25 de feb. de 2015

Anuncio das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión do alumnado para o curso 2015/2016

Orde do 12 de marzo de 2013 de desenvolvemento admision de alumnado

Artigo 29. Puntuación total e criterios de desempate

3. Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando
o resultado dun sorteo público, que realizará anualmente esta consellería a última semana
do mes de febreiro e, en todo caso, antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes.
4. No sorteo extraeranse catro letras do abecedario, que determinarán, correlativamente,
a primeira e segunda letra do primeiro apelido e a primeira e segunda letra do segundo
apelido. As catro extraccións levaranse a cabo con todas as letras.
5. A orde de prelación comezará pola/o solicitante cuxo primeiro apelido comece coas
dúas primeiras letras extraídas e, se non houber ningún, continuarase pola/o seguinte solicitante
por orde alfabética.
6. No caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias/os alumnas/os, comezarase
por aquela/aquel cuxo segundo apelido comece coa terceira e cuarta letras extraídas e, se
non houber ningún, pola/o seguinte solicitante por orde alfabética.
7. No caso de coincidencia do primeiro e segundo apelido entre varias/os solicitantes,
acudirase como criterio de desempate ao nome, por orde alfabética; en caso de persistir,
dirimirase por sorteo.
8. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes
non serán tidos en conta.

O sorteo celebrouse hoxe co seguinte resultado:



Máis información

19 de feb. de 2015

Campamento Semana Santa


Este ano tamén temos Campamento en Semana Santa os días 30, 31 de marzo e 1 e 6 de abril.

Os socios teñen un prazo especial ata o 6 de marzo.

Hai prazas limitadas e o prazo remata o 26 de marzo.

Tedes máis información no apartado adicado aos campamentos.

Máis información

18 de feb. de 2015

Novas de xadrez


Lembrade que este venres 20 de febreiro continuamos co torneo de pasapezas.

Deixámosvos o enlace ás clasificacións da primeira xornada deste torneo.

Clasificacións

16 de feb. de 2015

Novas excursión 6º Primaria. Curso 2014-15


Temos novas con respecto á excursión de 6º Primaria.

Xa se pode efectuar a transferencia para a reserva.

Ver mais

13 de feb. de 2015

Ed. Primaria e Ed. Infantil. Admisión de novos/as alumnos/as para o curso 2015-16

CALENDARIO (de acordo coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013).
  • Última semana de febreiro: sorteo público realizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para resolver en casos de empate na puntución final.
  • Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
  • Do 2 ao 23 de marzo, ambos inclusive: prazo de presentación das solicitudes de admisión
A solicitude debe realizarse no modelo oficial (Anexo II) que se facilitará en cada centro docente. Só pode
presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Nesa solicitude poderá conter unha relación de ata 6 centros, por orde de preferencia.


Día de portas abertas para o curso 2015/2016.

NOTA: Para os pais e as nais ou titores legais que estean interesadas en coñecer o centro, faremos dúas sesións de portas abertas:

  • LUNS DÍA 23 DE FEBREIRO ÁS 16:45 h.
  • LUNS DÍA 2 DE MARZO ÁS 16:45 h.
 Máis información

11 de feb. de 2015

Programación Entroido 2015. A Coruña

Programación Entroido 2015

(Fonte: web Concello da coruña) (Ver máis)
Sábado 14 de febreiro.
- 17.30 a 21.00 horas.
Desfile de Entroido. Concurso de carrozas e concurso de comparsas (modalidade de vestiario e coreografía).
Formación: Paseo dos Menhires.
Saída: altura entrada Campo de Fútbol da Torre.
Itinerario: avda. de Navarra, rúa da Torre, Baltasar Pardal Vidal, costa de San Agustín, praza Marqués de San Martín e praza de María Pita.
 - Verbena: Orquestra Ceniza.
- Sesión de fogos artificiais. - Praza de María Pita.

Domingo 15 de febreiro.
12.00 a 14.00 horas. Actividades infantís.
Colexio Grande Obra de Atocha (patio cuberto).
- Taller de chapeus, diademas e complementos de Entroido.
- Taller de percusión.
 - 17.30 a 19.00 horas. Actividades infantís.
Colexio Grande Obra de Atocha (patio cuberto).
- Taller de complementos de Entroido.
- Contacontos de Entroido.
 - 19.00 a 20.30 horas. Festa de disfraces.
Colexio Grande Obra de Atocha (patio cuberto).

Luns 16 de febreiro.
- 12.00 a 14.00 horas. Actividades infantís.
Colexio Grande Obra de Atocha (patio cuberto).
- Taller de chapeus, diademas e complementos de Entroido.
- Contacontos de Entroido.
 - 17.30 a 19.00 horas. Actividades infantís.
Colexio Grande Obra de Atocha (patio cuberto).
- Taller de chapeus e diademas.
- Taller de percusión.
 - 19.00 a 20.30 horas. Festa de disfraces.
Colexio Grande Obra de Atocha (patio cuberto).

Martes 17 de febreiro.
- 11.30 a 20.30 horas. Filloada popular.
Praza de Millán Astray (Campo da leña).
 - 12.00 a 14.00 horas / 17.00 a 20.30 horas. Taller de cociña infantil: elaboración de filloas doces.
Praza de Millán Astray (Campo da leña).
 - 12.20 a 14.00 horas. Neste momento Coruña (Radio Coruña, Cadena Ser). Especial Entroido.
Praza de España
*En caso de condicións meteorolóxicas adversas: Colexio Grande Obra de Atocha (patio cuberto).
 - 12.00 a 14.00 horas. Actividades infantís.
Praza de España
*En caso de condicións meteorolóxicas adversas: Colexio Grande Obra de Atocha (patio cuberto).
- Taller de chapas.
- Taller de globoflexia.
- Taller de maquillaxe.
 - 12.30 - 15.00 horas. Ofrendas florais:
- 12.30 horas: Nito.
- 13.15 horas: Canzobre.
- 14.00 horas: César Sanjosé.
- 14.30 horas: Palau.
 - 17.30 horas.
- Concurso infantil de disfraces.
- Concurso infantil de choqueiros.
Praza de España
*En caso de condicións meteorolóxicas adversas: Colexio Grande Obra de Atocha (patio cuberto).
INSCRICIÓNS DE 16.30 A 17.30 HORAS NA OFICINA INSTALADA DETRÁS DO ESCENARIO.
 - 19.00 horas. Concerto de Los Claretes.
Rúa da Torre.
 - 20.00 horas. Festa Choqueira / Concurso de choqueiros.
Rúa da Torre.
INSCRICIÓNS DE 19.00 A 20.00 HORAS NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA (R/ TORRE, 67).
- 21.00 horas. Concerto de Los Claretes.
Rúa da Torre.

Mércores 18 de febreiro.
- 20.30 horas. Saída da comitiva fúnebre.
Rúa Arenal.
- 21.00 horas. Desentronización do Deus Momo e desfile da comitiva fúnebre.
Praza de España.
- 21.30 horas. Enterro da sardiña e queima do Deus Momo.
Praia de San Amaro.

6 de feb. de 2015

IES. Admisión de novos/as alumnos/as para o curso 2015-16

INFORMACIÓN PARA ALUMNOS/AS QUE ESTEAN CURSANDO 6º ED. PRIMARIA NESTE CURSO
De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Ramón Otero Pedrayo

2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.

3. As familias que no vindeiro curso 2015/16 desexen que os seus fillos cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 02 e 19 de febreiro , o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). O alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, á súa titora ou na Secretaría do colexio.

4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

5. Se prefiren que os seus fillos/as continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (2 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (anexo II da Orde do 12 de marzo de 2013) no IES da súa preferencia.

6. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

3 de feb. de 2015

Xadrez. Torneo de xaneiro


Xa temos no noso blog de Xadrez, o acceso aos resultados do torneo de Xadrez do mes de xaneiro.

ANPA Xanela: Xadrez


IMPORTANTE: Este venres, 6 de febreiro, non haberá torneo.

Voltamos o venres 13 de febreiro co torneo de Pasapezas.