Hoxe fichemos entrega dos premios e agasallos aos participantes no Concurso de debuxo 2015 na biblioteca do colexio. O gañador foi un neno de 4º E.P., e como a elección estivo complicada, o xurado tomou a decisión de conceder a outro debuxo un accésit, que foi para unha nena tamén de 4º E.P. Para agradecer dende a ANPA o traballo dos participantes, todos os nenos e nenas levaron un agasallo. Deixámosvos aquí o enlace ás fotos. Fotos entrega de premios Norabóa a tod@s!!!
Asociación de nais e pais do Colexio de Educación Infantil e Primaria María Pita (A Coruña)