21 de dec. de 2016
20 de dec. de 2016
Hoxe martes...

Hoxe é o último día para recoller as invitacións para a Festa de Nadal de mañá.
Lembrade que non se darán invitacións nin se venderán entradas o día da festa.
Animádevos a participar!!!
19 de dec. de 2016
Proxecto de voluntariado
Título do proxecto: Muxelka Volunteers Theory, coordinador Asociación
Cultural Muxelka, proyecto de Servicio Voluntario Europeo financiado por
el programa Erasmus+
Este curso temos con nós a unha persoa que fai que os nosos nenos e nenas practiquen o inglés e ademais de ver outras culturas e tradicións.
Tamén os nenos e nenas lle ensinan as nosas tradicións, como a do Magosto
Proxecto enriquecedor para tod@s!
Benvida Iiulia!
16 de dec. de 2016
Cambio menú última semana
Para a próxima semana o menú vai ser modificado. Os nenos e nenas poderán desfrutar para a última semana de colexio do seguinte menú:
- Luns 19 Decembro
- 1ºPrato: Arroz con verduriñas en lugar de Lentellas con chourizo
- 2ºPrato: Pescada en salsa con patacas en lugar de Pizza de xamón e queixo
- Sobremesa: Froita (sen cambios)
- Martes 20 Decembro (sin cambios)
- Mércores 21 Decembro
- 1ºPrato: Ensalada completa en lugar de Arroz con verduriñas
- 2ºPrato: Pizza de xamón e queixo en lugar de Pescada en salsa verde con patacas
- Sobremesa: Postre navideño en lugar de Froita

Dende Jardanay deséxannos Felices Festas!!
13 de dec. de 2016
A Hora do Código UDC 2016

A Hora do Código (https://hourofcode.com/es) é unha iniciativa de code.org, unha organización pública sen ánimo de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar.
A Hora do Código UDC 2016 ten o mesmo obxectivo didáctico que o evento global: ensinar aos nenos e nenas conceptos fundamentais de programación mediante ferramentas gráficas baseadas en bloques que poden realizar unha acción concreta como mover un personaxe nunha escena ou debuxar unha forma. Pero ademais, o noso evento ten un segundo obxectivo: pretende ser un punto de reunión para todos aqueles nenos e nenas da provincia da Coruña que estean interesados na programación ou simplemente queiran coñecer este mundo. Para logralo, A Hora do Código UDC 2016 celebrarase na Facultade de Informática, e ademais de pór a disposición dos participantes os nosos computadores e aulas, todos os que acudan en persoa ao evento recibirán un diploma personalizado.
Para participar na Hora do Código UDC 2016 só tedes que seguir 2 pasos moi simples:
1- Rexistrarse no evento, seguindo as instrucións da páxina web.
2- Vir o sábado, 17 de Decembro, ás 11:30 á Facultade de Informática da UDC.
Aquí tedes toda a información que podades necesitar: http://hourofcode.fic.udc.es/#site-header
12 de dec. de 2016
Deporte no centro.
Se queredes darvos de baixa nalgunha actividade do programa de Deporte no Centro (Ximnasia rítmica, Prepatinaxe, Patinaxe e Xadrez) tedes que facelo antes do 16 de decembro
POE. 2º trimestre
Ata o 16 de decembro podedes anotarvos na actividade de POE e os que xa estades inscritos renovar para o 2º trimestre
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)