26 de xuño de 2014

Calendario Escolar 2014-15

 

Hoxe sae publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2014-15.

As clases comezan o mércores 10 de setembro.

Máis información




4º E.I. (3 anos)

  • Reunión Pais/Nais: 5 de setembro de 2014 ás 12:00h da mañá 
  • Período de adaptación do 10 ao 23 de setembro (Orde do 13/06/2014)

Máis información


20 de xuño de 2014

Comezan as vacacións!

Hoxe remata o cole!!!

Feliz comezo de verán!!! 


Felices vacacións!!!

Lembrade que a semana que ven, estamos todavía no local de 16:30 a 18:00 de luns a xoves.Pero non o martes que é festivo.


Feliz San Xoán!!!



 Eventos na Coruña polo San Xoán

18 de xuño de 2014

Libros para o vindeiro curso 2014-15


Onte moitos dos nosos nenos xa trouxeron a relación de libros para o curso que ven.

Aquí vos deixamos o enlace as listas de libros e material por curso, que tamén está na web do colexio: Libros de texto



Lembrade, que ao non haber cambios nos libros con respecto aos deste curso,é importante potenciar o BANCO DE LIBROS de cara ao vindeiro curso, non so polo aforro, senón tamén para fomentar valores como:
  • Colaboración entre pais e nenos. 
  • Solidariedade e responsabilidade de libros. 
  • Respecto polo medio ambiente. 



Podes deixar os teus libros de texto deste curso os días 20, 23, 25 e 26 de xuño no local da ANPA de 16:30 a 17:30 horas.

Eses días tamén serán nos que hai para facer solicitude de libros para o curso que ven.
Máis información sobre o Banco de libros

Animádevos e participade!!!


Gañamos tod@s!!!

16 de xuño de 2014

Programa Coruña Linguas para Primaria

 

Listen / Speak en Primaria


Descrición:
Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa.
Orientado á certificación internacional Trinity College
Persoas destinatarias:
Escolares dos centros educativos da cidade cursando 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Ratio mínima de 12 e máxima de 15 persoas.
Período de realización:
Do 6 de outubro de 2014 ao 29 de maio de 2015
Horario:
Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios:
3º e 4º de primaria das 16:00h ás 17:00h
5º e 6º de primaria das 17:00h ás 18:00h.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, o solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.
Criterios para a admisión:
Escolares do propio centro seleccionados por riguroso orde de inscrición.
Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor)
Criterios para a admisión:
15€ mensuais. O pago farase trimestralmente. O primeiro pago realizarase a inicios de outubro, unha vez que sexa admitido no curso.
Inscrición dos escolares:
Do 16 de xuño ao 19 de setembro
Ficha de solicitude específica “CORUÑA LINGUAS: LISTEN AND SPEAK”
As listaxes de admitidos publicaranse na nosa web educativa a finais de setembro.

12 de xuño de 2014

Última semana lectiva. Eventos previstos do 16 ao 20 de xuño


Xa falta moi pouco para rematar o periodo lectivo deste curso 2013-14. Lembrade que:
  • Non haberá actividades extraescolares nin servizo de biblioteca dende o luns 16 de xuño, incluído.
  • As clases e os servizos de madrugadores e comedor rematan o venres 20 de xuño.

Deixámosvos un apunte dos eventos previstos nesta última semana:

  • Luns, 16 de xuño, de 16:00 a 20:00 h. Festa de Fin de curso con inchables. Debedes acercarvos pola ANPA esa mesma tarde, co voso carné, para que vos poñan a pulseira identificativa para poder desfrutar da festa. Lembrade que para os socios é de balde.  Para os non socios ou aqueles que non estean ao día nos pagos coa ANPA deberán aboar 5€. Haberá moitas actividades, e sobre as 18:00, merenda. 

  • Mércores, 18 de xuño, haberá dúas reunións:


    • Comedor: Ás 17:00 horas no comedor. Virán os responsables da empresa de catering Jardanay para tratar temas da organización do comedor e a súa aplicación para o vindeiro curso escolar.

 
 


    • Campamento de verán: Ás 17:30 horas no Salón de actos. Reunión para os pais e nais dos nenos e nenas incritos no campamento de verán. Virá o coordinador do mesmo para dar información das actividades que se van realizar e para respostar ás inquedanzas que se teñan.




  •    Xoves, 19 de xuño:
    • Representación das obras da actividade de Teatro para os nenos e nenas do colexio: Durante a mañá, os nenos e nenas dos grupos de teatro do colexio representarán, para os seus compañeiros, as obras de teatro que fixeron este curso.


    • Olimpíadas: Durante toda a tarde, dende as 16:00 horas, desenvolveranse as distintas probas das derradeiras Olimpíadas do curso.

    • Acto de despedida dos alumnos e alumnas de 6º Primaria: Ás 16:30 horas no Salón de actos. Levaranse a cabo unha serie de actividades para agasallar aos nosos alumnos e alumnas de 6º Primaria que rematan a súa etapa no colexio.

  

11 de xuño de 2014

Novidades sobre o uniforme

Se conseguimos un mínimo de 50 pedidos a tenda Ralpy de c/Ramón y Cajal, 31 pode tamén encargarse do noso uniforme, chandal e mandilóns

Máis información

Renovación para o curso 2014-15



APERTURA PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2014/15:

  • RENOVACIÓN DA COTA DE SOCIOS
  • INSCRICIÓN NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES





É importante indicar que non se admitiran as inscricións para estes servizos de aqueles socios que non estean ao día no pago das actividades e servizos xestionados pola ANPA, polo que agradeceríamos a todas aquelas persoas que estean neste caso pasen coa maior brevidade posible polo local do ANPA para regularizar a súa situación.

Máis información

9 de xuño de 2014

Exhibicións e fin de actividades

Lembrade:
  • O venres 13 de xuño rematan as actividades correspondentes a este curso.
  • Dende o luns 16 de xuño non haberá servizo de biblioteca pola tarde.
Actuacións Fin de curso:

Xoves, 12 de xuño:

    • Baile moderno: Tense pensado facer fora, na pista de fútbol, pero se o tempo non o permite farase no Salón de Actos a partir das 16:00 horas, aproximadamente. 
    • Patinaxe: Farase fora ou ben na pista de fútbol ou ben na de tenis, se o tempo non permite a primeira opción. Dará comezo cando remate a exhibición de Baile.
 

Venres, 13 de xuño:

  • Torneos:
    • Torneo de futbito. “IV Torneo de la amistad”. Dará comezo sobre as 16:00 horas e rematará sobre as 20:00 horas. Farase nas pistas exteriores, coma sempre.
    • Torneo de Baloncesto: Comezará a partir das 17:00 horas. Inclúe un partido de pais/nais contra fill@s. Anotarse no local da ANPA. 
  • Exhibicións:

  • Ximnasia rítmica e Ritmo: Tense pensado facer fora, pero se tempo non o permite farase no Ximnasio. Empezará sobre as 16:00, aproximadamente. 
  • POE: No Salón de Actos a partir das 16:15 horas, aproximadamente. 
  • Música e movemento: No Salón de Actos a partir das 16:30 horas, aproximadamente. 
    •  Piano e Ballet: No Salón de Actos a partir das 16:45 horas, aproximadamente.


  • Xornada de portas abertas:  


    • Xadrez: que terá lugar na Aula de Usos Múltiples, coa posibilidade de xogar partidas cos nen@s de xadrez. Tamén poderán xogar os pais e as nais. 



PARTICIPADE!!!

3 de xuño de 2014

Atletismo



Xa temos o ranking galego escolar deste curso de Atletismo en pista.

Ranking galego escolar

Animádemos e participade nas Olimpiadas de Fin de curso o xoves 19 de xuño no colexio.

Participa!!!