22 de dec. de 2017

A nosa escola está de celebración!!!!





Empezamos as vacacions con unha moi boa nova, podedela ver aquí: A nosa escola está de celebración.

Volvemos o 8 de Xaneiro con forzas renovadas.

Bo Nada e Próspero 2018l!

Desde a ANPA Xanela desexámosvos...


Bo Nadal e Próspero Ano 2018 para toda a Comunidade Educativa e as súas familias!! 




O CEIP María Pita  tamen nos vos dexa un Feliz 2018, aquí podedes ver a felicitacion 

19 de dec. de 2017

Esta semana.....

Importante para esta semana...



  • Seguimos precisando "figurantes" para os Reis Magos, se hai papas voluntarios que se achegen polo local da ANPA.
  • O Mercores 20 de Decembro, será o ultimo dia de Actividades Extraescolares, volveran a inciar o 8 de xaneiro de 2018.
  • O Xoves 21 de Decembro, teremos a Festa de Nadal, haberá unha pequena mostra de actividades dos nenos de Teatro e Baile Moderno, será sobre as 16:30 pero o nenos que actuen teran que estar no centro as 16:00. 
  • O acceso a festa sera gratuito para todos os socios que esten o corrente de pagos tanto de cuotas como de actividades. Para os NON socios o custo será de 5 Euros e a entrada comprarase na entrada.

15 de dec. de 2017

12 de dec. de 2017

Precisanse "axudantes" para SSMM Reis Magos de Oriente


Como xa ven sendo habitual nos últimos anos o día da festa de NADAL, este ano será o 21 de Decembro, pasan polo cole as SSMM Reis Magos de Oriente, este ano pedironnos "axudantes" para soster o peso das coroas dos ancians viaxeiros. 

Todos os voluntarios que estén dispoñibles para "levar semellante peso nas suas cabezas" pasade polo local da ANPA en horario habitual (Luns a Xoves de 16:15 a 18:00) para que tomemos nota.


Moitas gracias por adiantado, as suas maxestades e os nosos  nenos agradecenvos a colaboración

CAMBIO MENU MERCORES 13/12/2017

Para el próximo mercores 13 el menú  viuse modificado afectando soamente ao primeiro prato. Os nenos e nenas para mañá poderán gozar do seguinte menú:

  • 1º Prato: Prato quente de espirais.
  • 2º Prato sen cambios (albóndegas da avoa en salsa con arroz).
  • Sobremesa sen cambios (froita).

Esperamos que sexa do agrado dos nenos e nenas.

Atentamente 

Servicio de comedor
Jardanay S.L

11 de dec. de 2017

A Hora do Código. Facultade de Informática. Sábado 16 de decembro


O vindeiro sábado 16 de Decembro ás 12:00, a Universidade da Coruña (UDC) organiza A Hora do Código UDC 2017, un evento destinado a nenas e nenos de 8 a 14 anos co obxectivo de que se inicien na programación de ordenadores dunha forma amena, divertida e directa. De feito, este evento denomínase A Hora do Código porque ten unha duración exacta dunha hora.

A Hora do Código (https://hourofcode.com/es) é unha iniciativa de code.org, unha organización pública sen ánimo de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar. 

A Hora do Código UDC 2017 ten o mesmo obxectivo didáctico que o evento global: ensinar aos nenos e nenas conceptos fundamentais de programación mediante ferramentas gráficas baseadas en bloques que poden realizar unha acción concreta como mover un personaxe nunha escena ou debuxar unha forma. Pero ademais, o noso evento ten un segundo obxectivo: pretende ser un punto de reunión para todos aqueles nenos e nenas da provincia da Coruña que estean interesados na programación ou simplemente queiran coñecer este mundo. Para logralo, A Hora do Código UDC 2017 celebrarase na Facultade de Informática, e ademais de pór a disposición dos participantes os nosos computadores e aulas, todos os que acudan en persoa ao evento recibirán un diploma personalizado.

Para participar na Hora do Código UDC 2017 só tedes que seguir 2 pasos moi simples:

1- Rexistrarse no evento, seguindo as instrucións da páxina web.
2- Vir o sábado, 16 de Decembro, ás 11:30 á Facultade de Informática da UDC.

Aquí tedes toda a información que podades necesitar: http://hourofcode.fic.udc.es/index-gal.html