23 de maio de 2017

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18


Xa estan dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos na paxina do Colexio 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18


PRAZO DE MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño

Axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.

Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos

O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial

A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros

Mais información Xunta de Galicia

Información proporcionada polo Colexio María Pita


18 de maio de 2017

Exhibición de teatro

O próximo Mercores 24 de Maio, teremos a exhibición dos nenos de teatro no cole. Para que todos os pais poidan desfrutar das obras nas que os nenos estiveron traballando durante todo este curso.

Os horarios serán os seguintes:
  • 16:30
    • Cativos, o grupo dos pequenos de Infantil
    • Picaros, o grupo dos  maiores de Primaria
  • 17:30
    • Picariños, o grupo dos medianos de Primaria
    • Picaros, o grupo dos maiores de Primaria.
Estos son os horarios para ver as representacións pero os nenos terna que vir no seu horario normal das actividades, agas o grupo de maiores que debe vir as 16:00 en lugar de as 17:00.

Esperamosvos a todos para desfrutar do traballo destos artistas....

15 de maio de 2017

IMPORTANTE. Cambio de data Festa da Familia.

XA TEMOS O NOVO CARTEL!!!!



Como xa vos informamos, debido á previsión de chuvia para o mércores 17 de maio a FESTA DA FAMILIA cambia de data para o domingo 21 de mayo


Podes mercar a túa entrada ata o xoves 18 de maio



Animádevos e vinde a participar!!

IMPORTANTE. Cambio de data Festa da Familia

Debido á previsión de chuvia para o mércores 17 de maio a FESTA DA FAMILIA cambia de data para o domingo 21 de mayo

Podes mercar a túa entrada ata o xoves 18 de maio

Anímate e ven participar!!

Festa da familia

Ainda estades a tempo para comprar a vosa entrada!!!! Non a podedes perder!!! 



Siguen a venda hoxe no local da Anpa,  no horario habitual.

13 de maio de 2017

Campionato Provincial de Xadrez.

As rapazas do equipo Alevín Femenino proclamáronse hoxe, 13 de Maio de 2017 en Noia, CAMPIOAS PROVINCIAIS DE XADREZ na sua categoria.



Noraboa campioas!!!!!!

10 de maio de 2017

ACTULIZACION: Suspensión Miércoles Forum XXI Mostra de Actividades Culturais

Finalmente supendense definitivamente as actuación dos nosos nenos, previstas para hoxe MÉRCORES 10 de maio no Forum Metropolitano. Intentouse recolocalas para o sabado pero foi imposible por temas de disponibilidade dos monitores e dos propios nenos.

Polo que a represencación da ANPA Xanela na  XXI Mostra de Actividades Culturais, queda da seguinte maneira.



Como xa se vos foi avisando o largo da tarde de onte, hoxe levaranse a cabo todas as actividades extraescolares no seu horario habitual.

Desculpade a molestias e esperamos que o proximo ano poidan participar todos os nenos.

9 de maio de 2017

Suspensión Miércoles Forum XXI Mostra de Actividades Culturais

Debido aos dous días de loito decretados polo Concello, suspéndense as actuacións da Mostra de Actividades de mañan MÉRCORES, 10 de maio.

Só afecta ao mércores. Xoves, venres e sábado haberá Mostra normal.

Ese día, que é mañá, haberá clase normal de Teatro, Ximnasia Ritmica e Guitarra. O resto de actividades que  de actividades involucradas estan por confirmar, manteremosvos informados.

Esta por perchar a data na que se realizará a mostra desas actividade, iremos actulizando segun vaiamos tendo informacion.

Desculpade a présa.

5 de maio de 2017

Información Completa XXI Mostra de Actividades Culturais


Xa está dispoñible a información completa da XXI Mostra de Actividades Culturais, aqui vos dixamos dous enlaces de interes

4 de maio de 2017

HORARIOS MOSTRA DE ACTIVIDADES FORUM METROPOLITANO



DEIXAMOSVOS OS HORARIOS DAS ACTUACIONS DOS NOSOS NENOS NO FORUM METROPOLITANO.





AS PERSOAS QUE VAIAN VER A ACTUACIÓN TERÁN QUE ENTRAR ANTES DA HORA DE COMENZO DO BLOQUE AUDITORIO E NON PODERÁN SAIR ATA O REMATE DAS ACTUACIÓNS DO BLOQUE COMPLETO.

DIRECTIVA ANPA XANELA

3 de maio de 2017

Conclusións Asemblea Extaordinaria de socios

Na Asemblea Extaordinaria de socios, que tuvo lugar hoxe mércores 3 de maio de 2017 no salón de actos do CEIP María Pita para tratar o tema da Subvención comedor curso 2015-16, chegouse o acordo por unanimidade dos presentes de proceder o reparto da subvención entre os usuarios do comedor durante o curso 2015-2016.

O reparto da subvención farase por medio de cheque bancario, que se podera recoller no local da ANPA dende o Luns 8 de Maio ata o Xoves 8 de Xuño, no horario habitual  (16:15 a 18 horas de luns a xoves). Importante, Todos os cheques que non se retiren entre estas datas, pasaran a formar partes dos fondos da ANPA.



2 de maio de 2017

Axenda semanal

Esta semana temos unha axenda cargadiña: 



  • Martes, 2 de Maio
    • Festa da Familia: Arrancamos a venda de entradas para a festa da familia que se celebrará o 17 de Maio no cole. As entradas estarán a venda no local da ANPA ata o Luns 15 de Maio
  • Mércores, 3 de Maio
  • Vernes, 5 de Maio
  • Sábado, 6 de Maio
    • Dia da Ciencia na Ruacelebrase na cidade o DIA da CIENCIA na RÚA, un dia para aprender e pasalo xenial.