Hoxe, unha das nosas compañeiras, mamá que forma parte da xunta directiva da Anpa, despois dun proceso largo de enfermidade, finou.
É un día triste para nós... e para moitos de vós, que a coñecíades ....
Pero sabemos que ela querería que continuasemos coa festa prevista para hoxe e así o faremos... Na súa memoria!
A festa de hoxe vai adicada a ela. Non te esquezeremos, Natalia
28 de feb. de 2014
16 de feb. de 2014
13 de feb. de 2014
Suspensión das actividades no exterior, este venres 14 de febreiro
A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel
laranxa por fortes rachas de vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este venres 14 de febreiro, agás nos situados no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, onde o nivel de risco será amarelo.
Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado inicialmente e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.
As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web:
http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf
6 de feb. de 2014
Este venres a partir das 18:00 horas non haberá actividades no exterior
A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña e na Mariña lucense a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web
http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf
http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf
Entón, este venres, polo momento, desenvolveranse con normalidade todas as actividades, incluídas as de exterior, Baloncesto e Tenis, xa que se levan a cabo antes das 18:00 horas.
Pero estade atentos á web de Educación da Xunta por se emitisen outra alerta. Deixámosvos aquí o enlace: http://www.edu.xunta.es/web/
5 de feb. de 2014
Suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 pola alerta laranxa

Espérase un fenómeno meteorolóxico adverso por refachos de máis de 110 quilómetros por hora
A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por refachos de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.
Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas.
4 de feb. de 2014
O mércores 5 de febreiro os centros educativos da comunidade permaneceran abertos
Esta previsto un nivel de alerta amarelo que tamén permitirá a realización de actividades no exterior das instalacións dos centros educativos
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunica que este mércores 5 de febreiro os centros educativos en toda a comunidade autónoma permaneceran abertos.
Diante dunha previsión de nivel de alerta amarelo non se suspende ningún tipo de actividade educativa, xa que o adverso permitirá a apertura dos centros escolares coa conseguinte normalidade na realización da todo o traballo docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares.
A Consellería sinala que a decisión de manter os centros educativos abertos é debido a que as previsións meteorolóxicas garanten a seguridade para toda a comunidade educativa. Ademais cómpre recordar que a previsión de alerta vermella é relativa ao mar.
3 de feb. de 2014
Suspensión das actividades no exterior o martes 4 de febreiro
Dende a Consellería de Educación informan dun fenomeno adverso para o martes 4 de febreiro, con alerta laranxa. Acordáse o seguinte:

A suspensión das actividades no exterior dos centros educativos situados nos concellos das provincias da Coruña e Pontevedra, así como nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, por mor do nivel de alerta laranxa, advertindo do necesario seguimento ao longo do día das condicións climáticas por se nas localidades onde se sitúe cada centro cambiase o nivel de alerta cara a vermello, no caso do que se lles autorizaría a suspender a actividade docente.
Alerta laranxa
O que se traduce na suspensión das seguintes actividades para este martes:
- Prepatinaxe e Patinaxe
- Atletismo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)