación Profesional as clases darán comezo o luns 16 de setembro de 2013 e finalizarán o venres 20 de xuño de 2014. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade. Lembrade que aínda é un borrador . Borrador Calenda...

Ampliación da vixencia dos libros de texto

Segundo aparece publicado na web de Educación da Xunta de Galicia: "A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ampliará de 4 a 6 anos a vixencia dos libros de texto e materiais curriculares, unha medida de apoio ás economías familiares no difícil contexto actual. Desta forma o departamento educativo da Xunta de Galicia dá pulo á política social que mantén respecto da adquisición por parte das familias dos manuais escolares, fundamentada nas bases do programa de ‘Gratuidade Solidaria’, o que ofrece ás nais e pais unha das axudas máis altas de todo o Estado para a compra destes materiais. O período de vixencia de seis cursos académicos será de aplicación a partir do vindeiro curso 2013/2014, procurando adiar o cambio de libros ata a aprobación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que podería introducir modificacións nos currículos. A permanencia dos mesmos libros de texto no centro durante unha etapa prudencial contribúe a ...

Encontros de Patinaxe 2013

O Encontro de patinaxe que se ía celebrar no colexio o xoves 16 de maio posponse, por mor da chuvia. Será a próximo xoves 23 de maio de 16:00 horas ata as 18:00 horas no noso colexio. Virán os nenos e nenas dos CEIP Manuel Murguía, CEIP Salgado Torres e CEIP Zalaeta. Se o tempo tampouco o permite celebrar, ese día haberá unha sede alternativa. Pasadeo ben!

Ponte das Letras Galegas

Lembrade que non haberá clase nin o venres ni o luns. Este venres, 17 de maio , Día das Letras Galegas , lembrade que é festivo en toda Galicia Ademais no noso colexio non será lectivo o luns 20 de maio, e dicir, voltamos ás clases o martes .

TALLER "PREVENCIÓN DEL USO PROBLEMÁTICO DE INTERNET"

Á luz dos datos estatísticos e clínicos sobre a utilización que os menores fan de Internet é necesario plantexarse en qué medida somos parte da solución á hora de protexer aos nosos menores dos riscos das redes sociais en particular e de internet en xeral. Ante esta realidade social, familiar e escolar dende o Concello da Coruña e a Asociación ADAFAD, e no marco das actividades que conxuntamente veñen desenvolvendo, convocamoslles a participar na seguinte actividade: As inscricións poderanse realizar a través da web ADAFAD ou no teléfono 981.22.69.26. ·          Mércores, 29 de maio: obradoiro especificamente dirixido a pais e nais no que profesionais de Adafad traballarán os contidos necesarios para diminuír os riscos asociados o mal uso de internet. Taller ADAFAD de Prevención Familiar A Coruña, miércoles 29 de Mayo de 2013 (Centro Sociocultural Novacaixagalicia, Cantón Grande 21-23, 15003 A Coruña) Programa 17:30: ...

Folga Xeral no Ensino, 9 de maio de 2013

Manifestación pola tarde  ás 19,30 na Praza da Palloza (diante da Fábrica de Tabacos). Un saúdo e tod@s á folga.

XVII MOSTRA DE ACTIVIDADES CULTURAIS 2013

Os participantes deberán acudir pola súa conta ao FORUM e estar no vestíbulo do mesmo a hora que se lles indique.  A ANPA Xanela participará tanto na Exposición permanente ( Manualidades ), como coas actuacións dos seguintes grupos:  Mércores 8: Ritmo e Ximnasia rítmica :  Actuarán no bloque das 17:00 horas. Os participantes terán que estar media hora antes do inicio do bloque. Vestiario : Camiseta branca pagada ao corpo sen debuxo. Leggings de cor negra. Coleta alta e se non é posible un peiteado que deixe a cara despexada.  Teatro :  Grupo CATIVOS (Ed. Infantil) e PICARIÑOS(1º ciclo Ed. Primaria) :  Actuarán no bloque das 18:00 horas. Os participantes terán que estar media hora antes do inicio do bloque.  Vestiario: O que lles indicou a monitora da actividade.  Grupo PICAROS (2º e 3º ciclo de Ed. Primaria) :  Actuarán no bloque das 19:00 horas. Os participantes terán que estar media hora antes do inic...

XVIII Día da Ciencia na Rúa

Centos de estudantes e profesores de 24 centros educativos, así como membros de numerosas entidades encherán con actividades as carpas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias. CANDO E ÓNDE Sábado 4 de maio de 2013 Parque de Santa Margarida. A Coruña De 11 da mañá a 7 da tarde DESCARGA Programa completo (PDF, 6.2 MB) Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse ao Día da Ciencia na Rúa cunha xornada de portas abertas desde as 11 da mañá. XVIII Día da ciencia na rua