27 de mar. de 2014

Asemblea de socios

Lembra que hoxe no Salón de actos do colexio, as 17:00 en primeira convocatoria e 17:15 en segunda, temos Asemblea de socios para á elección da empresa que prestará os seus servizos en Madrugadores e Comedor.


Ofertas para o servizo de comedor e madrugadores

21 de mar. de 2014

Becas comedor curso 2014-2015. Concello da Coruña

Hoxe sae publicadas no BOP da Coruña, as  Bases reguladoras para la concesión de becas comedor para o curso 2014-2015
 
  •  O prazo de presentación será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das bases. 

  • Os impresos serán facilitados nos Rexistros municipais sitos na Plaza de María Pita, 1, Fórum Metropolitano (C/ Río de Monelos s/n), Centro Ágora (C/ Ágora, s/n) y CCM Mesoiro (c/ Ancares s/n). 
  •  A información máis detallada sobre estas becas facilitarase nos Centros Cívicos Municipais e no teléfono 010 de información cidadán.
Enlace á publicación do BOP da Coruña

Enlace á web de Servizos Sociais do Concello

17 de mar. de 2014

Ofertas para o servizo de comedor e madrugadores para o curso 2014-15

Deixamos aquí, unha breve información das ofertas que nos pasaron as dúas empresas que se presentaron para o servizo de comedor e madrugadores para o curso que ven.

Lembrade que ambas ofertas están a vosa disposición no local da Anpa, e tamén tedes alí, as autorizacións para que outra persoa vos represente na asemblea do 27 de marzo ás 17:00, se non podedes asistir.


 

Atletismo. I Xornada Interzonal en pista deporte escolar

Este sábado tivo lugar a  I Xornada Intezonal en pista deporte Escolar, nas pistas de Atletismo do Campus de Elviña.

Toda unha experiencia para os participantes.Noraboa a tod@s!


Clasificacións

13 de mar. de 2014

II Xogos Escolares. Xadrez

Lembrade que hoxe da comezo a nosa participación nos II Xogos Escolares en Xadrez.

Os participantes sairan ás 17:30 horas en autobús dende o colexio e irán ata o lugar de celebración, o Palacio dos Deportes. Ao finalizar o encontro, sobre as 20:00 horas, voltaran ao colexio tamén en autobús.

Boa sorte aos participantes!
Desfrutade!

Máis información


4 de mar. de 2014

Fotos Festa Entroido 2014



Aquí vos deixamos o enlace ás fotos da festa de Entroido

Feliz Entroido!!!

Voltamos o xoves!

Fotos

2 de mar. de 2014

Festas Infantís de Entroido nos Centros Cívicos

Ola a tos@s!

Hoxe deixámosvos un resumo das festas infantís de Entroido que se van celebrar nos distintos Centros Cívicos da cidade a partir do luns 3 de marzo. Non incluímos as que xa cerraron a prescrición para recoller as invitacións. 

Entrade no enlace que vos poñemos, xa que algunhas teñen o prazo ata o día 2 de marzo, e así mirades tamén o horario para recoller as invitacións.  

                                        Luns, 3 de marzo:



Venres, 7 de marzo: