30 de mar. de 2013

Ayuda a Jorge a caminar



Jorge é un neno do Ceip.Valle Inclán de Oleiros (A Coruña). Por iniciativa de xente da Anpa dese centro, imos entre todos a conseguir os 7.000 euros que custa un andador que lle fará a vida máis sinxela.

Moitas grazas!!

23 de mar. de 2013

Campamento Semana Santa


Información de interese para o mellor desenvolvemento do campamento:

1. A porta de entrada e saída será a que se atopa ao carón da pista "cuberta" de tenis, xa que é a máis idónea pois a previsión do tiempo é de chuvia (recomendamos traer chuvasqueiro ou abrigo con capucha). Alí estarán os monitores que recollerán e entregarán aos nenos. Pedimos puntualidade e os autorizados deberán traer o seu DNI.

2. Se queredes non lles traigades merenda para media mañá, xa que lles daremos botellín de auga, barritas de chocolate (tipo "huesitos") e un refresco de mazá (todo doado por Gadis)

3. Previsiblemente e debido ao tempo, o campamento desenvolverase en instalacións interiores, concretamente no ximnasio do colexio de Xordos. Se o tiempo o permite, si farase algunha actividade nas instalacións exteriores do colexio.

21 de mar. de 2013

Vacacións Semana Santa 2013

Lembrámosvos, que as vacacións de Semana Santa de este ano, van dende o luns 25 de marzo ata o luns 1 de abril, é dicir, voltamos ás clases o martes 2 de abril co horario e actividades habituáis



Estes días de lecer, se vos apetece podedes deixar voar a vosa imaxinación e axudarnos no Concurso de debuxo para a XVII Mostra de actividades culturáis, que se vai celebrar en maio no Forum Metropolitano. 




As normas para facer e entregar os debuxos son:
  • Os debuxos realizaranse nun folio (DIN-A4) e, preferentemente, alusivo ás actividades culturais. 
  • O debuxo será anónimo. 
  • Entregarase no local da ANPA, e se pode ser, o martes 2 de abril de 2013
Dos traballos presentados elixirase un gañador, do que se realizará o cartel anunciador da presente Mostra. Este gañador recibirá un agasallo e diploma.

Veña, animádevos e participade!

Clasificación final Xadrez Coruña-Cidade‏

Achegamos a clasificación final das 3 xornadas de xadrez celebradas os días 22 febreiro, 1 e 8 de marzo/2013, no Salón de Actos do Camplexo Deportivo de Elviña.

Para a Fase Intercomarcal están xa clasificados os primeiros equipos de cada categoría, e unha vez que teñamos os resultados das otras dúas comarcas, comunicaremos si tamén se clasifica algún dos segundos clasificados da comarca Coruña-cidade.
A fase Intercomarcal terá lugas o próximo 20 de Abril/2013 na Coruña.

Achegamos tamén o enlace do programa da TVG2 "CANCHA JUNIOR", emitido o sábado día 16 de marzo, no que podedes ver a reportaxe da 3ª Xornada de Xadrez, que tivo lugar o venres 8/3/2013, no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña.
Debedes picar no Programa 20, no enlace http://www.canchajunior.com/programa-20.html, e no minuto 14:48 empeza a reportaxe de Xadrez, no caso de que non queredes ver os reportaxes anteriores.

CLASIFICACIÓN FINAL DE XADREZ  "CORUÑA-CIDADE"

CLASIFICACIÓN BENJAMÍN POR EQUIPOS
PUESTO ENTIDAD PUNTOS
1 Alexandre Bóveda 17
2 Compañía de María 15,5
3 Franciscanos 13
4 Santa María del Mar 12,5
5 María Pita 12

6 Escola Técnica 11
7 Wenceslao 8,5
8 María Barbeito 7,5

CLASIFICACIÓN ALEVÍN POR EQUIPOS
PUESTO ENTIDAD PUNTOS
1 Alexandre Bóveda 18,5
2 Franciscanos 17
3 María Barbeito 16,5
4 Wenceslao 12,5
5 Santa María del Mar 12
6 Compañía de María 11,5
7 Escola Técnica 8,5
8 María Pita 7,5

Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso

A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de marzo de 2013, por fortes rachas de VENTO que afectarán a toda a provincia da Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:

A SUSPENSIÓN das actividades no exterior das instalacións do centro escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Noroeste, Oeste e Suroeste e interior da provincia da Coruña, que abrangue a totalidade dos concellos da Coruña, con seguimento das condicións climáticas.

Diante da eventual extensión do adverso, prégase que os centros situados na proximidade da costa da provincia de Pontevedra, realicen un seguimento das condicións climáticas.

Solicítase que permanezan atentos á información subministrada a través da páxina web do CAE112 (www.axega112.org) e se extreme a vixilancia por se as condicións meteorolóxicas da localidade de onde se sitúe o centro puideran supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.

Alertas e avisos

16 de mar. de 2013

Admisión do alumnado para o curso 2013-2014

O venres publicouse no DOG a orde pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Admisión do alumnado curso 2013-2014

Páxina web do CEIP María Pita

14 de mar. de 2013

Campamento Semana Santa - ANPA Xanela

Non vos esquezades!

O xoves 21 de marzo remata o prazo para apuntarse no Campamento de semana santa que se celebrará no colexio os días 25, 26 e 27 de marzo de 10 a 14 horas e tendo a posibilidade tamén de entrar as 9.
Haberá xogos, talleres, carreiras, xogos tradicionais, carreiras de orientación...
Para os nen@s de 4º E.I. pódese chegar a formar grupo sempre e cando o número de nen@s sexa de 8 ou superior.

Para anotarse ou buscar máis información dirixídevos ao local da ANPA de luns a xoves de 16 a 18 horas.

Anímate e participa!

Xadrez Escolar - 3ª xornada


Comunicámosvos que están publicadas as fotos do venres 8 de marzo de 2013, terceira xornada de Xadrez Escolar, que tivo lugar no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña.

Se pinchades no seguinte enlace veredes as fotos da xornada
3ª Xornada de Xadrez

4 de mar. de 2013

Xadrez Escolar

Comunicámosvos que están publicadas as fotos do venres 1 de marzo de 2013, segunda xornada de Xadrez Escolar, que tivo lugar no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña.

Se pinchades no seguinte enlace veredes as fotos da xornada
2ª Xornada de Xadrez

Reserva de praza no instituto para alumnado de 6º Primaria

  • O Ceip María Pita está adscrito ao IES Ramón Otero Pedraio, donde o alumnado poderá cursar Educación Secundaria se o desexa. O prazo de solicitude da reserva de praza será do 18 ao 22 de marzo (o impreso daráselles no colexio), e non poderá presentar a solicitude en ningún outro Centro ou perderá o dereito de prioridade.
  • No caso de querer cursar Educación Secundaria nun Centro distindo do IES Ramón Otero Pedraio, presentará a solicitude de admisión do 5 ao 17 de abril no instituto da súa elección.

  • Prazo de formalización de matricula en ESO: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2013-2014

Presentación de solicitudes: Do 5 ao 17 de abril de 2013

Día de portas abertas para o curso 2013/2014.

PENDENTE DA PUBLICACIÓN DA ORDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS NO D.O.G.  :  Proxecto da Orde
NOTA:

Para os pais e as nais que estean interesadas en coñecer o centro, faremos  dúas sesións de portas abertas:

-LUNS DÍA 4 DE MARZO ÁS 17:00 h.

-LUNS DÍA 8 DE ABRIL ÁS 17:00 h.


Páxina web do CEIP María Pita