III Festival de curtas Ópera Prima 2016

 
O Festival é unha mostra das curtametraxes gravadas polo alumnado de 5º e 6º de E. primaria dos sete centros educativos da cidade que participaron nos “Obradoiros de iniciación á curtametraxe en lingua galega”, coordinados e dirixidos por Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés.


No festival proxectaránse as oito curtas gravadas nos obradoiros. Será presentado por Ramiro Neira, actor e monologuista. E contarase coa actuación de gañadores e participantes do “VI Concurso de monólogos cómicos en lingua galega 2015”.
 
O alumnado participante (85) recibirá un diploma sobre a realización do obradoiro, expedido polo Concello da Coruña. 

O III Festival de Curtas Ópera Prima 2016 terá lugar o martes 12 de abril de 2016 ás 20.00 h, no Ágora

Centros participantes e curtametraxe:
  • CEIP Anxo da Garda: BULLYING VINGANZA
  • CEIP Emilia Pardo Bazán : CÓMO ESCAPAR DO COLEXIO
  • CEIP Manuel Murguía: O DESEXO. ATRÉVETE A XOGAR
  • CEIP Raquel Camacho (2): BAÑO SUICIDIO e CÓDIGO SECRETO
  • CEIP María Pita: RESCATE NO TEMPO
  • CEIP José Cornide Saavedra: QUE FARÍA EU SEN TI
  • CEIP Wenceslao Fernández Florez: O FARSANTE