Esta semana...

 
  • Hoxe finaliza o prazo para a inscrición nas actividades do Concello a través da Federación de ANPAs
  • A partir de hoxe os nenos e nenas do CEIP Ramón de la Sagra, pode anotarse nas actividades que se realizan no noso colexio, e tamén os nosos nenos e nenas poden anotarse nas actividades que se desenvolven no CEIP Ramón de la Sagra. A única condición é ser socios da ANPA do seu colexio e pagar o seguro correspondente. Haberá servizo de recollida para facer o traslado dun colexio ao outro


  • Hoxe tamén hai reunións cos titores para os seguintes cursos:
    • 1º Primaria, ás 16 horas
    • 3º Primaria, ás 17 horas
    • 5º Primaria, ás 18 horas
 Esta semana abriremos no noso horario habitual, de luns a xoves de 16:15 a 18 horas.