26 de out. de 2015
Novas sobre o comezo do Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en Galego
O Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en Galego non comezará hoxe, segundo nos informan dende o concello.
A previsión é que empece o xoves 29 de outubro ás 17:10 horas.
Esta semana...
Lembra que esta semana é máis curta...
- Non haberá clase nin o venres 30 de outubro, Día do Ensino en Galicia
- Nin tampouco o luns seguinte, 2 de novembro, por ser festivo na Comunidade Galega.
22 de out. de 2015
Participación on line no proceso participativo "A Porta Aberta"
Achegamos información sobre o proceso participativo "A Porta Aberta", por se é do voso interese
Moitas veciñas e vecinos coruñeses participaron nos 22 encontros presenciais que xa se celebraron nos barrios, e que aínda non remataron. Os encontros veciñais que quedan pendentes son os seguintes:
- Venres 23 de outubro, no Centro Cívico de Elviña, ás 18:00 h
- Martes 27 de outubro, no Ágora, ás 18:00 h
- Mércores 28 de outubro, no Centro Cívico de Rosales, ás 18:00 h
- Xoves 29 de outubro, na Asociación Tempo Novo, no Lugar de Elviña, ás 19:30 h
- Venres 30 de outubro, no Centro Cívico de San Pedro de Visma, ás 19:00 h
Está programado un encontro específico para recoller a participación das entidades veciñais da cidade e, ademáis, estanse levando a cabo outras xuntanzas de carácter sectorial, nas que participan entidades empresariais dos polígonos comerciais de Agrela e Pocomaco, empresas de limpeza, asociacións de taxistas e correos, Colexio de Arquitectos e a Universidade.Ata o de agora tivemos unha alta participación e recollimos moita información para volcar no traballo de definición dos futuros distritos en que se organizará a cidade, e que suporá un importante acercamento do Concello á veciñanza, e a posibilidade de implantar procesos de participación tan relevantes como os orzamentos participativos.Aínda así, pretendemos que "a porta esté aberta" ata o final do proceso. Aberta á participación de todas as persoas que non puideron estar presentes nos encontros presenciais dos seus barrios, ou que non tiveron coñecemento deste proceso participativo.Polo tanto, animámosvos a que participedes a través da páxina web do proxecto, e pedímosvos que fagades difusión entre todas as persoas do voso contorno para que participen e acheguen a súa opinión sobre o seu barrio e o seu distrito, a través da aplicación dispoñible neste enlace, que estará operativo ata o día 1 de novembro:Coma sempre, agradecémosvos a vosa colaboración e o voso interese neste proceso participativo, que é só o primeiro de moitos, e nos que o Concello contará sempre, de xeito especial, co tecido asociativo desta cidade.
15 de out. de 2015
Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en galego
Fagamos cine!
Taller Práctico de Iniciación Á Curtametraxe, onde descubriremos o cine dende dentro.
Dirixido a: 5º e 6º de Primaria
Periodo de realización: Trimestral
Prazo de incrición: ata o 23 de outubro
Horario: martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas
Custo: Gratuito
Inicio actividade: 27 de outubro de 2015
Inscricións a través de educacion@coruna.es ou solicitando o papel de inscrición no centro ou na ANPA
13 de out. de 2015
Cambio no menú do comedor
Lembrade que o menú de hoxe 13 de outubro será o seguinte:
- 1º Prato: Lentellas Caseiras
- 2º Prato: Pizza xamón e queixo
- Sobremesa: Iogur
5 de out. de 2015
Noite no colexio. Outubro 2015
O martes día 6 de outubro comeza o prazo para facer a inscrición para a Noite no colexio que terá lugar a noite do 29 de outubro. Este día será unicamente para os socios do ANPA Xanela.
Hai un número limitado de prazas e a inscrición será por orden de chegada, non podendo inscribir a máis de tres nenos/as por adulto que veña a facela.
Deixámosvos o formulario para a inscrición aquí. Podedes imprimilo e traelo cuberto.
Formulario
Hai un número limitado de prazas e a inscrición será por orden de chegada, non podendo inscribir a máis de tres nenos/as por adulto que veña a facela.
Deixámosvos o formulario para a inscrición aquí. Podedes imprimilo e traelo cuberto.
Formulario
Lembra que hoxe, xoves 8 de outubro, estamos de 16:15 a 18 horas.
Anímate!!!
Esta semana...
Xa tedes na axenda semanal o planning para esta semana.
A destacar:
- Hoxe, o local da ANPA estará pechado a partir das 17:00 horas por mor das reunións que temos cos profesores dos nosos fillos
- Mañá, martes 6 de outubro, comeza o prazo para a inscrición na Noite no Colexio. Só para socios
- Comezo esta semana do resto de actividades que faltan por comezar
2 de out. de 2015
Listaxes de Listen and Speak

- Formouse un grupo de 16 a 17 horas (3º e 4º Primaria) e quedaron en lista de agarda varios nenos e nenas.
- No horario de 17 a 18 horas (5º e 6º Primaria) formáronse dous grupos e tamén hai lista de agarda.
Lembrade que as clases comezan o martes 6 de outubro.
Deixamos aquí o enlace ás listaxes do noso centro. (Ver listaxe)
1 de out. de 2015
Venres. Comezan novas actividades
Mañá comezan as seguintes actividades:
- Ballet (17-18h)
- Baloncesto (16-18h)
- Música e movemento (16-17h)
- POE (16-18h)
- Yoga (16-17h)
- Xadrez (16-18h)

Boa fin de semana!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)