Saltar ao contido principal

I Torneo de Basquet de colexios públicos da Coruña


Este sábado 9 de ABRIL, no pavillón de Ventorrillo, en xornada de tarde (dende ás 16 horas).

Consiste nun torneo organizado por diferentes Anpas de colexios públicos da cidade, e que busca que os nenos e nenas gocen dun día de Basquet con amigos.

Compítese por categorías, e necesitamos saber quen quere participar, polo que agradecemos que nolo comuniquedes antes do xoves 7 de Abril.
 


As categorías son as seguintes (necesítase un mínimo de 6 por categoría):

-    BENXAMÍN: nacidos nos anos 2006-2007 masculino e feminino.
-    ALEVÍN: nacidos nos anos 2004-2005 masculino e feminino.
-    PREBENXAMIN: nacidos nos anos 2008-2009-2010 masc. e fem.

A proba e a inscrición é totalmente gratuíta. Ademais haberá merenda para todos os participantes de maneira gratuíta.

Non esquezades confirmarnos se queredes que os vosos hij@s queiran ir a este torneo, non é obrigatorio que estean inscritos na actividade de Basquet, aínda que estes teñen preferencia.

As únicas condicións son que sexan nacidos nos anos que poñemos arriba, que queiran pasalo ben e que os podamos inscribir na proba

En caso de calquera dúbida ou suxestión estamos á vosa disposición en www.serocio.com, no correo serociotl@gmail.com ou whatsapp ao 698130079

Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€