Acordos tomados na asemblea de abril

ANPA Xanela infoma:

A Coruña, luns 27 de abril de 2015.

Na asemblea que tivo lugar o 16 de abril de 2015 no salón de actos do colexio, tomáronse as seguintes decisións en relación co servizo de Comedor e Madrugadores:
  • Elección empresa curso 2015-16. Decídese prorrogar un ano máis o contrato coa empresa Jardanay.
  • Subvención curso 2013-14. Decídese facer unha votación para decidir o destino da subvención de comedor. Por todo iso, dáse de prazo ata o vindeiro luns 11 de maio inclusive, para entregar no local da ANPA a decisión sobre o destino da parte da subvención correspondente aos socios con nenos que asistiron ao comedor e cumpran os requisitos para recibila. Haberá un único voto por nº de socio. Están excluídos os usuarios beneficiarios da beca de comedor do concello e os esporádicos. A lectura pública dos votos farase o 12 de maio de 2015 ás 17:15 horas no salón de actos do colexio.
  • Solicitude de praza para o curso 2015-16. Infórmase das normas para o acceso aos servizos de comedor e madrugadores para o curso 2015-16.
    • Presentar a solicitude no local da ANPA. Se é para o comezo do curso, haberá que presentala en xuño ou nos primeiros días de setembro, antes do comezo das clases. Se xa somos socios da ANPA no curso 2015-16, teremos a matrícula gratuíta, pero se non o somos temos dúas posibilidades: facernos socios ou pagar a matrícula no momento de presentar a solicitude (40€).
    • Non se aceptarán solicitudes para o curso 2015-16 de aqueles socios que non estean ao corrente nos pagos coa ANPA.
    • Estás normas son para todos os usuarios, independentemente de que solicitasen ou non a beca de comedor do concello.
Horario de apertura do local da ANPA: de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas.