A fase zonal do XV Rebumbio Matemático terá lugar o venres 24 de abril no Fórum Metropolitano. Os 93 escolares estarán repartidos en 31 grupos de tres alumnos. Os centros participantes son o Andaina, a Grande Obra de Atocha, o colexio Montespiño, o colexio Internacional Eirís, Fillas de Xesús, Calasanz, Calasancias, Salesianos, CEIP Anxo da Garda, CEIP Montel Touzet, CEIP Rosalía de Castro, CEIP Víctor López Seoane, CEIP María Pita, CEIP Prácticas e Dominicos, ademáis do CPI San Marcos, de Abegondo, que participarán na eliminatoria da Coruña.
Os mellores grupos de cada zona (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) participarán na final galega, o 22 de maio no Fórum Metropolitano. Nesta final tomarán parte 45 alumnos de 6º de Primaria de toda Galicia. O Rebumbio Matemático ten como obxectivo a divulgación das ensinanzas matemáticas de forma creativa e divertida.