29 maio, 2016

Reunión Campamento Verán 2016


Lembrade que este martes 31 de maio ás 18:25 horas terá lugar a reunión do Campamento de Verán 2016. Será no Salón de Actos do colexio

Falarase de:
  • Cousas básicas para o campamento
  • Excursións que teremos cada semana
  • Excursións "Especiais"
  • Sistema de comunicación SerOcio - Pais/Nais 
  • Resolveremos todas as dúbidas 
  • E algunha cousiña máis!

Torneos Fútbol e Baloncesto ANPAs maio 2016

Esta fin de semana participamos nos torneos de Fútbol e Baloncesto ANPAs maio 2016

En breve colgaremos as fotos que nos vaian chegando

Sempre co deporte!!!

28 maio, 2016

XIV Torneo de Xadrez María Barbeito

O noso equipo foi o gañador do XIV Torneo de Xadrez María Barbeito celebrado o venres 27 de maio no CEIP do mesmo nome.

Noraboa aos gañadores!!!


25 maio, 2016

Solicitude transporte escolar para o curso 2016-17


O prazo de solicitude para que o alumnado do Centro poida facer uso do transporte durante o curso 2016-17 estará aberto entre o 23 e o 27 de maio, ambos inclusive. 
PRÓRROGA DO PRAZO ATA O MÉRCORES, 1 DE XUÑO

Non poderán admitirse novas solicitudes fóra deste prazo

A non solicitude en tempo e forma implicará que o alumno/a non poderá utilizar o servizo no curso seguinte, aínda que se trate dun usuario lexítimo. 

As autorizacións excepcionais só teñen validez durante un curso.

Ademáis do impreso que leva cada alumno que actualmente utiliza o transporte, os impresos de solicitude poderán recollerse na conserxería , na secretaría do Centro e na páxina web

As listaxes de alumnado admitido no servizo de transporte publicaranse antes do comezo das clases en setembro. 

 

09 maio, 2016

FESTA DA FAMILIA

Dende o martes 10 de maio estarán á venda as entradas no local da ANPA ata o xoves 19 de maio 
Prazas limitadas!

05 maio, 2016

XX Mostra de Actividades Culturais



Scratch Day

Para nenos e nenas de 10 a 14 anos.
 
O “Scratch Day”, que terá lugar na Facultade de Informática da Coruña. Campus Elviña, ten como obxectivos xerais:
  • Eliminar mitos en relación á programación informática.
  • Introducir aos asistentes de forma lúdica e divertida no mundo da programación.
  • Coñecer a contorna de programación Scratch.
  • Aprender a desenvolver videoxogos coa ferramenta Scratch.
  • Concienciar da potencia da programación como medio de expresión das ideas propias e como medio de emprendemiento.
  • Descubrir as posibilidades que poden ofrecer as TIC, especialmente en idades temperás e contribuír, así, a reducir a fenda dixital.
Data: sábado, 7 de maio de 2016

Lugar: Facultade de Informática da Coruña. Campus Elviña

Axenda:
  • 9.30 a 10.00 - Benvida
  • 10.00 a 10.30 - Presentación e demostracións
  • 10.30 a 13.30 - Taller de programación con Scratch (2 talleres en paralelo.Nivel inic. e nivel avanz.)
  • 13.30 a 14.00 - Presentación de proxectos
  Información e inscrición
 
Hai algún requisito para asistir al evento?

Os rapaces deberán ter entre 10 e 14 anos e virán acompañados dun adulto. Durante o evento sacaranse fotos. Será imprescindible que cada rapaz acuda cunha autorización para o uso da imaxe de menores. A autorización pódese descargar dende o seguinte enlace
Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch?

Non. Haberá 2 tipos de talleres, de iniciación e para nivel avanzado en función da experiencia previa con Scratch

É preciso traer algo?

Sí, debes traer o teu portátil (non serven tablets ou smartphones).

Véñense de habilitar un cupo de inscricións para persoas que poidan acudir sen portátil, onde haberá ordenadores dispoñibles.

Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta?

Por correo (eventos@cpetig.org) ou no teléfono 630.778.003 

04 maio, 2016

XX Mostra de Actividades Culturais - FORUM

Hoxe enviamos a información, a través de Tokapp Shcool e email, sobre a XX Mostra de Actividades Culturais que se vai celebrar no FORUM os días 11, 12, 13 e 14 de maio

Tamén tedes esa información no noso menú na entrada sobre a Mostra Ver


Esos días o local da ANPA permanecerá pechado 

Información sobre as Probas de 3º e 6º de Primaria

Hoxe, habilitamos unha nova entrada no noso menú para dar cabida a información sobre as Avaliacións Individualizadas de 3º e 6º de Educación Primaria que se farán no colexio, este mes os días 11, 12 e 13 para o alumnado 6º, e o 24 e 25 para o alumnado de 3º.

Deixamos nela o enlace ao DOG, a circular dirixida ás familias, o comunicado da Plataforma en defensa do Ensino Público e tamén o impreso que temos pefectamente definido para xustificar a ausencia dos nosos fillos e fillas as chamadas probas de 3º e 6º de Educación Primaria

Tamén poñemos unha imaxe da distribución da Proba de 6º de Primaria.

Ver

03 maio, 2016

Subvención de comedor do curso 2014-15


Como se acordou na asemblea de socios, todo este mes, ata o martes 31 de maio, poderánse vir recoller os cheques da subvención de comedor correspondente ao curso 2014-15

Lembrade que o noso horario é de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas

Reunión cos monitores da viaxe de 6º Primaria


Este venres, 6 de maio, ás 16 horas, máis ou menos, haberá unha reunión informativa coa axencia de viaxes. Asistirán os monitores que irán cos nenos e nenas á excursión e tamén se concretarán todos os detalles da viaxe, polo que sería moi necesario que todos os pais/nais dos nenos e nenas que participan na mesma, acudan á reunión.

02 maio, 2016

XXI Día da Ciencia na Rúa


O sábado 7 de maio, de 11:00 a 19:00 no Parque de Santa Margarita, celebramos o XXI Día da Ciencia na Rúa. 

Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse ao Día da Ciencia na Rúa cunha xornada de ENTRADA GRATUÍTA desde as 11 da mañá.

  • A Casa das Ciencias proxectará un maratón de programas de Planetario, con pases ás 11, 12, 13, 16, 17 e 18 horas. 

  • Na Domus celebraranse talleres de disección no Laboratorio Aberto, e ademais proxectarase a película en 3D "Pequenos xigantes", ás 12, 13, 17 e 18 horas. 

  • E no Aquarium o público poderá participar, entre outras actividades, na alimentación das focas ás 12 e 17 horas. Tamén é unha boa ocasión para descubrir a exposición "Animais que parecen plantas", no tanque cilíndrico da sala Maremagnum.