29 de abr. de 2016

III Festival de Curtas Opera Prima 2016

O pasado martes, 12 de abril, celeboruse no Ágora o III Festival de Curtas Opera Prima 2016

O xurado outorgou os seguintes PREMIOS:
  • MELLOR SON: O Desexo. Atrévete a xogar do CEIP Manuel Murguía
  • MELLOR VESTIARIO: O Farsante do CEIP Wenceslao Fernández Flórez
  • MELLORES OPERADORES DE CÁMARA E EFECTOS ESPECIAIS: Baño Suicidio do CEIP Raquel Camacho
  • MELLOR REPARTO: Qué faría eu sen ti do CEIP José Cornide Saavedra
  • MELLOR MAQUILLAXE E MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO: Bullying Vinganza do CEIP Anxo da Garda
  • MELLOR GUIÓN: Rescate no tempo do CEIP María Pita

  • MELLOR DIRECCIÓN: Código secreto do CEIP Raquel Camacho
  • MELLOR CURTAMETRAXE: Como escapar do colexio do CEIP Emilia Pardo Bazán.
O alumnado participante (86) recibiu un diploma da realización do obradoiro e un trofeo da Torre de Hércules para cada equipo, elaborado polo taller de cerámica “Kerámicos” da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM).
Noraboa a tod@s!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario