29 de xan. de 2016
Novas sobre a excursión de 6º Primaria
As rifas poderán recollerse o mércores, 3 de febreiro de 2016 de 17:00 a 18:00 horas. Acercádevos polo local da ANPA co resguardo da transferencia.
28 de xan. de 2016
Festa de Entroido. Venres, 5 de febreiro
Os socios poderán recoller as invitacións no local da ANPA, no seu horario habitual (luns a xoves de 16:15 a 18:00 h), dende o xoves 28 de xaneiro ata o xoves 4 de febreiro ás 18:00 h.
25 de xan. de 2016
Festas de Entroido nos Centros Cívicos
Ademáis da nosa tradicional Festa de Entroido, que terá lugar no colexio o venres 5 de febreiro (estamos ultimando o cartaz e máis cousas) tedes outras festas nos centros cívicos cercanos ao colexio.
CENTRO CIVICO ELVIÑA

CENTRO CIVICO MONELOS
CENTRO CIVICO SAN DIEGO
CENTRO CIVICO MESOIRO
CENTRO CIVICO ELVIÑA
- FESTA INFANTIL DE ENTROIDO. 3 DE FEBREIRO, AS 18.00 HORAS. RECOLLER INVITACIÓN NO CENTRO CIVICO A PARTIR DO 22 DE XANEIRO.

CENTRO CIVICO MONELOS
- FESTA INFANTIL DE ENTROIDO. 5 DE FEBREIRO, AS 18.00 HORAS. RECOLLER INVITACIÓN NO CENTRO CIVICO A PARTIR DO 27 DE XANEIRO.
CENTRO CIVICO SAN DIEGO
- FESTA INFANTIL DE ENTROIDO. 3 DE FEBREIRO, AS 17.30 HORAS. RECOLLER INVITACIÓN NO CENTRO CIVICO A PARTIR DO 25 DE XANEIRO.
CENTRO CIVICO MESOIRO
- FESTA INFANTIL DE ENTROIDO. 5 DE FEBREIRO, AS 17.30 HORAS. RECOLLER INVITACIÓN NO CENTRO CIVICO A PARTIR DO 28 DE XANEIRO.
- FESTA INFANTIL DE ENTROIDO. 8 DE FEBREIRO, AS 17.30 HORAS. RECOLLER INVITACIÓN NO CENTRO CIVICO A PARTIR DO 29 DE XANEIRO.
- FESTA INFANTIL DE ENTROIDO. 8 DE FEBREIRO, AS 18.00 HORAS. RECOLLER INVITACIÓN NO CENTRO CIVICO A PARTIR DO 28 DE XANEIRO.
22 de xan. de 2016
Comunicación sobre o tema das Actividades de POE, Deporte no Centro
A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña,
INFORMA:
As actividades de POE, Deporte no Centro e Luditarde, que xestiona esta Federación en colaboración coas ANPAs do municipio, dependen en gran medida da renovación anual dun convenio co Concello da Coruña.
Este ano, os orzamentos están pendientes de aprobación por mor da falta de acordo dos grupos municipais. Porén e, aínda que todas as forzas políticas coinciden en apoiar a continuidade deste convenio, incluso a súa mellora, a día de hoxe non temos asegurada a financiación nin a continuidade das actividades.
Xa mantivemos conversas con todas as formacións políticas, estudando diversas opcións, e temos pendente unha xuntanza co alcalde a vindeira semana, que esperamos remate cun compromiso que garanta a continuidade dos programas.
Tentaremos por todos os medios atopar unha solución o antes posible, para solventar a situación de todas as familias e traballadores afectados, sempre no ánimo de manter os programas. As Anpas, as familias e as nenas e nenos, precisamos dese Convenio co Concello tan importante para a Escola Pública da nosa cidade, o cal permite que as actividades extraescolares cheguen a todo o mundo independentemente dos seus recursos económicos e socias, e que cumplen en moitísimos casos cunha función importantísima como é a conciliación familiar e laboral.
Manterémosvos informados das novidades e acordos aos que cheguemos.

19 de xan. de 2016
Asemblea Extraordinaria de Socios
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS
Pola presente convócase unha asemblea extraordinaria de socios a celebrar o xoves, día 21 de xaneiro de 2016 no Salón de actos do colexio ás 17:45 horas en primeira convocatoria, 18:15 en segunda coa seguinte Orde do Día:
Un saúdo,
Ana Isabel Sanclaudio Luhía (Vicepresidenta)
A Coruña, 19 de xaneiro de 2016.

- Información sobre a problemática actual do convenio de actividades do Concello da Coruña (Deporte no centro (Ximnasia, Ritmo, Patinaxe e Prepatinaxe e Xadrez), POE e Listen & Speak)
Un saúdo,
Ana Isabel Sanclaudio Luhía (Vicepresidenta)
A Coruña, 19 de xaneiro de 2016.
Campamento de Entroido
Continua a inscrición no Campamento de Entroido que se vai celebrar no colexio o luns 8 e mércores 10 de febreiro de 2016.
A inscrición farase na web de Serocio (serocio.com)
A inscrición farase na web de Serocio (serocio.com)
15 de xan. de 2016
Novas Excursión

Máis información no apartado adicado á mesma no blog. Ver máis
11 de xan. de 2016
Cambio de menú. Martes 12 de xaneiro
- 2º Prato: Substitúese o "Filete de Atún con arroz e salsa de tomate" por "Guiso de Bacallau"
6 de xan. de 2016
Voltamos!

Vainos costar, como aos nenos e nenas, pero estaremos!!!
No apartado Menú Comedor tedes o menú do trimestre.
Bo comezo a todos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)