30 de ago. de 2016

Voltamos!!!


O xoves día 1 de setembro, voltamos!!!

Este será o noso horario nos días previos ao comezo do curso:
- Xoves, 1 de setembro, de 10 a 12 horas
- Venres, 2 de setembro, de 10 a 12 horas
- Luns, 5 de setembro, de 10 a 12 horas
- Martes, 6 de setembro, de 10 a 12 horas e de 17 a 19 horas
- Mércores, 7 de setembro, de 10 a 12 hora e de 17 a 19 horas

BANCO DE LIBROS: Ainda temos libros de 3º e 5º de Primaria no Banco de Libros. Se alguén os necesita pode solicitalos nos horarios indicados.

BANCO DE UNIFORMES: O día 6 e 7 de setembro, en horario de tarde, teremos o banco de uniformes activo para que veñades ver se algo os pode servir. Temos mandilóns, zapatillas para música, saias, pantalóns, xerseis e polos. Tamén queda algún chandal.

COMEDOR: Se vos concederon a beca do concello para o servizo de comedor, debedes facer a solicitude de comedor e presentala no local, senón o fixéchedes antes.


último día para solicitar o servizo de comedor para o mes de setembro é o mércores 7 de setembro.

O local da ANPA permanecerá pechado o xoves 8 e venres 9 de setembro.

As clases comezan o luns día 12 de setembro e ese día tamén teremos servizo de madrugadores e de comedor. Nós tamén comezaremos co noso horario habitual, de 16:15 a 18:00 horas.

A reunión de actividades será o martes 13 de setembro, ás 17:00 horas no salón de actos do colexio.

2 de ago. de 2016

Reválidas na ESO e Bacharelato


Como sabedes, o pasado venres o goberno en funcións aprobou a implantación das reválidas na ESO e Bacharelato. Enviamos comunicado da Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público relacionado co tema, e decirvos que é o resultado das  entrevistas e conversas que mantivemos con todos os sectores da Comunidade Educativa.

Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial ANPAS

Ver comunicado