I Mini Maratón Atlántica. Sábado 18 de abril

As probas realizaranse de 11.00 a 13.30 horas no novo Paseo do Parrote e o colexio que máis escolares inscriba recibirá 500 euros en material deportivo. Ademais, todas as persoas participantes obterán a súa medalla de finisher.
As carreiras, cuxa inscrición é gratuíta, forman parte da programación de actividades do Maratón Atlántica Coruña42.
As probas disputaranse na mañá do sábado 18, entre as 11.00 e as 13.30 horas aproximadamente, no novo Paseo do Parrote. Estarán divididas en nove categorías segundo as idades das persoas participantes.
  • Xuvenil: nadas/os no ano 1998/1999
  • Cadete: nadas/os no ano 2000/ 2001
  • Infantil: nadas/os no ano 2002/ 2003
  • Alevín: nadas/os no ano 2004/ 2005
  • Benxamín: nadas/os no ano 2006/ 2007
  • Pitufos: nadas/os no ano 2008 e posteriores

As inscricións do Mini Maratón Atlántica son gratuítas e efectuaranse, única e exclusivamente, a través da web www.championchipnorte.com

Horario de realización e recollida de dorsais:
  • 11:00 Xuvenil e Cadete Feminina / 2.400 m aprox.
  • 11:20 Xuvenil e Cadete Masculina / 2.400 m aprox.
  • 11:40 Infantil Feminina / 1.600 m aprox.
  • 11:55 Infantil Masculina / 1.600 m aprox.
  • 12:10 Alevín Feminina / 800 m aprox.
  • 12:20 Alevín Masculina / 800 m aprox.
  • 12:30 Benjamín Feminina / 800 m aprox.
  • 12:40 Benjamín Masculina / 800 m aprox.
  • 12:50 Pitufos (tantas quendas como sexa necesario) / 125 m aprox.
A recollida de dorsais será obrigatoria e realizarase o venres, de 17 a 22 horas en Exporunning, evento que estará situado no Palacio de Exposicións e Congresos Palexco (Peirao de Transatlánticos, s/n, 15003 – A Coruña), e o sábado 18 no Paseo do Parrote ata unha antes do inicio de cada carreira.

 Máis información