28 de abr. de 2017

Cambio de menú para os días 2 e 3 de Maio

Para a próxima semana o menú vai ser modificado. Os nenos e nenas poderán desfrutar do seguinte menú:
  • Martes 2 de Maio
    • 2ºPrato:  Substitúese "Escalopes de porco con ensalada (leituga e tomate)" por "Escalopes de porco con arroz ao forno".
  • Mércores 3 de Maio
    • 2ºPrato:  Substitúese "Polo guisado con vexetais e arroz ao forno" por "Polo guisado con ensalada (leituga e tomate)".

Desculpen as molestias

Atentamente 

Servicio de comedor
Jardanay S.L


Día da ciencia na rúa


O próximo sábado 6 de Maio celebrase na cidade o DIA da CIENCIA na RÚA, tendes máis información disponible aquí

26 de abr. de 2017

FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA




Ese ano a nosa ANPA Xanela vai participar unha festa/encontro das ANPAS da Escola Pública na que nos reunamos as familias das ANPAS, para coñecernos e divertirnos todos xuntos. A festa será nas instalacións do Albergue de Gandarío que cede o Concello de Bergondo para acoller a tod@s o día 27 de maio (sábado).


Horario: de 10:30 da mañá a 18 horas

Inscrición: Totalmente gratuita e desde XA no local da ANPA, no noso horario habitual (16:15 a 18 horas de luns a xoves)



En que consiste?
En pasar un día xuntas as ANPAS e participar cos nosos fill@s en xogos, deportes, cancións, actividades, e un final moi divertido coa festa da espuma.

Quen a organíza?
 A Federación e as ANPAS
            - A Federación: Encárgase de toda a organización xeral: aparcadoiro, identificación, zona de almacenaxe de mochilas e bolsas, organización dasactividades,  monitores…
            As ANPAS: Informar e facer a inscrición das persoas que vaian vir do voso cole 
            As familias: Cada asistente debe vir con roupa cómoda e adaptada para as actividades e festa da espuma; traer cada un a súa propia comida e gañas de pasalo ben.

Como chegamos?
Pódese chegar en coches particulares ou se preferides en autobús, queda á organización e parecer de cada ANPA. Enviarémosvos plano.

Animarvos e fagamos todos xuntos a festa de fin de curso!!.

Mais informacion




Festa da familia

Dende o martes 2 de maio estarán á venda as entradas no local da ANPA ata o luns 15 de maio.

Prazas limitadas!



25 de abr. de 2017

Publicación das listas provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2017-18




Xa estan disponibles as lista provisionais de admitidos na paxina do Colexio 

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2017-18


PRAZO DE RECLAMACIÓNS ÁS LISTAS PROVISIONAIS: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (ata o 2 de maio inclusive) ante o Consello Escolar do Centro (artigo 30.3 da orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15 de marzo)

20 de abr. de 2017

Asemblea Extaordinaria de socios



Convócase aos socios da ANPA Xanela á Asemblea Extaordinaria de socios, que terá lugar o mércores 3 de maio de 2017 no salón de actos do CEIP María Pita ás 17:45 horas en primeira convocatoria e 18:15 horas en segunda, ca seguinte orde do día:
- Subvención comedor curso 2015-16

Se non podedes asistir, pero queredes votar, podedes delegar o voto noutro socio que si asista. Para iso, o socio que vai votar terá que traer unha autorización vosa na que se indique o feito. No local da ANPA temos un modelo de autorización, por se o necesitades. 

Só poderán votar aqueles socios que se atopen ao día nos pagos.

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2017/2018


IMPORTANTE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2017/2018


Recordade que o prazo de solicitude para que o alumnado do Centro poda facer uso do transporte durante o curso 2017-18 estará aberto entre o 18 e o 28 de abril, ambos inclusive. Non poderán admitirse novas solicitudes fóra deste prazo.

A non solicitude en tempo e forma implicará que o alumno/a non poderá utilizar o servizo no curso seguinte, aínda que se trate dun usuario lexítimo. As autorizacións excepcionais só teñen validez durante un curso.

Os impresos de solicitude poderán recollerse na conserxería, na secretaría do Centro e na páxina web do Centro (Impreso Solicitude)

As listaxes de alumnado admitido no servizo de transporte publicaranse antes do comezo das clases en setembro.



18 de abr. de 2017

Estamos de volta!!!


Estamos de volta!!!


Hoxe voltamos á rutina en todos os servizos e actividades.

Xa tedes o menú de comedor para este trimestre no apartado de Menú Comedor. Ver

O proximo mes de Maio teremos a Mostra de Actividades dos nosos nenos no Forum Metropolitano e algunhas cousas mais que vos iremos contando.

Lembrade que o noso horario de apertura do local é de 16:15 a 18 horas de luns a xoves.

4 de abr. de 2017

Últimas prazas Campacole Semana Santa 2017

Bo día:

Informámosvos que xa rematado o prazo para as inscrición no Campacole de Semana Santa, os centros onde finalmente se levará a cabo son os seguintes:

  • CEIP Anxo da Garda
  • CEIP Manuel Murguía
  • CEIP San Pedro de Visma
  • CEIP Zalaeta

Aínda quedan prazas en calquera destes colexios, polo que en caso de que algunha familia o precise, deberase achegar o antes posible a facer a inscrición na oficina da Federación Provincial APAs, na Rúa Orzán, 21.


Tendes mais información sobre este campamento na paxina: Campacole Semana Santa 2017: 'A volta ao mundo en catro días'